Comisiones Obreras - FSC Galicia

xoves 22 de agosto de 2013

Se o Sr. Rosell mandase........

As últimas declaracións do Sr. Rosell en Onda Cero, fanse intolerables para calquera cidadán que teña unha mínima sensibilidade ou un mínimo senso ético da vida

O Sr. Rosell.

O Sr. Rosell.

Fonte: Castor Fernández Soto. Comunicación FSC-Galicia. . Nelas este señor verte pola súa boca, con absoluta naturalidade e impunidade, a idea de despoxar ós traballadores con contratos indefinidos dos seus dereitos, os que chama "privilexios”, para supostamente incrementarllos os temporais, todo elo recoñecendo que estes últimos son o 90% dos contratos que se fan, para rematar con un "e grazas.
Debo confesar que despois de ler as declaracións, o primeiro que se me viu á cabeza foi proferir hacia este tipo, un  insulto que non podo nin debo reproducir por escrito, pero non por elo menos xusto ou merecido; cuestión de mantemento das formas.
Máis ala do tratamento de "privilexio” que lle da ós dereitos e as normas legais que regulan o mercado laboral, está o fondo deste tipo de declaracións, impensables non fai demasiado tempo, porque seguramente houberan sido constitutivas dun delito de apoloxía de terrorismo laboral, e non so polo que di senón tamén pola forma en que o di, coa autosuficiencia dun "perdoa vidas”, que actúa e fala por riba da maioría dos parias deste pais.
A continuación lanza a idea, coa firme convicción dun demócrata probado, de que ós seis millóns de parados deste pais, o estado tan so debera darlles a axuda mínima e necesaria para ir sobrevivindo. Despois disto resúltame imposible que o insulto que non escribín, non se me veña outra vez á boca.
Para rematala, da a súa opinión de experto, sobre o tratamento que se lle debe dar o déficit público, que como non, debe pasar por adelgazar os servizos que hoxe prestan as administracións para darllos ás empresas privadas.
Nin esta é a primeira nin seguramente será a última vez que este señor ou algún outro dos seus socios do club empresarial, saian ós medios, para propoñer solucións tan racionais e efectivas para combater os graves problemas laborais e económicos deste pais.
Tanta obscenidade arrepía, tanto atrevemento asusta, e tanta brutalidade enerva.
Moito temo que, de seguir así, pronto o Sr. Rosell e os seus acólitos, sairán propoñendo algunhas medidas o estilo de crear en todas as comunidades autónomas, áreas de traballo solidario, para xovenes en paro e parados de longa duración; áreas de traballo, onde polo alimento, se traballe en interese da colectividade ó mando do colectivo empresarial (CEOE), a fin de ir xerando riqueza de futuro para o pais, ou pedir a suspensión, en tanto dure a crise, das normas laborais, en beneficio da produtividade, ou a de darlle prioridade ó traballo dos homes sobre o das mulleres, e como non, por en mans da CEOE todos os servizos públicos existentes, para que co espírito empresarial, rendan como é necesario.
Por desgraza estas burradas non son ciencia ficción, son algunhas das ideas que están a pasar polas cabezas destes inefables, insaciables e demócratas representantes da clase empresarial do noso pais, para "solucionar esta crise”.
Si a isto lle sumamos un goberno ruín, sectario e  presuntamente corrupto como o que temos, faise un cóctel insoportable para calquera cun mínimo de sensibilidade social.
Como cidadáns temos dereito a esixir un presente e un futuro mellor para o conxunto da humanidade, e non un mundo peor, como o que esta clase de individuos propoñen coa coartada da crise; para eles, en singular, o futuro sempre é mellor e máis abondoso, nunca asumen sacrificios propios, é mais, o sacrificio o entenden sempre en segunda ou terceira persoa, a súa rendibilidade está por riba da maioría, entenden a creación de riqueza como a súa persoal e intransferible, son egoístas, insáns, sectarios, paternalistas falsos e mentireiros compulsivos, sempre nadando a favor da corrente.
Galicia e España, non avanzarán socialmente si continúan a estar en mans deste tipo de persoas, tan so a democracia dos pobos, o compromiso sincero e real das persoas con ela, e a súa participación responsable, poderá librarnos destes individuos que no actual sistema se reproducen como setas no outono, para demostralo non é preciso mirar moito para atrás, o seu antecesor, que probablemente non era moito peor que este, facía propostas moi similares, esta na cadea por ladrón.
Para rematar, seguramente esta opinión non arranxe nada, nin sequera aporte cuestións novas mais alá de ser unha simple opinión, pero cando menos pretende servir para que os individuos como este presidente empresarial, saiban que existen outras visións do mundo menos egoístas máis solidarias e a anos luz ideoloxicamente das súas, e que para ben ou para mal, todos os nosos actos teñen consecuencias, boas e malas.  "Arrieritos somos”………..

Se o Sr. Rosell mandase........

xoves 22 de agosto de 2013

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Opinión

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS