Comisiones Obreras - FSC Galicia

xoves 14 de abril de 2016

As bágoas de crocodilo do candidato do PP á Xunta de Galicia

Facendo honor ao carácter conservador do seu partido, Feijóo repite, e non só como candidato, senón como salvador da patria galega e presumindo da súa capacidade de xestión, disque choraba no momento de comunicar a boa nova. Tamén chorabamos nós, só de pensar noutros catro anos de inexistente xestión.

Bagoas de crocodilo de Feijóo

Bagoas de crocodilo de Feijóo

Fonte: Emilio Do Forno Guzmán, coordinador do sector autonómico da FSC-Galicia de CCOO. Facendo honor ao carácter conservador do seu partido, Feijóo repite, e non só como candidato, senón como salvador da patria galega e presumindo da súa capacidade de xestión, que contrasta coa das candidaturas alternativas como as Mareas, que non dan xestionado nin un comedor escolar. Aínda que a Constitución recoñece no artigo 23.2 o dereito de todos os españois a acceder en igualdade de condicións ás funcións e cargos públicos, parece que hai un sector favorable a unha interpretación restritiva, e que aos cargos públicos debe optar só quen sabe. E quen sabe ou non sabe decídeno eles.

Na campaña do 2012, garantía que non lles esixiría máis esforzos aos empregados públicos para, unha vez na Presidencia, suprimir unha paga extra e minoralas coa eliminación do complemento específico. Mentres, no último informe do Consello de Contas (o da Conta Xeral do 2013), o órgano fiscalizador sinala que «continúa a dinámica de redución de gastos de persoal. Excepción: o gasto destinado a altos cargos e a delegados territoriais, que se incrementou nun 11,82 %, a pesar de ter reducido o seu número».

Prometía nas mesmas datas funcionarizar por lei a seis mil empregados públicos laborais; pero logo amortizou máis de seis mil prazas públicas sen lei. A consolidación do persoal laboral dorme o soño dos xustos dende o 2008; as ofertas de emprego seguen a ser raquíticas, negando a toda unha xeración o dereito ao acceso a unha praza no sector público mentres a media de idade dos empregados públicos está máis ben cerca da xubilación; e hai escalas e persoal laboral que o único concurso que viron na autonomía foi o Supermartes.

Amosando unha total falla de respecto polos seus empregados, non dubida en utilizalos politicamente na prensa amiga nin en colaborar activamente en manter a imaxe destes como casta privilexiada con máis dereitos ca o resto dos traballadores e menos ganas de traballar (lembren as declaracións sobre o absentismo laboral, o código ético para os empregados públicos ou a avaliación do desempeño), deixando caer que o país está como está non pola incompetencia dos seus gobernantes, senón dos seus funcionarios.

Endurece a última hora o acceso á xa de seu esporádica e mesquiña oferta de promoción interna, cuestionando a profesionalidade dos seus propios empregados. A oferta é especialmente anecdótica nos corpos superiores, cando existen máis interinos nos corpos A1 e A2 que nos corpos inferiores, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral da Función Pública.

Coa Lei de emprego público, instaura un sistema dedocrático para os postos directivos e de maior nivel e responsabilidade, coa desculpa, novamente, da falta de coñecemento e profesionalidade dos empregados seleccionados conforme a procedementos obxectivos. O informe sinalado do Consello de Contas dá tamén pistas neste sentido, reprobándolle á Administración diversas deficiencias na regularidade contable e legal na execución do orzamento de gastos, entre outras:

— o incumprimento sistemático do principio de anualidade orzamentaria;
— a ampliación de créditos para os mesmos conceptos de gastos que nos anos anteriores, sen cumprir as condicións de imprevisibilidade;
— o fondo de continxencia que, lonxe de servir para gastos imprevistos e non discrecionais, se usou para a cobertura de gastos cunha estimación moi pouco realista, reiteradamente orzados á baixa;
— o uso excesivo do programa 621B (imprevistos e funcións non clasificadas), coa finalidade de facer de programa ponte para realizar transferencias de crédito alterando os límites fixados pola normativa.

Este incumprimento reiterado dunha lei, que coñece sobradamente calquera funcionario/a, debería facer reflexionar sobre os criterios que utilizan para designar o persoal directivo, pois entre eles non estaría de máis que incluísen o coñecemento da normativa básica.

Hai que ser un cara lavada para presumir de capacidade de xestión, cando pasou case un ano dende a convocatoria do concurso de traslados dos corpos xerais (o de laborais leva anos sen convocar), un procedemento ordinario e sinxelo de provisión de postos, e aínda estamos nas baremacións provisionais. Entre a lei de reforma política do 77 e a entrada en vigor da Constitución non pasaron nin dous anos, e estamos a falar dun cambio de réxime político con todo o que iso supuxo. Por non falar dos prazos de execución das ofertas de emprego. Organizacións internacionais como a UE construíronse e desenvolvéronse en menos tempo do que tardan algunhas prazas do sector público autonómico entre a súa oferta e a posterior convocatoria e toma de posesión. Este é o balance da súa xestión en materia de persoal, señor presidente.

Disque choraba no momento de comunicar a boa nova. Tamén chorabamos nós, só de pensar noutros catro anos de inexistente xestión.
 

As bágoas de crocodilo do candidato do PP á Xunta de Galicia

xoves 14 de abril de 2016

Áreas temáticas relacionadas

Sectores - Administración autonómica - Actualidade
Actualidade - Opinión

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS