venres 13 de decembro de 2019
martes 11 de xuño de 2019
CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Arzúa
O luns, 10 de xuño, celebráronse as eleccións sindicais no Concello de Arzúa, tanto para o persoal laboral (43 traballadores e traballadoras) como para o funcionario (11). Comisións Obreiras gañou estes comicios e fíxoo, ademais, logrando toda a representación: catro delegados e delegadas, por ningún da CIG.
Casa do Concello de Arzúa | Foto: P. Lameiro (Wikipedia)
Para o sindicato, estes resultados referendan o «excelente» traballo realizado pola súa representación no Concello, especialmente tendo en conta que Comisións foi nos últimos catro anos a segunda forza sindical. Nas eleccións do 2015, a CIG conseguira tres representantes e CCOO soamente un.
Esta «viraxe» electoral «só é posible grazas a un labor sindical eficaz e comprometido», sinalan desde CCOO, e agradécenlles aos traballadores e traballadoras municipais o «apoio masivo» ás candidaturas presentadas polo sindicato.
CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Arzúa
X
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.