Comisiones Obreras - FSC Galicia

Manifesto 1ª de maio 2017

NON HAI ESCUSAS

26.04.2017.

Con motivo da celebración do 1º de Maio, CCOO e UGT elaboraron un manifesto conxunto no que, entre outras importantes reivindicacións, piden ao Goberno central, comunidades autónomas e ás formacións políticas con representación parlamentaria que apoien e impulsen as reformas e cambios necesarios para facer posible que o aumento da produción e da riqueza beneficie ao conxunto da sociedade, e entre ela á clase traballadora, que foi especialmente castigada na última década.

Medidas de flexibilización dos mecanismos de axuste temporal de actividade para evitar despedimentos

18.03.2020.

Medidas excepcionais en relación cos procedementos de suspensión de contratos e redución de xornada por causa de forza maior.

Pancarta de cabeceira da manifestación en Ferrol

10 de Marzo: «Hoxe está aquí o corazón da clase obreira galega»

11.03.2020.

O acto central do Día da Clase Obreira Galega foi a manifestación que tivo lugar o martes en Ferrol, na que CCOO fixo visibles os principais conflitos, especialmente os que atanguen os sectores industriais. «Hoxe está aquí o corazón da clase obreira galega», exclamou o secretario xeral do sindicato, Ramón Sarmiento, ante os centos de persoas congregadas no Cantón, lugar onde rematou a marcha.

Conselleria Medio Rural: Unha actuación ao máis vello estilo baltariano

CCOO denuncia a "contratación" dunha encomenda sen convocatoria pública no servizo de prevención de incendios de Ourense

  • A falta de transparencia e a discrecionalidade son as señas de identidade do Conselleiro de Medio Rural
09.03.2020.

Segundo información que poido recabar CCOO, a Consellería de Medio Rural fixo unha encomenda de servizos "INDETERMINADA", a 5 ou 6 traballadores/as, no Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF) na provincia de Ourense, aos cales apartou provisional e discrecionalmente dos seus postos de traballo, e lles reasignou outras tarefas sen que os órganos de representación dos traballadores/as teñan coñecemento oficial das mesmas. O que si se sabe é que lles montou unha "oficina-despacho", nas instalacións do concello de Toén ao cal acoden ocasionalmente.

Cartel de CCOO polo 8 de marzo

8 de marzo: construíndo e sumando pola igualdade real

26.02.2020.

As confederacións sindicais de Comisións Obreiras e a Unión Xeral de Traballadores, ante a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, MANIFESTAMOS o noso compromiso de seguir construíndo a igualdade real entre mulleres e homes, a nosa vontade de seguir sumando neste esforzo colectivo e de combater todas as formas de discriminación e violencia contra as mulleres, sendo o noso ámbito prioritario a loita contra todas as discriminacións relacionadas co emprego.

Peche dos delegados e delegadas da ONCE na Coruña

CCOO convoca o sábado unha manifestación en Lugo para denunciar as prácticas antisindicais da ONCE

  • A empresa castigou dous delegados sindicais por pertenceren a Comisións Obreiras
14.02.2020.

Comisións Obreiras (CCOO) anuncia que continúan as mobilizacións contra as prácticas antisindicais da ONCE. Tras non atender a empresa as reivindicacións dos traballadores e das traballadoras, convócase unha manifestación para o sábado, 15 de febreiro, ás 11:30 horas, desde a delegación da ONCE en Lugo (Xardín de San Roque) ata a o Concello, onde se lerá un comunicado.

CCOO denuncia a Conselleria de medio rural

CCOO denuncia o sectarismo sindical da Consellería de Medio Rural

  • A Conselleria do Medio Rural celebra xuntanzas ás agochadas ou convoca outras tipo feira, para desviar a atención da negociación dos temas importantes
10.02.2020.

CCOO lamenta a actitude da Consellería de Medio Rural, diante da falta de respecto a interlocución social que toda institución debe coidar. Resulta paradoxo que desde a Consellería de Medio Rural se convoquen xuntanzas, que son de negociación estritamente sindical, a colectivos que non ostentan dita condición, simplemente para perder o tempo, en vez de responder a petición de xuntanzas que si buscan resolver os moitos problemas que atinxen as condicións económico-laborais do persoal desta Consellería.

CCOO gaña as eleccións en Correos Coruña

CCOO ratifica a súa condición de primeiro sindicato en Correos tras vencer tamén na provincia da Coruña

  • O sindicato ten o 36,1 % dos delegados e delegadas da empresa na provincia e o 38,6 % en Galicia
24.01.2020.

Comisións Obreiras (CCOO) ratifica a súa condición de primeiro sindicato en Correos tras vencer tamén as eleccións sindicais na provincia da Coruña. As votacións tiveron lugar o xoves desta semana, mentres que nas restantes tres provincias xa foran a mediados do pasado mes de decembro.

Atención sindical durante o estado de alarma

ATENCIÓN SINDICAL DURANTE A VIXENCIA DO ESTADO DE ALARMA

26.03.2020.

Durante a vixencia do estado de alarma acordado polo Goberno de España para afrontar a alerta sanitaria provocada polo COVID-19 (coronavirus) NON HABERÁ ATENCIÓN PRESENCIAL NAS SEDES DO SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA (en cumprimento co determinado normativamente e para contribuír a frear a propagación da epidemia).

Protocolo de actuación sindical

Protocolo de actuación sindical en caso discrepancias en materia de seguridade e saúde nas empresas en relación co coronavirus

16.03.2020.

As empresas teñen o deber de garantir a seguridade e a saúde dos traballadores e traballadoras ao seu servizo en todos os aspectos relacionados co traballo.

Peche do museo das peregrinacións

O museo das peregrinacións permanecerá pechado ao público do 7 ao 13 de marzo por falta de persoal

  • CCOO reitera a denuncia do abandono e a falta de persoal dos centros que dependen da Consellería de Cultura e Turismo
09.03.2020.

CCOO denuncia o abandono ao que a Consellería de Cultura ten sometidos aos traballadores dos seus centros de traballo, e o pouco interese en solucionar os múltiples problemas que teñen as bibliotecas, museos e arquivos dende fai anos.

Tribunais

CCOO gaña a demanda sobre permisos parentais en Extel

13.02.2020.

A sentenza da Audiencia Nacional contra Extel, demandada por CCOO en solitario pola mingua económica que sufrían as persoas ao gozaren dos permisos parentais, declara que «o dereito das persoas traballadoras a que, no mes seguinte á súa reincorporación por causa de maternidade, paternidade, risco durante o embarazo ou lactación natural, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, non vexan reducida a súa retribución variable.»

Exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia | Fonte: xunta.gal

CCOO lémbralle á Xunta que «a cultura é máis que o Xacobeo» e esixe a reapertura do Museo Etnolóxico de Ribadavia

  • O centro está pechado por falta de persoal, feito que constitúe para CCOO un exemplo do «abandono» dos centros públicos por parte da Consellaría de Cultura
28.01.2020.

Comisións Obreiras (CCOO) lémbralle á Xunta de Galicia que «a cultura é algo máis que o Xacobeo» e esixe a reapertura do Museo Etnolóxico de Ribadavia, que se atopa pechado por falta de persoal. Para o sector da Administración autonómica do sindicato, esta circunstancia é un exemplo do «abandono» dos centros públicos por parte da Consellaría de Cultura. CCOO coida que o peche do museo debe ser «reprobado» polo Concello, xa que se trata de defender «un servizo público que forma parte da cultura de base dos pobos».

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS