Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

martes 12 de xaneiro de 2016

Preséntate como candidato/a pola FSC de Comisións Obreiras (CCOO)

  • Dá o paso

Se queres ser representante sindical na túa empresa por CCOO e traballas no eido dunha Administración pública, unha empresa de transporte ou relacionada co mar, medios de comunicación, telecomunicacións, ferrocarril, gráficas, papel, aeroportos, postal, medios de comunicación, arte ou fotografía, a Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO é o ámbito que te pode representar.

EE.SS.

EE.SS.

Cada catro anos, nas empresas que conten con seis ou máis traballadores e traballadoras, o persoal debe elixir ou renovar a súa representación sindical a través dun proceso de eleccións democrático e regulado por lei, as «eleccións sindicais».
Unha gran parte destes procesos deben realizarse entre este ano e o vindeiro (proceso de concentración de eleccións sindicais), por coincidir o remate de mandato da representación elixida hai catro anos. Isto vén significar que todas estas empresas deberán renovar os seus representantes a través dunhas eleccións por sufraxio, nas que as traballadoras e traballadores que así o decidan poderán presentarse como candidatas ou candidatos a representar os intereses laborais dos seus compañeiros e compañeiras nos próximos catro anos.
CCOO leva defendendo os intereses de toda a clase traballadora no noso país desde antes da instauración da democracia. Xa na clandestinidade da ditadura, CCOO representaba os intereses de clase nas fábricas, nas empresas, nas minas, diante da opresión e a inxustiza. Milleiros de traballadores e traballadoras afiliados a CCOO, de todos os ámbitos produtivos posibles, levan todos estes anos representando altruistamente os intereses dos seus compañeiros e compañeiras, pelexando, loitando por alcanzar día a día mellores condicións de traballo e máis dereitos.
CCOO é hoxe en día a organización máis importante do noso país, tanto polo seu número de afiliados e afiliadas como pola súa representatividade, o que sen dúbida quere dicir que está a representar directamente, por decisión libre, os intereses laborais dun número enorme de traballadores e traballadoras, e, ademais, participa, colabora e forma parte de moitas organizacións nacionais e internacionais.
Na Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO queremos seguir axudando e representando os teus intereses de clase, e por iso nos ofrecemos a apoiarte, defenderte e axudarche a representar os teus compañeiros e compañeiras de empresa.
Dá o paso e PRESÉNTATE coa FSC de CCOO nas eleccións sindicais da túa empresa para representar os intereses dos teus compañeiros e compañeiras.

Preséntate como candidato/a pola FSC de Comisións Obreiras (CCOO)

martes 12 de xaneiro de 2016

Documentos relacionados

Que debes saber para ser delegado/a de CCOO
regulamento EE.SS. na empresa
regulamento EESS Admóns. Públicas
Manual EESS 2014
Breve historia das CCOO

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS