Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

venres 7 de outubro de 2016

En cumprimento das recentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE

CCOO pon en marcha a campaña #ReclamaciónTemporais

  • Se o teu contrato ou nomeamento é irregular, reclama a estabilidade do teu emprego.
  • Aínda que o teu contrato ou nomeamento temporal sexa regular, sempre tes dereito a unha indemnización no momento da súa finalización. As indemnizacións son superiores ás que ata o de agora se pagaron.
  • Acode a CCOO

CCOO pon en marcha unha ampla campaña de asesoramento xurídico e sindical para axudar as traballadoras e traballadores temporais a reclamaren a fixeza do seu contrato laboral temporal irregular ou a condición de indefinido non fixo no caso dos temporais irregulares na Administración pública, así como unha maior indemnización económica pola finalización dos seus contratos ou nomeamentos temporais, en aplicación das recentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) sobre estabilidade no emprego e igualdade de condicións na indemnización.

Cartel 300.000 roxo

Cartel 300.000 roxo

~~O sindicato pon á túa disposición os seus servizos xurídicos e de asesoramento sindical para axudarche a reclamares os teus dereitos:
— a fixeza do teu contrato temporal irregular;
— a condición de indefinido non fixo ou unha situación xurídica equivalente, se es empregada ou empregado público con contrato ou nomeamento irregular;
— unha maior indemnización pola extinción, aínda que sexa válida, do contrato ou nomeamento administrativo temporal.
 
Todos os contratos e nomeamentos temporais teñen dereitos
— Se tes dúbidas sobre o teu contrato ou nomeamento temporal, acode ás asesorías de CCOO para reclamares a estabilidade no emprego, de acordo cos criterios fixados nas recentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE.
CCOO axúdache a reclamares a indemnización que che corresponde por extinción do contrato ou nomeamento temporal

— O TXUE declarou ilegal e discriminatoria a indemnización que a lexislación española establece para as traballadoras e traballadores temporais en caso de extinción do seu contrato de traballo ou do seu nomeamento administrativo temporal. Así mesmo, recoñeceu o dereito do persoal interino a unha indemnización que actualmente non recolle a nosa lexislación.
— O TXUE pide que se recoñeza o dereito das traballadoras e traballadores temporais a unha indemnización por extinción ou cesamento equivalente á establecida para o despedimento por causas obxectivas (en España son vinte días por ano, cun límite de doce mensualidades).
— Esta medida aplicarase a todos os contratos ou nomeamentos temporais vixentes ou que se concerten no futuro, e a todos aqueles contratos laborais temporais extinguidos un ano antes da data de reclamación. Tamén afectará aos nomeamentos administrativos temporais, sempre e cando non excedan o límite dos cinco anos anteriores, no caso do persoal dependente da Xunta de Galicia e as administracións locais galegas, ou catro, sempre que e trate de persoal dependente da Administración central.
 

CCOO pon en marcha a campaña #ReclamaciónTemporais

venres 7 de outubro de 2016

Documentos relacionados

Cartel PDF camapaña SN reclamacións temporais
Folleto informativo PDF campaña SN reclamacións temporais
Cartel FSC-G Admóns Públicas fondo branco campaña reclamacións temporais
Cartel FSC-G Admóns Públicas fondo roxo en PDF campaña reclamacións temporais
Cartel xeral FSC-G fondo roxo campaña reclamacións temporais
Cartel xeral FSC-G fondo branco campaña reclamacións temporais
Cartel 300.000 branco
Cartel 300.000 roxo
Folleto informativo FSC-G campaña reclamacións temporais
Díptico Interinos campaña reclamación temporais

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS