Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
Violencia machista

Violencia machista, se as autoridades e a cidadanía non recoñecen o problema, nunca terá solución

  • As mulleres asasinadas merecen como mínimo un recoñecemento claro e unánime da súa causa
04.01.2017.Castor Fernández Soto, Secretaría de Comunicación FSC-G de CCOO

Esta maña ocorréuseme ler o artigo da Voz de Galicia onde o xuíz do Supremo Antonio Salas, vinculaba a violencia machista ó feito de que as mulleres teñen menos forza ca os homes, ó tempo que aseguraba que este maltrato é unha manifestación máis da maldade e que hai moita cifra negra de maltrato sobre os homes porque estes no denuncian, negando así toda existencia dun terrible problema cultural, educativo, e da propia existencia do machismo como nexo condutor destes asasinatos.

Bagoas de crocodilo de Feijóo

As bágoas de crocodilo do candidato do PP á Xunta de Galicia

14.04.2016.Emilio Do Forno Guzmán, coordinador do sector autonómico da FSC-Galicia de CCOO

Facendo honor ao carácter conservador do seu partido, Feijóo repite, e non só como candidato, senón como salvador da patria galega e presumindo da súa capacidade de xestión, disque choraba no momento de comunicar a boa nova. Tamén chorabamos nós, só de pensar noutros catro anos de inexistente xestión.

Comenencia nos medios

Titulares a comenencia nos medios de comunicación sobre as cifras do paro

07.01.2016.Secretaría de Comunicación da FSC-Galicia, Castor Fernández Soto.

A raíz da publicación dos datos oficiais de paro do mes de decembro, un importante xornal galego valoraba esta semana, con titular destacado en letra grosa e maiúscula, a situación do desemprego na comunidade. Dicía textualmente: «Galicia creou 53 empregos ao día no 2015, e rematou con 23.110 parados menos». A seguir, en letra pequena, recollía que decembro danaba este dato ao subir o paro en 3650 persoas.

Feijoo es os mortos

Coidadiño, non vaia ter razón o Sr. Feijóo, e os mortos sexan os culpables da súa perda de votos

30.05.2015.Castor Fernández Soto, responsable de Comunicación da FSC-Galicia

Afirmou Feijóo no Comité Federal do PP de Galicia que unha das razóns da perda de apoio electoral do seu partido na nosa comunidade, a máis importante cuantitativamente, foi a morte de cen mil galegos e galegas nos últimos catro anos. Acabaramos!

Jorge

Imbéciles e escuros

07.11.2014.Jorge Suárez Fernández, Coordinador do Sector de Xustiza de CCOO - Galicia.

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non. (do himno galego)

Que entre aire fresco

Non teño nada que perder

  • Que entre aire fresco
23.09.2014.Castor Fernández Soto, Responsable Comunicación na FSC-Galicia.

Cada día reafírmome máis na miña análise sobre o momento que nos tocou vivir, pero teño esperanza. Abonda ler ou escoitar acotío os medios de comunicación de calquera cor para comprobar que este país ten podres as entrañas. Quero pensar que hai unha saída, a esperanza dun futuro non moi afastado algo mellor, máis decente, máis sincero.

Mar Vicent.

Camiño do inferno, o camiño do inferno da democracia

05.08.2014.Mar Vicent García.-Secretaria de la Mujer FSC-CCOO País Valencià.

Meter á xente na cadea por facer folga é o primeiro paso dunha escaleira que nos leva ó inferno. Ó inferno da democracia, claro. Pero sen embargo, é unha realidade que a moita xente lle resulta indiferente. Que os encerren, din, medio divertidos e moi despreocupados. Tamén o din un pouco estrañados, é certo, porque resulta un pouco anacrónico que se condene a persoas por actos que, a estas alturas, non parecían ser delito, entre outras cousas porque no o son.

Feijoo e os funcionarios

Hai que tela cara moi dura

15.04.2014.Castor Fernández Soto, responsable Comunicación FSC-G.

Pregunta: Vailles repoñer no 2015 o salario aos funcionarios? Sempre lles agradecerei aos empregados públicos o que están facendo por Galicia. Pero non teño 150 millóns ao ano para facelo.

Xustiza para o funcionariado

Xustiza para o funcionariado

  • Os gobernos central e autonómico están a sacar peito a conta suba salarial do persoal funcionario para o 2017
27.12.2016.Castor Fernández Soto, responsable de Comunicación da FSC-G de CCOO.

Vinculan o dito incremento á aprobación dos orzamentos xerais, o que equivale a acusar os partidos da oposición —que se negan a deixalos gobernar como lles pete— de seren os responsables —chegado o caso— de impediren aplicar a suba salarial que merecen eses pailáns. Porque de pailáns nos están a tratar, confundindo con docilidade o que non foi senón responsabilidade e compromiso co noso deber público, sempre á custa do espolio realizado sobre os nosos dereitos e salarios estes últimos anos.

Ramiro Otero S.Xeral FSC-Galicia de CCOO

Galicia mobilízase en defensa do sector do mar

  • Froito da resposta da cidadanía e as xentes do Mar, a Xunta de Galicia empezou a mover ficha
30.03.2016.Ramiro Nicolás Otero Rodríguez, secretario xeral Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia

Reproducimos o artigo publicado polo secretario xeral da FSC-CCOO de Galicia no último número da Revista de Acción Sindical de CCOO. Ramiro Otero reflexiona sobre a loita das xentes do mar, a inoperancia institucional e a resposta unitaria do sector coa mobilización do pasado mes de febreiro.

O Señor Feijoo

Demasiados agravios para perdoar, señor Feijóo

21.09.2015.

Hai uns días, as organizacións sindicais fomos convocadas a dúas reunións con representantes do Goberno galego: o día 14, informalmente, polo conselleiro de Facenda e o 15, por Función Pública. A finalidade era informarnos das decisións que, en materia de retribucións e emprego das empregadas e empregados públicos, decidiu adoptar a Xunta para o que resta deste ano e mais no vindeiro.

Feijoo

Non se queixe tanto Sr Feijoo, porque lle chamen mentirán ou o acusen de aplicar medidas miserables

09.01.2015.Castor Fernández Soto, Secretaría de Comunicación FSC-Galicia

Si algo perdeu a clase política dominante neste pais é a dignidade e o sentido da ética, e como no caso de Feijoo ata a decencia, e non se trata de utilizar estas verbas como insultos, trátase de definilos e identificalos como o que son, en función de como define o dicionario da lingua o seu comportamento.

Emigrantes

Galiza-España, país de emigrantes

23.10.2014.Castor Fernández, responsable comunicación FSC-Galicia.

Esta semana, algúns medios de comunicación da nosa comunidade publicaban reportaxes sobre cidadás e cidadáns galegos que decidiron emigrar a remotos países na procura dun futuro e un trato mellor do que lles dispensa o seu. Á aventura, cunha man diante e outra detrás, sen máis bagaxe que a súa formación e gañas de traballar.

Empregados Públicos

Unha contestación necesaria

05.09.2014.Redacción web

En relación ó artigo publicado pola Voz de Galicia na súa edición de Coruña o pasado día 4, "Mari Puri" asinado por Manuel González.

Goberno de España

Non podo máis, que se vaian xa

26.06.2014.Castor Fernández Soto, Secretaría de Comunicación da FSC-Galicia.

Igual é que teño unha sensibilidade á flor da pel ou igual é que son un inadaptado, pero o caso é que me sinto superado, non podo máis, a realidade deste país supérame en todos os sentidos.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS