Comisiones Obreras - FSC Galicia

mércores 23 de outubro de 2019

Rexeitan na Coruña a deslocalización de postos de traballo en R Cable

Os sindicatos Comisións Obreiras, CGT, CIG e UGT convocaron o martes unha manifestación na Coruña para esixirlle a R Cable a paralización inmediata do traslado de servizos e emprego fóra de Galicia. Unha deslocalización que, no caso dos servizos de operación e mantemento de rede, previsiblemente se fará efectiva o 31 de outubro, afectando a numerosas empresas e a centos de traballadores e traballadoras en toda a provincia.

Remate da manifestación fronte á sede de R Cable

Remate da manifestación fronte á sede de R Cable

A manifestación partiu ás 19:00 horas da tenda de R situada na rúa Compostela (zona da praza de Lugo) e rematou fronte ao edificio de R Cable situado no Obelisco.

Os sindicatos esixen que a Xunta se implique activamente no conflito para impedir que se consume esta deslocalización e para que obrigue a R Cable e a súa propietaria (Euskaltel) a negociar coa representación social.

A Xunta non pode inhibirse diante deste novo ataque ao emprego, ten que actuar para garantir os postos de traballo e a calidade duns servizos de telecomunicacións que se construíron a conta dos cartos públicos de todas as galegas e os galegos. A utilización dese diñeiro ten que reverter no noso desenvolvemento económico, social e tecnolóxico e non pode servir para que empresas privadas se lucren e incrementen beneficios a base avanzar na deslocalización da súa actividade e a precarización das condicións laborais.

Rexeitan na Coruña a deslocalización de postos de traballo en R Cable

mércores 23 de outubro de 2019

Ligazóns de interese relacionadas

Galería de imaxes

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS