Comisiones Obreras - FSC Galicia

venres 14 de febreiro de 2020

CCOO convoca o sábado unha manifestación en Lugo para denunciar as prácticas antisindicais da ONCE

  • A empresa castigou dous delegados sindicais por pertenceren a Comisións Obreiras

Comisións Obreiras (CCOO) anuncia que continúan as mobilizacións contra as prácticas antisindicais da ONCE. Tras non atender a empresa as reivindicacións dos traballadores e das traballadoras, convócase unha manifestación para o sábado, 15 de febreiro, ás 11:30 horas, desde a delegación da ONCE en Lugo (Xardín de San Roque) ata a o Concello, onde se lerá un comunicado.

Peche dos delegados e delegadas da ONCE na Coruña

Peche dos delegados e delegadas da ONCE na Coruña


O sindicato denuncia que Begoña, delegada de Lugo, e Ángel, delegado de Pontevedra, foron castigados pola empresa por pertenceren a CCOO. Á compañeira non lle renovaron o contrato, malia que, segundo o convenio, debería pasar a ser persoal fixo. No caso do compañeiro, ademais de traballador é afiliado á ONCE —só o poden ser os cegos totais ou case totais— e tiña dereito, por convenio, a postos de non mobilidade, pero foille rexeitado, véndose na obriga de repartir nunha ruta de trinta quilómetros para a cal precisa de axuda externa.
Xa o pasado 17 de xaneiro houbo outra protesta convocada por CCOO, neste caso na Coruña, que consistiu no peche na dirección territorial da ONCE e nunha concentración no día seguinte.
Estabilidade na venda do cupón
Ademais de denunciar as prácticas antisindicais, CCOO tamén quere reivindicar a estabilidade laboral dos vendedores e vendedoras do cupón. Segundo o sindicato, a ONCE, a pesar de ter un aumento da venda dos seus produtos nos últimos catro anos —395 millóns en todo o estado—, gozar dunha exención da cota patronal da Seguridade Social e outros beneficios asociados á contratación, está a diminuír o seu cadro de persoal fixo e abusa da temporalidade. Así mesmo, non está a reconverter en indefinidas persoas con grandes discapacidades que non poden exercer outro traballo máis que a venda deste produto.

CCOO convoca o sábado unha manifestación en Lugo para denunciar as prácticas antisindicais da ONCE

venres 14 de febreiro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Sectores - Empresas públicas e ONCE - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS