Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

Xuventude de CCOO advirte do empeoramento da precariedade e das condicións de traballo da mocidade

10.08.2018.

Co gallo do Día Internacional da Mocidade, que se celebra o 12 de agosto, XUVENTUDE CCOO denuncia o empeoramento das condicións laborais dos mozos e mozas e denuncia a proliferación de empregos lixo ligados a plataformas dixitais como Deliveroo, Globo... e outras empresas ancoradas en situacións de fraude, abusos e explotación, e tamén o papel que xogan as Empresas de Traballo Temporal (ETT) na precariedade —subministrando man de obra precaria para grandes empresas—. Todo isto impide aos mozos e mozas construír proxectos de vida a medio e longo prazo.

Nefastos datos da EPA para Galicia

O escenario que debuxa a EPA de Galicia é «nefasto»

  • O sindicato coida «pésimos» os datos da última enquisa de poboación activa e insiste en que non cambiará a situación mentres non muden as políticas
02.05.2016.

Comisións Obreiras (CCOO) considera negativos os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do primeiro trimestre de 2016. A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, sinala que as cifras coñecidas hoxe reflicten non só un «pésimo» dato para Galicia, senón tamén que o emprego «funciona peor que no resto do estado». No primeiro trimestre do ano perdéronse 11.400 postos de traballo e o desemprego aumentou en 5.100 persoas; dous datos «terribles» que implican un terceiro: máis de 6.000 galegos e galegas abandonan o mercado laboral por falta de expectativas.

Aumenta a exclusión social

As persoas con maior risco de exclusión social son as desempregadas

  • En Galicia, coma no resto de España, a taxa de cobertura ao desemprego baixou un 30 % dende 2010
01.06.2015.Manuel Lago Peñas, Economista de CCOO

Non é casualidade que un informe da OCDE e outro do Gabinete Confederal de CCOO coincidan, case no mesmo día, nun diagnóstico similar: o insoportable aumento da pobreza e a desigualdade en España. Un organismo conservador como é a OCDE non dubida en afirmar que a crecente desigualdade entre ricos e pobres supón, ademais dun maior sufrimento social, un freo á recuperación da economía.

Precariedade

No que vai de ano, "as ETTs protagonistas da precariedade laboral en Galicia"

  • Para CCOO resulta evidente o equivocado desta política laboral baseada na precarización
05.06.2014.

Os datos de contratación de empresas de traballo temporal de Galicia, co acumulado hasta abril de 2014, demostran ás claras que seguen a usarse as contratacións por ETT, como a máxima expresión da precariedade, onde a duración dos contratos nunha porcentaxe demasiado alta non chega nin sequera a unha semana.

CCOO e UGT chaman a unha mobilización masiva para o día 19

16.02.2012.

15-2-2012.- Os secretarios xerais do Sindicato Nacional de CCOO e de UGT-Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, respectivamente, chamaron a unha mobilización «masiva» contra a reforma laboral para o próximo domingo, día 19 de febreiro.

CCOO publica o Galicia Sindical especial contra a reforma laboral INXUSTA cos traballadores e traballadoras, INEFICAZ para a economía e INÚTIL para o emprego

15.02.2012.

15.02.2012.- Esta reforma laboral, aprobada unilateralmente polo Goberno é un ataque salvaxe e sin precedentes aos dereitos dos traballadores e traballadoras.

CCOO e UGT iniciarán unha mobilización crecente e sostida contra a reforma laboral

11.02.2012.

11.02.2012.- Os secretarios xerais de CCOO e UGT rexeitaron esta mañá, en rolda de prensa, a reforma laboral aprobada onte polo Goberno. Ambos aseguraron que é unha reforma que facilita e abarata de xeito xeralizado o custo do despido e elimina controis e tutelas, e que van ter como consecuencia acelerar a destrucción de emprego.

Sobre datos paro agosto

Os datos de paro do mes de agosto non só son pésimos, son peores para as mulleres

14.09.2016.Eva Antón, equipo Secretaría Confederal Mujer e Igualdad de CCOO

Evidéncianse as tendencias analizadas e denunciadas por CCOO mes a mes: a recuperación económica non chega ao emprego. Malia ás anunciadas boas temporadas turísticas e á temporalidade conseguinte, esténdese a precariedade laboral e empeora a protección social ás persoas desempregadas. Como puxo de relevo CCOO, os datos do paro do mes de agosto non son malos, son pésimos.

O paro golpea as mulleres

O incremento do paro no estado golpea especialmente as mulleres

02.05.2016.

O paro volveu a subir no primeiro trimestre de 2016: a xa insoportable lista do paro incrementouse en 11.900 persoas máis ata chegar ás 4.791.400, cunha taxa do 21 %.

Publicación

CCOO publica a guía "Aprendices, vicarios e traballo precario"

07.04.2015.

Estimadas compañeiras e compañeiros, as Secretarías Confederais de Acción Sindical, de Xuventude e de Formación elaboraron esta guía, para representantes sindicais, sobre prácticas na empresa: "Aprendices, vicarios e traballo precario".

Mobilizacións xovenes.

Xóvenes CCOO apoia a mobilización do 7 de abril para denunciar a emigración forzosa da xuventude.

04.04.2013.

Xóvenes españois emigrados manifestaranse este domingo en cidades de todo o mundo baixo o lema "Non nos imos, nos votan". O seu obxectivo é denunciar o exilio forzoso de miles de persoas e buscar a maneira de loitar conxuntamente por cambiar a súa situación e combater o paro e a precariedade.

CCOO presenta o seu posicionamento sobre o plan de axuste do Concello de Xinzo

25.04.2012.

CCOO opta pola negociación da reducción de custos e oponse frontalmente ao ERE de extinción

Miles de traballadores e traballadoras contra os recortes no sector público

Miles de traballadores e traballadoras manifestáronse contra as medidas impostas pola Xunta no sector público

16.02.2012.

16-2-2012.- Hoxe tiveron lugar en toda Galicia mobilizacións do persoal do sector público para protestar contra as medidas impostas pola Xunta no ámbito da administración autónómica. As convocatorias estaban impulsadas por CCOO, CIG, CSI-F e UGT.

CC OO denuncia que as axudas para os servizos sociais que prestan os concellos de Galicia minguaron un 37,9%

14.02.2012.

14-2-2012.-O plan máis prexudicado foi o de axuda no fogar, cuxo orzamento minguou, de media, un 80%

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS