Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
No centro, Juan Zas e Ramón Sarmiento (CCOO), acompañados por delegadas de persoal na Fundación

CCOO denuncia a explotación laboral en Proxecto Home Galicia

  • O sindicato lamenta que a dirección da Fundación manteña as persoas usuarias como «reféns» da mala xestión
  • A Inspección de Traballo obriga a Fundación a pagalles aos traballadores e traballadoras uns 14.000 euros en concepto de salarios e cotizacións sociais non percibidos durante as baixas médicas
04.10.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia explotación laboral na Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home Galicia) e reproba que a dirección utilice as persoas usuarias como «reféns» para presionar os seus propios traballadores e traballadoras. Segundo CCOO, ante a crecente mobilización interna en defensa dos dereitos laborais, a dirección da fundación reaccionou pechando dous centros de traballo, causando un grave prexuízo tanto ao seu persoal como ás persoas usuarias.

Angela Serantes describe a situación logo dunha sentenza do TSX que consideraba nula a cláusulas do contrato de traballo en Médicos Sen Fronteiras por consideralas abusivas

06.08.2018.

Hai apenas uns días o TSXG declaraba nula a cláusula 7 dos contratos das captadoras e captadores de MSF, unha cláusula que esixe que o persoal alcance uns obxectivos mínimos en canto a número de socios así como un financiamento mínimo. Non alcanzar este dobre obxectivo supón para os traballadores e traballadoras a aplicación dun despedimento disciplinario, sen indemnización, o que supón unha alta taxa de rotación. A responsable de xuventude da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia, Ángela Serantes o explica neste video

Orgullo 2018 en Vigo

CCOO participa nas manifestacións do Orgullo 2018 en Galicia

01.07.2018.

CCOO, como sindicato de clase e axente vertebrador de cohesión social, ten a responsabilidade de velar polos dereitos das persoas LGTBI, garantindo a igualdade de oportunidades real, especialmente no mundo do traballo. Por iso, este 28 de xuño renova o seu compromiso de traballar para erradicar as situacións de rexeitamento, discriminación e/ou acoso a persoas por motivo da súa orientación sexual, expresión e/ou identidade de xénero; así como velar pola igualdade de condicións laborais de todas as persoas no ámbito da empresa, en especial, das persoas trans.

I Encontro de diversidade sexual e xénero

A igualdade por diversidade sexual e de xénero, un obxectivo da negociación colectiva

27.01.2018.

Baixo o lema «o orgullo da xente traballadora», a Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO organiza o primeiro encontro de diversidade sexual e xénero na acción sindical, celebrado os días 23 e 24 de xaneiro e ao que asistiron representantes de case todos os territorios e sectores federais. A FSC Galicia estivo representada pola secretaria das Mulleres e Igualdade, Mary Rodríguez, e a responsable de Xuventude, Ángela Serantes.

CCOO continúa a denunciar os despedimentos en MSF

Campaña de apoio ao persoal de Médicos Sen Fronteiras

21.08.2017.

CCOO inicia unha campaña de apoio ao persoal de Médicos Sen Fronteiras, un paso máis nas accións postas enmarcha polo sindicato contra os despedimentos e a precariedade laboral na oenegué. No marco desta iniciativa, entre hoxe e o próximo día 30 de agosto publicaranse vídeos de apoio nas redes sociais do sindicato.

CCOO contra os despedimentos en MSF

DESPEDIMENTOS EN MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

  • Comisións Obreiras denuncia os despedimentos das captadoras e captadores de socias en Médicos Sen Fronteiras
  • A ONG fai efectiva, dende o 6 de xullo, a cláusula de obxectivos abusivos que CCOO denunciou perante o TSXG
07.07.2017.

Tras a acampada de traballadores e traballadoras de Médicos Sen Fronteiras a pasada semana diante da sede da empresa en Santiago de Compostela, a Sección Sindical de CCOO logrou establecer un espazo para o diálogo coa ONG, coa finalidade de tratar a actual situación de precariedade á que se ven sometidos os captadores e captadoras de socias.

concentracion en Santiago

Acampada en Santiago de Compostela contra os despedimentos en Médicos Sen Fronteiras

  • Instalaranse en tendas fronte á sede de MSF na capital galega; a protesta encádrase na campaña de CCOO contra a precariedade laboral nas oenegués
26.06.2017.

Traballadoras e traballadores de Médicos Sen Fronteiras (MSF) iniciarán mañá martes, día 27 de xuño, unha acampada en Santiago de Compostela para protestaren contra os despedimentos nesta entidade. A acción encádrase na campaña de Comisións Obreiras (CCOO) contra a precariedade laboral nas oenegués. O sindicato denuncia que o uso de cláusulas «abusivas» nos contratos das captadoras e captadores de socios podería implicar o despedimento do 80 % do cadro de persoal de MSF.

II Cineforum "CINE EN PRESENTE"

A Secretaría de Xuventude da FSC-Galicia, satisfeita cos resultados do II Cinefórum «CINE EN PRESENTE»

  • O pasado xoves 27 de outubro, a Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO en Galicia, en colaboración co ERLAC, organizou a segunda edición do CINEFÓRUM: CINE EN PRESENTE. Conflitos sociolaborais reflectidos no audiovisual
31.10.2016.

A Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña foi o lugar escollido para este II Cinefórum «Cine en presente. Conflitos sociolaborais», organizado en colaboración coa súa Fundación, e que contou coa participación como relatores de Libertad Camino Alcocer Onrubia, secretaria de Xuventude da FSC de CCOO, Iván Vizcaíno Ramos, profesor de Dereito Sindical na Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña e Olalla Carballeda Feijóo, secretaria de Xuventude da FSC de CCOO Galicia.

Xuventude de CCOO advirte do empeoramento da precariedade e das condicións de traballo da mocidade

10.08.2018.

Co gallo do Día Internacional da Mocidade, que se celebra o 12 de agosto, XUVENTUDE CCOO denuncia o empeoramento das condicións laborais dos mozos e mozas e denuncia a proliferación de empregos lixo ligados a plataformas dixitais como Deliveroo, Globo... e outras empresas ancoradas en situacións de fraude, abusos e explotación, e tamén o papel que xogan as Empresas de Traballo Temporal (ETT) na precariedade —subministrando man de obra precaria para grandes empresas—. Todo isto impide aos mozos e mozas construír proxectos de vida a medio e longo prazo.

O TSX de Galicia anula a cláusula de produtividade en Médicos sen Fronteiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditamina como nula a cláusula de produtividade que Médicos sen Fronteiras aplica ao persoal de captación de socios e socias no conxunto do Estado

03.08.2018.

Hai apenas uns días o TSXG declaraba nula a cláusula 7 dos ontratos das captadoras e captadores de MSF, unha cláusula que esixe que o persoal alcance uns obxectivos mínimos en canto a número de socios así como un financiamento mínimo. Non alcanzar este dobre obxectivo supón para os traballadores e traballadoras a aplicación dun despedimento disciplinario, sen indemnización, o que supón unha alta taxa de rotación.

Xornada Diversidade e Igualdade FSC Galicia

Xornada Diversidade "sensibilizar, visibilizar, normalizar"

  • A xornada se celebrará o día 7 de xuño en Santiago de Compostela, na que se fará un repaso aos conceptos, a lexislación galega, acción sindical, recursos sindicais, negociación colectiva e discriminación LGTBfobia.
  • Porque ser lesbiana, gai, transexual, bisexual ou intersexual non é ningún problema, O problema é ter e padecer de LGTBIfobia.
05.06.2018.

Dende CCOO loitamos porque a diversidade sexual e a identidade de xénero sexan un evento visible e respectado en todos os ámbitos, incluído no traballo, xa que a pesar dos esforzos realizados e dos avances logros, aínda queda un longo camiño para garantir a eliminación das desigualdades para persoas que non se identifican coas expectativas de xénero socialmente establecido, debido aos estereotipos e prexuízos sociais preestablecidos e que nos marcan culturalmente e na educación recibida dende idades pequenas.

Concentración fronte á sede de MSF na rúa do Vilar, en Santiago de Compostela

CCOO denuncia os abusos laborais de Médicos sen Fronteiras cunha nova concentración fronte á súa sede

  • O sindicato asegura que a oenegué utilizou unha cláusula abusiva nos contratos para renovar oito veces o seu cadro de persoal nun ano, do que formaron parte 250 persoas para só trinta postos
31.08.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) convocou o mércores unha nova concentración contra os despedimentos e os abusos laborais en Médicos Sen Fronteiras. A acción tivo lugar fronte á sede da oenegué en Santiago de Compostela. O sindicato rexeita os despedimentos na entidade, baseados na execución dunha cláusula contractual que coida abusiva e que está denunciada perante a Xustiza.

MSF DESPIDE

Médicos Sen Fronteiras despide a traballadores e traballadoras da captación de socias

  • A cláusula de obxectivos que Comisións Obreiras leva meses denunciando por abusiva, fixo posible o despido esta mesma semana de traballadores da captación de socias en Vigo e Coruña
22.07.2017.

A cláusula de obxectivos que Comisións Obreiras leva meses denunciando por abusiva, fixo posible o despido esta mesma semana de traballadores da captación de socias en Vigo e Coruña.

Despedimentos en Médicos sen Fronteiras

  • A ONG fai efectiva, dende o 6 de xullo, a cláusula de obxectivos abusivos que CCOO denunciou perante o TSXG
07.07.2017.

Comisións Obreiras denuncia os despedimentos das captadoras e captadores de socias en Médicos Sen Fronteiras

CCOO denuncia a precariedade no sector

CCOO inicia mobilizacións contra a precariedade nas ONG e os despedimentos en Médicos sen Fronteiras

13.06.2017.

Cunha concentración diante do museo MARCO, CCOO iniciará mañá mércores, día 14 de xuño, a campaña de mobilizacións contra a precariedade nas oenegués e os despedimentos en Médicos sen Fronteiras.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS