Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
Loito en CCOO

CCOO amosa a súa repulsa polos últimos asasinatos machistas

17.09.2019.

Dende o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia condenamos os novos asasinatos machistas e transmitímoslles as nosas condolencias á familia das mulleres asasinadas onte.

Día da Visibilidade Lesbia

As lesbianas somos diversas, somos trans, cis, mozas, maiores, migrantes, con capacidades diferentes…

  • Este venres, 26 de abril, celebramos o Día da Visibilidade Lesbia, un día para facer visible a realidade lesbia e reivindicarmos o noso espazo, os nosos dereitos e as nosas vidas...
25.04.2019.

Mobilizacións no pasado 8M

CCOO chama a participar mañá nas concentracións feministas contra a ameaza da extrema dereita

  • Terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!»
14.01.2019.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a participar mañá martes, 15 de xaneiro, nas concentracións convocadas polo movemento feminista contra a ameaza da extrema dereita. As mobilizacións terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!».

A Sentenza é moi crítica co xeito de actuar «malicioso» da Xunta de Galicia

A Xustiza dálle a razón a CCOO e volve condenar a Xunta por vulnerar o dereito de folga do seu persoal

  • A Administración autonómica tivo que pagar milleiros de euros en custas xudiciais nos últimos anos por vulneración de dereitos fundamentais
  • O TSXG considera que os ditos servizos mínimos foron «desproporcionados» nalgún caso
25.09.2018.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) volve condenar a Xunta por vulneración de dereitos fundamentais. Neste caso, trátase do dereito á folga do pasado 8 de marzo. O Alto Tribunal galego acusa a Administración autonómica de comportamento «malicioso» en relación cos servizos mínimos e repróchalle que unha e outra vez teime en tomar decisións contrarias á lei. Como exemplo, a sentenza recolle outros nove casos dos últimos nove anos en que a Xustiza condenou a Xunta pola vulneración deste dereito fundamental. «Estas condenas custáronlle milleiros de euros ao tesouro público», lembra CCOO.

CCOO expresa o seu malestar ante as propostas sobre migración da Comisión Europea

CCOO expresa o seu malestar ante as propostas sobre migración da Comisión Europea

  • CCOO reclama a configuración dun Sistema Común Europeo de Asilo, obrigatorio e homoxéneo para toda a UE, así como o establecemento dun sistema xusto e equitativo de asunción da responsabilidade internacional entre todos os Estados membros.
12.09.2018.

Tras o discurso do presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, sobre o estado da Unión Europea, CCOO expresa o seu malestar e desengano ante as propostas que expuxo sobre migracións.

mesa redonda en Sarria

CCOO participou nunha mesa redonda en Sarria sobre diversidade sexual

03.07.2018.

No dia de onte celebrouse na Casa da Cultura de Sarria un debate, análise e reflexión sobre o papel dos medios de comunicación na visibilización e normalización da diversidade sexual. Alfonso Hermida, xornalista e presentador do Telexornal Serán da TVG, modera esta Mesa Redonda sobre o papel dos medios de comunicación arredor do colectivo LGTBI+. Xunto a el participaron a sexóloga e colaboradora da Radio Galega, Martina González Veiga, a Secretaria das Mulleres e Igualdade da Federacion de Servizos a Cidadanía de CCOO Galicia, Mary Rodríguez García e a xornalista e escritora Eva Mejuto.

#ÉOMomento de ser un sindicato orgulloso da súa diversidade

#ÉOMomento da igualdade de persoas trans no emprego

  • Nacín de cor negra e decidiron que tiña que ser escravo; nacín xudeu e decidiron que tiña que ser exterminado; nacín muller e decidiron que tiña que ser subordinada…
  • Nacín cun xénero e, en vez de ser eu, decidiron que outras persoas, á vista dos meus xenitais, me determinaran.
28.06.2018.

O día do Orgullo LGTBI, as cores do arco iris alumarán as rúas e as voces do colectivo inundarán todos os espazos; especialmente, as das persoas trans, cuxo valor e determinación atravesará portas e fiestras.

Plan Igualdad Iberia Terra

Asinado o Plan de Igualdade de Iberia Terra

05.04.2018.

O pasado martes, 26 de marzo, chegouse a un acordo para o asinamento do Plan de Igualdade no colectivo de terra, poñendo así punto e final a un longo proceso de elaboración

CCOO seguirá a traballar pola igualdade nos seus diferentes ámbitos de actuación

CCOO ante o Día do Orgullo de 2019

26.06.2019.

A Confederación Sindical de CCOO, activista histórica da loita polos dereitos das persoas LGTBI+, abrazará, coma sempre, as reivindicacións deste ano, estando presente nas diferentes manifestacións que percorrerán distintas cidades e vilas do noso país.

Cartel de CCOO para a folga do 8M

Folga de dúas horas por quenda o 8 de marzo

  • Información sobre os actos previos e as mobilizacións previstas para o día da folga
  • A folga terá vinte e catro horas de duración en sectores fortemente feminizados, como ensino, centros de chamadas, medios de comunicación ou instalacións deportivas, entre outros
02.03.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia convocou folga de dúas horas por quenda para o vindeiro 8 de marzo. Concretamente, de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas e para as xornadas continuadas en quenda de noite, a folga farase durante as dúas primeiras horas da quenda nocturna que comece na xornada do día 8. Con todo, no sector da restauración colectiva o horario será diferente, mentres que nos sectores do ensino, medios de comunicación e dos centros de chamadas, convócase folga de 24 horas.

No centro, Juan Zas e Ramón Sarmiento (CCOO), acompañados por delegadas de persoal na Fundación

CCOO denuncia a explotación laboral en Proxecto Home Galicia

  • O sindicato lamenta que a dirección da Fundación manteña as persoas usuarias como «reféns» da mala xestión
  • A Inspección de Traballo obriga a Fundación a pagalles aos traballadores e traballadoras uns 14.000 euros en concepto de salarios e cotizacións sociais non percibidos durante as baixas médicas
04.10.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia explotación laboral na Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) e reproba que a dirección utilice as persoas usuarias como «reféns» para presionar os seus propios traballadores e traballadoras. Segundo CCOO, ante a crecente mobilización interna en defensa dos dereitos laborais, a dirección da fundación reaccionou pechando dous centros de traballo, causando un grave prexuízo tanto ao seu persoal como ás persoas usuarias.

O 23 de setembro celébrase o Día Internacional da Bisexualidade

#ÉOMomento DA BISEXUALIDADE

  • O 23 de setembro celébrase o Día Internacional da Bisexualidade. Para FSC-CCOO é importante dar visibilidade a este colectivo, acabar cos estereotipos e evitar a discriminación social e laboral.
21.09.2018.

Ás persoas bisexuais discrimínasenos por sentirmos atracción sexual, emocional ou romántica por persoas do mesmo sexo ou do contrario. Para evitalo e promover a visibilidade do colectivo, celébrase esta semana o Día Internacional da Bisexualidade, unha efeméride que se conmemora desde 1999.

CCOO esíxelle ao Goberno que dignifique as condicións dos CETI

CCOO esíxelle ao Goberno que dignifique as condicións dos CETI

  • O informe do Consello de Europa sobre a situación dos Centros de Estancia Temporal de Inmigrantes (CETI) en Ceuta e Melilla, que coñece hoxe, constata as graves deficiencias que ten denunciado en múltiples ocasións CCOO
11.09.2018.

CCOO lembra que a situación dos Centro de Estancia Temporal de Inmigrantes en Ceuta e Melilla que critica a Comisión Europea non é nova. «Tras as sucesivas visitas aos CETI, sempre se lles esixiu aos respectivos Gobernos a adecuación, aprovisionamento e dignificación deses centros».

Orgullo 2018 en Vigo

CCOO participa nas manifestacións do Orgullo 2018 en Galicia

01.07.2018.

CCOO, como sindicato de clase e axente vertebrador de cohesión social, ten a responsabilidade de velar polos dereitos das persoas LGTBI, garantindo a igualdade de oportunidades real, especialmente no mundo do traballo. Por iso, este 28 de xuño renova o seu compromiso de traballar para erradicar as situacións de rexeitamento, discriminación e/ou acoso a persoas por motivo da súa orientación sexual, expresión e/ou identidade de xénero; así como velar pola igualdade de condicións laborais de todas as persoas no ámbito da empresa, en especial, das persoas trans.

Xornada Diversidade e Igualdade FSC Galicia

Xornada Diversidade "sensibilizar, visibilizar, normalizar"

  • A xornada se celebrará o día 7 de xuño en Santiago de Compostela, na que se fará un repaso aos conceptos, a lexislación galega, acción sindical, recursos sindicais, negociación colectiva e discriminación LGTBfobia.
  • Porque ser lesbiana, gai, transexual, bisexual ou intersexual non é ningún problema, O problema é ter e padecer de LGTBIfobia.
05.06.2018.

Dende CCOO loitamos porque a diversidade sexual e a identidade de xénero sexan un evento visible e respectado en todos os ámbitos, incluído no traballo, xa que a pesar dos esforzos realizados e dos avances logros, aínda queda un longo camiño para garantir a eliminación das desigualdades para persoas que non se identifican coas expectativas de xénero socialmente establecido, debido aos estereotipos e prexuízos sociais preestablecidos e que nos marcan culturalmente e na educación recibida dende idades pequenas.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS