Comisiones Obreras - FSC Galicia

martes 27 de decembro de 2016

Xustiza para o funcionariado

  • Os gobernos central e autonómico están a sacar peito a conta suba salarial do persoal funcionario para o 2017

Vinculan o dito incremento á aprobación dos orzamentos xerais, o que equivale a acusar os partidos da oposición —que se negan a deixalos gobernar como lles pete— de seren os responsables —chegado o caso— de impediren aplicar a suba salarial que merecen eses pailáns. Porque de pailáns nos están a tratar, confundindo con docilidade o que non foi senón responsabilidade e compromiso co noso deber público, sempre á custa do espolio realizado sobre os nosos dereitos e salarios estes últimos anos.

Xustiza para o funcionariado

Xustiza para o funcionariado

Fonte: Castor Fernández Soto, responsable de Comunicación da FSC-G de CCOO..
~~Sen dúbida, os gobernantes débennos ver como un colectivo de paciencia infinita, capaz de agardar sen límite de tempo a que se lembren de nós e nos concedan unha esmola. Paciencia temos, e moita, porque seguimos co noso traballo cotián —mentres nos deixen— malia que todo o mundo se sinta capacitado para falar de nós ou facer chistes á nosa conta. Aquí estamos, na nosa tarefa diaria, os enfermeiros, médicas, xardineiros, administrativas, policías, bombeiros, mestras, xuíces, asistentes sociais, limpadoras...

Somos un mil e unha realidades, mil e un oficios e tarefas indispensables para que calquera país poida funcionar. Non obstante, coitados nós como enfermamos e collamos unha baixa! Daquela escoitaremos que somos uns vagos. E como collamos vacacións —dereito de todo traballador e traballadora—, ai!, oiremos tamén que son excesivas. E se dispomos dun día de asuntos propios —dereito adquirido, tamén—, será porque somos uns privilexiados. E se paramos para tomar un café a media mañá —figura recollida no Estatuto dos Traballadores e regulada de xeito máis ou menos favorable nos distintos convenios colectivos— é porque non queremos traballar.

O trato negativo que adoito nos dispensan os gobernantes, medios de comunicación e boa parte da sociedade non é algo puntual, senón estrutural: está xa instalado e gravado a lume no ADN. A crise económica intensificou a situación e, coma todo efecto pernicioso da mesma, non se albisca preto a solución.

O persoal funcionario non é o único prexudicado nesta burla e espolio mal chamado crise. Non somos, nin de lonxe, os máis prexudicados, xa ora! Porén, non seremos dóciles ovellas agardando pola entrada no matadoiro. Non nos resignamos a un destino inxusto, non renunciamos a que se nos restitúa o que se nos roubou, non renunciamos á nosa dignidade.

Quero aproveitar estas liñas para reivindicar a nosa dignidade, a dignidade de todas as empregadas e empregados públicos do noso país, de todos os funcionarios e funcionarias, dos milleiros de traballadoras e traballadores que desde os servizos públicos —colexios, hospitais, ambulatorios, garderías, residencias, concellos, oficinas, etc,.— desde as distintas administracións públicas, están todos os días no seu posto de traballo para sacalo adiante, para ofrecer un servizo imprescindible e impagable, a pesares do maltrato, a utilización e ata o desprezo, manifestado pola clase política dominante, polos grandes medios de comunicación, por tantos e tantos cidadáns, por ser inxusto e inmotivado, por tratarse dunha vileza, que non por reiterada debe permitirse.

Reivindico xustiza para o persoal funcionario, igual que a reivindico para todos os colectivos e persoas maltratadas polas institucións públicas e certos medios de comunicación, estratexia coa que afastan a lupa das miserias dunha crise que lucra os poderosos e empobrece o resto da poboación, xente que traballa honestamente por un salario.

Xustiza para o funcionariado

martes 27 de decembro de 2016

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Opinión

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS