Comisiones Obreras - FSC Galicia

martes 16 de xullo de 2019

Estado lamentable dalgúns vehículos oficiais da Xunta de Galicia

Dende CCOO seguimos denunciando a situación precaria destes vehículos oficiais e o perigo que supón o seu uso por parte dos empregados Xunta de Galicia, e loitando para que sexan remudados por novos vehículos que garantan a ergonomía, e a seguridade viaria e laboral destes traballadores.

Estado lamentable dalgúns vehículos da Xunta

Estado lamentable dalgúns vehículos da Xunta

Con motivo da publicación dun artigo no xornal La Voz de Galicia do día 5 de xullo do 2019, sobre a concesión de axudas para renovar 2.000 vehículos do parque móbil da Comunidade Autónoma galega con mais de dez anos de antigüidade, dende CCOO queremos facer as seguintes precisións e reclamacións.
Parécenos moi axeitado que se tomen tódalas medidas posibles para mellorar a seguridade viaria de tódolos galegos e galegas, pero non queremos que se quede só no ámbito da cidadanía e os vehículos particulares, pois compre recordarlle ao señor Núñez Feijóo, que ese problema de seguridade viaria seguen a sufrilo a diario centos de empregados públicos da Xunta de Galicia, que se ben obrigados a utilizar e conducir diariamente vehículos oficiais, que en moitísimos casos superan eses dez anos con creces e mesmo achéganse ou superan o medio millón de quilómetros, carecendo de medidas de seguridade e ergonomía axeitadas para o desenrolo das actividades cotiás destes empregados, e supoñendo un perigo para a súa seguridade, e tamén para a do resto de usuarios das estradas galegas. E ademais minguando a operatividade e calidade da prestación do servizo a cidadanía. Esta precariedade, que pon en risco a seguridade dos traballadores, dende CCOO vímola denunciando dende fai moito tempo, mesmo ante Inspección de Traballo fai 3 anos denunciamos a situación do parque móbil da Xefatura Territorial de Medio Ambiente da Coruña
E por elo que pedimos que faga extensiva esa iniciativa de facilitar a remuda de vehículos ao parque móbil oficial da administración que xestiona, mais en concreto en Consellerías onde ese parque móbil esta sen remudar dende fai anos, ou se fixo so parcialmente.
E, aínda que agradecemos o esforzo das consellerías que fixeron dito esforzo para renovar parte da súa flota, considerámola a todas luces insuficiente, dado que quedan moitos vehículos nun estado lamentable. Sinalamos algunhas desas consellerías que rexistran este problema, como mais representativas pola cantidade de vehículos dos que dispoñen e cantidade de quilómetros que fan durante a prestación do servizo:- Consellería de Medio Rural ou a de Medio Ambiente, pois seria fatídico, que algún dos vehículos dos Bombeiros Forestais que se encontran nese mal estado, sufriran unha avaría no medio dun lume, e quedar atrapados no medio das chamas, ou para os Axentes e Vixilantes de Recursos Naturais mentres asisten a unha emerxencia.
- Consellería de Infraestruturas, que, curiosamente son os encargados de velar pola seguridade viaria das estradas de Galicia, pero que non dan exemplo contando con vehículos que prestan eses servizos de conservación e seguridade viaria nun estado penoso.
En concreto pedímoslle ao presidente Feijóo, que inicie as accións necesarias para habilitar partidas orzamentarias que faciliten remudar tódolos vehículos oficiais da Xunta que superen cando menos os dez anos ou 200.000 quilómetros de ntigüidade.
Dende CCOO, seguiremos a denunciar a situación precaria destes vehículos oficiais e o perigo quesupón o seu uso por parte dos empregados Xunta de Galicia, e loitando para que sexan remudados por novos vehículos que garantan a ergonomía, e a seguridade viaria e laboral destes traballadores

Estado lamentable dalgúns vehículos oficiais da Xunta de Galicia

martes 16 de xullo de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Sectores - Administración autonómica - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS