Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
Novo éxito do Gabinete Xurídico de CCOO de Ourense

O Tribunal Supremo estima recurso de casación interposto pola Asesoría Xurídica de CCOO de Ourense

  • Segundo informa CCOO, o Alto Tribunal declara accidente laboral o desprendemento de retina dunha funcionaria pública da Administración Xeral do Estado de Ourense
04.07.2018.

A Asesoría Xurídica de CCOO viu estimado o seu recurso de casación ante o Tribunal Supremo, polo que ven de declarar que o desprendemento de retina sufrido durante a súa xornada laboral por unha administrativa da Delegación Provincial de Ourense da Intervención General da Seguridade Social (Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social) debe ser considerado como accidente de traballo.

Sinistro de Fandicosta

Os equipamentos de comunicación TETRA, nos que a Xunta investiu cifras multimillonarias, non son axeitados para os bombeiros

26.05.2016.

Os equipos TETRA da Xunta non lles resultaron operativos aos corpos de bombeiros durante o incendio de Fandicosta, así o afirma a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia nesta nota informativa dirixida aos medios de comunicación e que publicamos no PDF adxunto

28 de abril

28 de Abril 2016, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

  • A saúde no traballo depende de leis firmes, controis rigorosos e sindicatos fortes
13.04.2016.

En 2016 celebramos o vixésimo aniversario da entrada en vigor da Lei de prevención de riscos laborais. Neste período asistimos ao tránsito desde a seguridade e hixiene franquista á prevención de riscos emanada da Directiva Marco europea.

Marcha europea en favor das persoas refuxiadas

O sábado 27, CCOO mobilizarase en solidariedade coas persoas refuxiadas

  • Reivindicarase unha pasaxe segura para que as súas vidas non corran perigo no mar
24.02.2016.

CCOO apoia as manifestacións que terán lugar na Coruña e Vigo o sábado, día 27, en solidariedade coas persoas refuxiadas. Esíxense medidas para que os seus dereitos sexan protexidos, así como unha pasaxe segura que lles evite arriscar a vida no mar.

CCOO contra o TTIP

FSC-CCOO rexeita a posición do Parlamento Europeo sobre o TTIP

01.06.2015.

Para CCOO, a aprobación deste acordo levaría á destrución de centos de milleiros de postos de traballo, á desregulación dos nosos estándares ambientais, laborais e sociais, e á entrada ao dúmping social e a ruptura do estado de benestar tal e como o coñecemos agora.

Sociedades da prevención

CCOO considera un "espolio" o proceso de venda das sociedades de prevención

15.04.2015.

O Goberno do PP xustifica a "obriga de venda" das sociedades de prevención co argumento dunha presunta débeda de 40 millóns de euros das mutuas coa Seguridade Social, que algunhas achegaron ás sociedades de prevención. Pero non se facilitan detalles da orixe desta débeda, das cantidades que debe cada mutua ou das accións emprendidas para depurar responsabilidades. Para CCOO, a decisión do Executivo abre a porta da sanidade privada á saúde laboral.

Guía práctica Incapacidade laboral e mutuas

A FSC-CCOO edita unha guía práctica sobre incapacidade temporal e mutuas

16.03.2015.

A Federación de Servizos á Cidadanía FSC-CCOO edita unha guía coa finalidade de aclarar as numerosas dúbidas que os traballadores e traballadoras teñen cando sofren un accidente de traballo ou á hora de recorreren a unha mutua. Os cambios legais fan máis necesario ca nunca abordar este tema cunha guía que, cunha linguaxe sinxela e clara, quere ser unha referencia útil para todos os traballadores e traballadoras.

28 de abril en Vigo

Asembleas e concentracións o 28 de abril

29.04.2014.

CCOO celebrou o 28 de abril Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo con actos públicos en todas as cidades galegas.

Xornada mundial polo traballo decente

Xornada mundial polo traballo decente, 7 de outubro

  • Alto á avaricia corporativa. Non aos contratos lixo, aos baixos salarios e á precariedade.
30.09.2016.

A Xornada Mundial polo Traballo Decente véna promovendo a CSI cada 7 de outubro desde o ano 2008, como día de mobilización mundial en que todos os sindicatos do mundo se manifestan esixindo o traballo decente. A demanda de traballo decente foi en aumento ano tras ano de resultas do declive que sufriu o mundo do traballo, no que a nova economía global, lonxe de xerar progreso e benestar para as persoas, incrementou a pobreza e a desigualdade a escala mundial.

Sinistro en FANDICOSTA

Xunta e deputacións, primeiras responsables da deficiente atención do sinistro en Fandicosta

  • CCOO ve nos problemas de atención no sinistro de Fandicosta un exemplo da «irresponsabilidade» en materia de emerxencias
11.05.2016.

Para a Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia (FSC-CCOO), os problemas de atención no sinistro de Fandicosta son un exemplo da «irresponsabilidade» das administracións públicas en materia de emerxencias. O sindicato acusa a Xunta e as deputacións de manteren un sistema «esencial» fraccionado entre diferentes empresas privadas, sen regulación homoxénea, sen un mando único nin coordinación entre dispositivos. A esta situación súmase a do 112, que está «privatizado e en precario».

Delegados e delegadas de prevención

Os delegados e delegadas de prevención teñen os mesmos dereitos que a autoridade laboral

  • Sentenza do Tribunal Supremo, Sala do Social, polo Recurso 79/2015, con Fernando Salinas como relator
22.03.2016.

O Tribunal Supremo Sentenza que os delegados e delegadas de prevención teñen dereito a accederen aos documentos de investigación dos accidentes de traballo que realice a empresa por si ou ao seu cargo, coma se da autoridade laboral se tratase.

Aumenta a exclusión social

As persoas con maior risco de exclusión social son as desempregadas

  • En Galicia, coma no resto de España, a taxa de cobertura ao desemprego baixou un 30 % dende 2010
01.06.2015.Manuel Lago Peñas, Economista de CCOO

Non é casualidade que un informe da OCDE e outro do Gabinete Confederal de CCOO coincidan, case no mesmo día, nun diagnóstico similar: o insoportable aumento da pobreza e a desigualdade en España. Un organismo conservador como é a OCDE non dubida en afirmar que a crecente desigualdade entre ricos e pobres supón, ademais dun maior sufrimento social, un freo á recuperación da economía.

28 de abril

28 de abril, Día internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

16.04.2015.

A conmemoración do 28 de abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo, permítenos aos sindicatos alzar a voz en lembranza e recoñecemento público de todos os traballadores e traballadoras que faleceron ou enfermaron por causas laborais, e tamén denunciar e poñer en evidencia que os danos derivados do traballo son evitables e que as empresas e os poderes públicos teñen grandes responsabilidades na súa prevención.

Concurso relatos

I Concurso de relatos curtos "A saúde no traballo"

26.03.2015.

A FSC estatal, a través da Secretaría de Saúde Laboral, Medio Ambiente e Área Pública, pon en marcha o I Concurso de relatos curtos de saúde laboral. Con este proxecto, que iniciamos con ilusión, pretendemos que, dun xeito diferente, a xente que acode ao seu traballo acotío nos narre a súa vivencia de saúde no traballo.

I.T.

CCOO informa sobre a nova regulación da IT

04.09.2014.

Presentamos un breve resumo das modificacións introducidas polo Decreto 625/2014, relativas aos procesos de IT nos primeiros 365 días de duración.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS