Comisiones Obreras - FSC Galicia

martes 17 de setembro de 2013

O inferno do Olimpo

O incendio do monte Pindo durou uns catro días, pero a noite do mércores 11 de setembro de 2013 en apenas tres horas transformou o que ata ese momento era considerado coma o Olimpo dos deuses celtas nun auténtico inferno que devoraba hectáreas a unha velocidade pavorosa.

Incendio Monte Pindo.

Incendio Monte Pindo.

Fonte: Alejandro Rodriguez, Coordinador Axentes Forestais CC.OO.-Galicia.. Os efectivos que traballaron neste incendio deben ser recoñecidos por todos polo esforzo e ás veces a exposición da súa seguridade no intento de salvar todo o que se podía, que fundamentalmente eran as casas.
Este espazo protexido que forma parte da Rede Natura, que non Parque Natural como se leva pedindo dende hai anos, pasou en poucos días de ser un espectáculo para moitos países cando cruzou a Volta a España por este mesmo terreno a convertirse nun auténtico chamizo nun abrir e pechar de ollos. Perdéronse especies únicas como o carballo enano ou o lirio de monte e máis de 600 especies distintas de vexetación e innumerables exemplares de aves, mamíferos, insectos, ofidios…. Malogramos unha espectacular paisaxe cantado por Otero Pedrayo, morada da tumba da raiña Lupa, marco incomparable do único río de Europa que desemboca en fervenza.
E agora quedan por ver as consecuencias que provocarán os arrastres de cinzas cara a desembocadura do Xallas e hacia o mar e os seus bancos marisqueiros. Un auténtico desastre.
Ogallá que desta vez si se aprendese algo para que non se repita algo que ven sendo tristemente cíclico. Non podemos permitirnos perder toda esta cultura, toda esta natureza, todo.

Non todos os incendios son iguais.

O lume tamén é parte da natureza, e antes de que a raza humana cos seus desmanes provocase tantos incendios forestais, estes xa existían. Pero o da noite do inicio do incendio do Pindo era algo esaxerado. Levo máis de 20 anos nesto e vin miles de incendios, e recoñezo que xamáis observara nada igual. O lume cando se pon bravo é coma unha riada de auga, non te podes poñer diante del porque te devora.
Esa noite, e os días seguintes, dimos o mellor de nos, a nosa experiencia e coñecementos, e a nosa maior vontade en vencer ao monstruo. Pero ainda así él puido con todos nos.
E non so iso. Despois, cando xa non quedan lapas, aparece o baixón por non poder facerlle algo máis, por perder tanta beleza, por ver todo destruido en tan poucas horas. Se a isto lle engadimos a presión á que nos someten os nosos expertos en incendios de salón, xa case que saltan as bágoas.
É imposible poder afrontar un incendio no monte, que é onde se debe apagar, cando tes as casas en perigo. Pero é que o material combustible que había xunto a elas convertera aquelo nun auténtico polvorín. E o máis sorprendente, algo que xamáis tiña visto, era a naturalidade e a calma das xentes do lugar, que a pesar de teren as súas vivendas rodeadas polo lume non se comportaban como o suelen facer noutras zonas, cun certo e lóxico histerismo. Ao contrario, cunha calma pasmosa. O que fai que ainda sexa máis preocupante a periodicidad coa que arde este monte. Porque ata os habitantes da zona  o ven como algo natural.

O inferno do Olimpo

martes 17 de setembro de 2013

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Opinión

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS