Comisiones Obreras - FSC Galicia

xoves 13 de febreiro de 2020

CCOO gaña a demanda sobre permisos parentais en Extel

A sentenza da Audiencia Nacional contra Extel, demandada por CCOO en solitario pola mingua económica que sufrían as persoas ao gozaren dos permisos parentais, declara que «o dereito das persoas traballadoras a que, no mes seguinte á súa reincorporación por causa de maternidade, paternidade, risco durante o embarazo ou lactación natural, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, non vexan reducida a súa retribución variable.»

Tribunais

Tribunais

Por outro lado, declara o dereito do dito colectivo a percibir en concepto de "retribución en vacacións" a media da retribución variable, sen mingua ou redución ningunha polas citadas causas de suspensión do contrato de traballo previstas no artigo 60 do convenio colectivo de ámbito estatal do sector de Contact Center.
Ademais, establece que o artigo 50 do dito convenio que regula a retribución en vacacións ha interpretarse á luz do principio de igualdade e non discriminación por razón de sexo, o que supón que na súa aplicación deben terse en conta os períodos de permisos parentais para os efectos do cobramento da retribución variable.
Polo tanto, a fórmula prevista no citado artigo, á hora de aplicalo no ámbito do sector de Contact Center, non pode supoñer un prexuízo para as persoas que exercitan estes dereitos de conciliación.
Esta resolución supón unha recompensa ao esforzo sindical de CCOO Telecomunicacións, cuxo obxectivo é mellorar as condicións laborais do colectivo de Contact Center e unha maior equiparación e corresponsabilidade na conciliación da vida familiar e laboral.
Podes consultar a sentenza completa na ligazón abaixo indicada.
 

CCOO gaña a demanda sobre permisos parentais en Extel

xoves 13 de febreiro de 2020

Documentos relacionados

Sentencia AN permisos parentales EXTE

Áreas temáticas relacionadas

Sectores - Telecomunicacións - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS