Comisiones Obreras - FSC Galicia

luns 6 de agosto de 2018

Angela Serantes describe a situación logo dunha sentenza do TSX que consideraba nula a cláusulas do contrato de traballo en Médicos Sen Fronteiras por consideralas abusivas

Hai apenas uns días o TSXG declaraba nula a cláusula 7 dos contratos das captadoras e captadores de MSF, unha cláusula que esixe que o persoal alcance uns obxectivos mínimos en canto a número de socios así como un financiamento mínimo. Non alcanzar este dobre obxectivo supón para os traballadores e traballadoras a aplicación dun despedimento disciplinario, sen indemnización, o que supón unha alta taxa de rotación. A responsable de xuventude da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia, Ángela Serantes o explica neste video

Desde CCOO, entendemos que tal e como fallou o tribunal, este tipo de cláusula de
rendemento protagoniza unha situación de abuso por parte de MSF xa que foi unha
cláusula aplicada unilateralmente, que non foi negociada e aplica un réxime sancionador
que pode levar a cabo á extinción do contrato cando non alcanzas os obxectivos durante 3
meses de forma consecutiva e durante 6 meses de forma non consecutiva.
A día de hoxe é unha cláusula inalcanzable polo persoal (só alcánzaa o 11% no 2016) xa
que conseguir un mínimo de 6 socios semanais e unha cota de financiamento de 115€ é
algo que non depende por se só dos traballadores e traballadoras é unha cuestión que
depende da voluntariedade de terceiras persoas. Ademais en caso de non aplicar o
despedimento disciplinario, MSF interpón amoestacións mensuais, mesmo cando se
supera o número de socios, e quédasche a céntimos do obxectivo de financiamento.
CCOO adherida no ano 2016 á demanda de conflito colectivo presentada pola CNT cualifica
esta sentenza como un logro para as condicións laborais das captadoras e captadores de
socios, e entende que se abre unha clara oportunidade de mellorar as condicións precarias
que se dan no sector, xa que somos coñecedores de que as situación laboral noutras ONGs
é moitísimo peor.
Atopámonos ante un sector que precariza a vida da mocidade maiormente, nun sector moi
feminizado e que precariza aos persoais de captación con cláusulas abusivas, xornadas de
traballo interminables, sen protocolos de violencias e un longo etcétera. Por iso salientamos
a necesidade de que a Asociación Española do Fundraising inicie unha revisión na
contratación dos e as captadoras.
Ademais queremos recalcar a importancia que teñen os traballadores e traballadoras de
captación que desde os recortes en financiamento público ás ONGs, cobran especialmente
importancia sendo o maioría dos casos a maior vía de financiamento para levar a cabo a
axuda humanitaria, no caso de MSF o 99% dos fondos son privados e maiormente
alcanzados polos seus captadores e captadoras.
Por toda esta situación e sendo coñecedores de que MSF recorrerá ao Supremo esta
sentenza, CCOO non entendemos que unha ONG que defende os DDHH esquézase do
cumprimento dos dereitos laborais, por iso reclamamos unha vez máis unhas condicións
dignas no sector e en MSF, que deixe de aplicar a cláusula ata que haxa unha sentenza do
Supremo ou outras vías de medir o rendemento do persoal. Ademais no momento de
ratificarse a nulidade da cláusula, esixiremos a readmisión das persoas despedidas baixo
esa situación, xa que a ONG non deixa de cesar ao seu persoal dunha forma abusiva e
ilegal, impedindo o mantemento do posto de traballo.

Angela Serantes describe a situación logo dunha sentenza do TSX que consideraba nula a cláusulas do contrato de traballo en Médicos Sen Fronteiras por consideralas abusivas

luns 6 de agosto de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Xuventude

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS