Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

mércores 10 de abril de 2019

CCOO convoca para o 17 de abril, xornada de folga nos portos de interese xeral

  • A folga convocada por CCOO afectará a todo o sistema portuario de titularidade estatal, Portos do Estado e 28 Autoridades Portuarias.

A folga convócase pola falta de resposta ao asinamento do preacordo de III Convenio Colectivo, asinado polas partes lexitimadas o pasado día 3 de outubro do 2018. O preacordo acadado segue sen ser aprobado polo Ministerio de Facenda, a pesar do tempo transcorrido, de contar co visto e prace do Ministerio de Fomento e do compromiso do propio ministro de Fomento de levalo a termo.

Portos do Estado en folga

Portos do Estado en folga

Preto de cinco mil traballadores e traballadoras viron acernados dereitos e retribucións que afectan, con carácter xeral, ao conxunto de empregados e empregadas públicos nos últimos anos. Non obstante, ao persoal dos portos en concreto, bloqueáronselle as partidas económicas destinadas a carreira profesional e produtividade, desde o ano 2010. Todo o anterior supuxo un recorte salarial próximo ao 30 % no acumulado.
 
Dáse a incongruencia de que o sistema portuario é economicamente autosuficiente, non xera nin afecta o déficit público, é máis, o sistema portuario na súa globalidade xerou 200 millóns de euros de beneficios/ano.
 
Negar a aprobación do III Convenio Colectivo é negar o dereito á negociación colectiva e incumprir co instaurado nas sucesivas leis de portos que determinaron que se establecerá un convenio de carácter estatal para articular as relacións laborais.
 
Promesas polo de agora incumpridas que xa non garanten a paz social. Desde CCOO formulamos a recuperación de dereitos, entre eles o dereito á negociación colectiva, negado teimudamente polo Ministerio de Facenda. Só interesan os beneficios dos portos: o dereito dos traballadores e traballadoras importan pouco ou nada.
 

CCOO convoca para o 17 de abril, xornada de folga nos portos de interese xeral

mércores 10 de abril de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Sectores - Administración do estado - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS