Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

venres 12 de abril de 2019

CCOO reúnese coa Marea de Vigo e preséntalle un informe para a ampliación do Servizo de salvamento, socorrismo e accesibilidade ao baño nas praias viguesas

Este pasado mércores, 10 de abril, o representante dos traballadores e traballadoras de Comisións Obreiras no Servizo de Salvamento e Socorrismo do Concello de Vigo mantivo unha xuntanza con Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo e candidato nas eleccións municipais do mes de maio. O delegado de persoal de CCOO entregoulle á Marea de Vigo un Informe/Proposta para a ampliación da tempada de salvamento, socorrismo e accesibilidade ao baño nas praias viguesas, un servizo que na actualidade só cobre tres meses.

Reunión de CCOO coa Marea de Vigo

Reunión de CCOO coa Marea de Vigo

Diferentes estudos recollen que Vigo é a cidade de España onde remata máis tarde o verán, o que fai que as nosas praias estean sen vixilancia durante semanas. Así mesmo, outros concellos do Estado teñen servizo de socorrsimo durante catro meses completos e reforzos nos meses de maio e incluso outubro.
A Marea de Vigo asumiu o compromiso de recoller no seu programa electoral a ampliación do Servizo para mellorar a cobertura nos areais da nosa cidade.
Así mesmo, comprometeuse a presentar unha moción no Pleno Municipal do vindeiro 24 de abril para a ampliación deste servizo municipal de xestión externa.
CCOO seguirá traballando pola mellora da calidade do Servizo de Salvamento e Socorrismo do Concello e polas condicións laborais dos traballadores e traballadoras.

CCOO reúnese coa Marea de Vigo e preséntalle un informe para a ampliación do Servizo de salvamento, socorrismo e accesibilidade ao baño nas praias viguesas

venres 12 de abril de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Sectores - Medios de comunicación, arte, cultura e deporte - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS