Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
Manifesto 1ª de maio 2017

NON HAI ESCUSAS

26.04.2017.

Con motivo da celebración do 1º de Maio, CCOO e UGT elaboraron un manifesto conxunto no que, entre outras importantes reivindicacións, piden ao Goberno central, comunidades autónomas e ás formacións políticas con representación parlamentaria que apoien e impulsen as reformas e cambios necesarios para facer posible que o aumento da produción e da riqueza beneficie ao conxunto da sociedade, e entre ela á clase traballadora, que foi especialmente castigada na última década.

CCOO gaña as EESS no Concello de Murgados

CCOO gaña a Eleccións Sindicais no Concello de Murgados

  • Os traballadores e traballadoras do Concello de Murgados renovan a confianza en CCOO
07.05.2019.

Onte celebrouse as Eleccións Sindicais do persoal laboral do Concello de Mugardos os traballadores e as traballadoras renovaron a súa confianza no sindicato CCOO, consiguindo un delegado máis co relación as eleccións pasadas. Os resultados foron os seguintes: 3 delegados para CCOO, 1 para CIG e 1 para CSIF.

Pancarta da manifestación central, na Coruña

Milleiros de persoas reclamaron nas rúas galegas que se mire polas súas necesidades e políticas que afronten as carencias sociais

02.05.2019.

Milleiros de persoas, convocadas por CCOO e UGT, saíron ás rúas das cidades e vilas galegas para celebrar este Primeiro de Maio. A cidadanía galega demandou nesta data que "primeiro as persoas" e a necesidade de que o novo Goberno acometa un cambio de políticas co obxecto de garantir máis dereitos, máis igualdade e máis cohesión.

Aprobada a iniciativa CCOO no Concello de Vigo

Aprobada no Concello de Vigo a iniciativa de CCOO para a ampliación do Servizo de Salvamento e Socorrismo nas praias da cidade

27.04.2019.

O pasado mércores 24 de abril o Pleno do Concello de Vigo aprobou por unanimidade a Moción presentada polo Grupo Municipal da Marea de Vigo a iniciativa de CCOO para a ampliación do Servizo de Salvamento e Socorrismo nas praias da cidade.

ENCE non se pecha

Os traballadores e traballadoras de ENCE concentráronse en Madrid

25.04.2019.

Onte concentráronse fronte á sede do PSOE en Madrid máis de cincocentos traballadores e traballadoras de ENCE Pontevedra en contra da posición do Goberno central de non defender a prórroga da concesión á factoría.

Reunión de CCOO coa Marea de Vigo

CCOO reúnese coa Marea de Vigo e preséntalle un informe para a ampliación do Servizo de salvamento, socorrismo e accesibilidade ao baño nas praias viguesas

12.04.2019.

Este pasado mércores, 10 de abril, o representante dos traballadores e traballadoras de Comisións Obreiras no Servizo de Salvamento e Socorrismo do Concello de Vigo mantivo unha xuntanza con Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo e candidato nas eleccións municipais do mes de maio. O delegado de persoal de CCOO entregoulle á Marea de Vigo un Informe/Proposta para a ampliación da tempada de salvamento, socorrismo e accesibilidade ao baño nas praias viguesas, un servizo que na actualidade só cobre tres meses.

Portos do Estado en folga

CCOO convoca para o 17 de abril, xornada de folga nos portos de interese xeral

  • A folga convocada por CCOO afectará a todo o sistema portuario de titularidade estatal, Portos do Estado e 28 Autoridades Portuarias.
10.04.2019.

A folga convócase pola falta de resposta ao asinamento do preacordo de III Convenio Colectivo, asinado polas partes lexitimadas o pasado día 3 de outubro do 2018. O preacordo acadado segue sen ser aprobado polo Ministerio de Facenda, a pesar do tempo transcorrido, de contar co visto e prace do Ministerio de Fomento e do compromiso do propio ministro de Fomento de levalo a termo.

O traballador realizaba as súas funcións nos cemiterios municipais | Foto: cemiterio de Oza (Google)

CCOO logra a transformación en interino dun traballador temporal do Concello da Coruña contratado en fraude de lei

  • O contrato do denunciante era de persoal temporal funcionario por acumulación de tarefas, pero a sentenza dálle a razón ao sindicato e considera que lle corresponde ser interino por causas estruturais
08.04.2019.

Os servizos xurídicos de Comisións Obreiras (CCOO) logran a transformación en interino dun traballador temporal do Concello da Coruña que estaba contratado en fraude de lei para o labor de atención dos cemiterios municipais. O contrato do denunciante era de persoal temporal funcionario por acumulación de tarefas, pero o Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 2 da Coruña dálle a razón ao sindicato e considera que lle corresponde un contrato de interinidade por causas estruturais. A sentenza tamén obriga a Administración local a readmitilo e a pagarlle máis dun ano de salarios.

Roda de prensa de CCOO

CCOO denuncia actitudes antisindicais contrarias a dereito no Concello de Ourense

  • CCOO adverte que "non se vai consentir que se persiga aos delegados e delegadas da organización en ningunha empresa, e moito menos no Concello, pola simple realización das funcións propias para as que foron elixidos"
10.05.2019.

CCOO quere denunciar publicamente o acoso e persecución sindical que están a sufrir os delegados de CCOO no Concello de Ourense que ven derivada do libre e responsable exercicio activo da súa función representativa legal no libre e lexítimo acción da súa función constitucional exercida dende a seriedade e responsabilidade.

Vitrasa é a empresa concesionaria do servizo público de autobús de Vigo

CCOO volve gañar as eleccións sindicais en Vitrasa

  • O persoal referenda a acción sindical de CCOO, que o pasado outono foi clave para desbloquear o conflito no transporte urbano de Vigo
02.05.2019.

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO volveu gañar as eleccións sindicais en Vitrasa, empresa concesionaria do transporte urbano de Vigo. A candidatura de Comisións conseguiu 114 votos (36,42 %) e cinco dos trece delegados que se elixían. A maior distancia quedaron a CIG (84 votos, catro delegados), USO (60 votos, dous delegados) e UGT (50 votos, 2 delegados).

CCOO e UGT convocan manifestacións en toda Galicia o Primeiro de Maio

CCOO e UGT chaman á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade

  • Os dous sindicatos convocan varias manifestacións en Galicia baixo o lema «Primeiro as persoas»
30.04.2019.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia fan un chamamento á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade. Os dous sindicatos convocan varias manifestacións na comunidade autónoma baixo o lema «Primeiro as persoas», coa intención de «encher as rúas a favor do emprego de calidade» e instar á conformación dun Goberno no Estado que aborde «con urxencia» unha axenda social. Nesta xornada reivindicativa, os secretarios xerais de ambas as organizacións participarán na marcha convocada na Coruña.

Día da Visibilidade Lesbia

As lesbianas somos diversas, somos trans, cis, mozas, maiores, migrantes, con capacidades diferentes…

  • Este venres, 26 de abril, celebramos o Día da Visibilidade Lesbia, un día para facer visible a realidade lesbia e reivindicarmos o noso espazo, os nosos dereitos e as nosas vidas...
25.04.2019.

Os comités de empresa chaman á mobilización en defensa da industria en Galicia

Os comités de empresa de Alcoa e Ence chaman á mobilización en defensa da industria

  • Manifestacións o próximo venres, día 26 de abril
23.04.2019.

O próximo venres, 26 de abril, terán lugar dúas importantes manifestación en defensa da industria en Galicia, convocadas polos comités de empresa de Alcoa (A Coruña) e Ence (Pontevedra).

Imaxe promocional do filme

O 1.º de Maio chega aos cines un importante filme sobre o movemento obreiro: "Vitoria, 3 de marzo"

12.04.2019.

Cadrando do 1.º de Maio, chegará aos cinemas un importante filme sobre o movemento obreiro: "Vitoria, 3 de marzo", que narra o masacre perpetrado pola policía franquista en 1976 contra os obreiros refuxiados na igrexa de Zaramaga, na capital vasca.

CCOO pide unha alta participación nas eleccións sindicais

CCOO pide unha alta participación nas eleccións sindicais que terán lugar mañá entre o persoal funcionario da Xunta

  • Están chamados ás urnas máis de dez mil funcionarios e funcionarias da Administración autonómica
10.04.2019.

Mañá xoves, día 11 de abril, máis de dez mil funcionarios e funcionarias da Xunta de Galicia están chamadas ás urnas. A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO pide unha alta participación nestes comicios «para seguir avanzando na recuperación de dereitos» e para poder formular «novas reivindicacións, realistas e realizables».

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS