Comisiones Obreras - FSC Galicia

CCOO gaña as eleccións en Correos Coruña

CCOO ratifica a súa condición de primeiro sindicato en Correos tras vencer tamén na provincia da Coruña

  • O sindicato ten o 36,1 % dos delegados e delegadas da empresa na provincia e o 38,6 % en Galicia
24.01.2020.

Comisións Obreiras (CCOO) ratifica a súa condición de primeiro sindicato en Correos tras vencer tamén as eleccións sindicais na provincia da Coruña. As votacións tiveron lugar o xoves desta semana, mentres que nas restantes tres provincias xa foran a mediados do pasado mes de decembro.

Mobilizacións en Vitrasa

Un ano despois,continúan as mobilizacións en Vitrasa

  • O 17 de outubro, o Comité de empresa concentrouse diante das instalación da empresa Vitrasa
18.10.2019.

O Comité de empresa concent rouse diante das instalación da empresa Vitrasa en Vigo reivindicando a maioria das deficiencias denunciadas e non resoltas: horarios de traballo e descanso ó longo da xornada, rexistro horario, contratacións, seguridade e hixiene laboral, uniformidade, Plan de Igualdade… e otros temas que teñen que ter una solución XA

CCOO denuncia os servizos mínimos «abusivos» decretados por Renfe e o Goberno central

CCOO salienta o alto grao de participación na folga de Renfe malia os servizos mínimos «abusivos»

  • Secundou o paro máis redor do 70 % do persoal con posibilidade de facer folga, informa CCOO
15.07.2019.

O sector Ferroviario de CCOO de Galicia informa de que máis do 70 % do persoal con posibilidade de facer folga secundou os paros convocados hoxe en Renfe, que obrigaron á suspensión de máis de sesenta liñas. O sindicato lamenta que os servizos mínimos «abusivos» impediron a adhesión á convocatoria de todas as traballadoras e traballadores que o desexaban.

CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Arzúa

  • Ata hai catro anos Comisións era a segunda forza sindical, pero agora logrou toda a representación
11.06.2019.
Casa do Concello de Arzúa | Foto: P. Lameiro (Wikipedia)

O luns, 10 de xuño, celebráronse as eleccións sindicais no Concello de Arzúa, tanto para o persoal laboral (43 traballadores e traballadoras) como para o funcionario (11). Comisións Obreiras gañou estes comicios e fíxoo, ademais, logrando toda a representación: catro delegados e delegadas, por ningún da CIG.

Renovada a Sección Sindical de CCOO de Extel A Coruña

  • Inés Papin Estévez saíu reelixida secretaria xeral de CCOO en Extel A Coruña
  • Aprobouse por unanimidade o informe xeral, no que se expuxo o traballo realizado durante estes catro anos
07.06.2019.
Renovada a Seccion Sindical Extel

O 7 de xuño celebrouse o Congreso da Sección Sindical de Extel A Coruña. En representación da Sección Sindical Estatal de Extel e da executiva do Sector Estatal asistiu Trinidad Molina, que fixo unha valoración moi positiva do traballo realizado pola Sección Sindical da Coruña. Tamén participaron compañeiros e compañeiras do grupo de traballo do sector de Galicia.

A Xustiza avala diferentes demandas de CCOO contra a precariedade nas Administracións públicas

  • Salienta unha sentenza do Tribunal Supremo que converteu en indefinida non fixa unha traballadora da Xunta que levaba case trinta anos como interina
28.05.2019.
A Xustiza avala varias demandas de CCOO contra as Administracións | Foto: daniel_b_photos (Pixabay)

Os servizos xurídicos do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia gañaron no último mes, e en diferentes instancias, varias demandas importantes contra a precariedade nas Administracións públicas. Entre os casos que agora dá a coñecer o sindicato salienta o dunha traballadora da Xunta que levaba case trinta anos como interina.

En Galicia, CCOO gaña as eleccións sindicais en Telefónica de España

  • CCOO consegue a representación do 50% de delegados e delegadas en Galicia
  • A representación por provincias é como segue: A Coruña con 6 delegados/as, Ourense con 3 delegados e Lugo con 1 delegada, máis os 8 delegados e delegadas de Pontevedra.
21.05.2019.
CCOO gaña as EESS de TElefónica en Galicia

O pasado 16 de maio celebráronse as eleccións sindicales de Telefónica de España nas provincias da Coruña, Ourense e Lugo; en Pontevedra renovaranse os delegados e delegadas elixidos no 2020.

CCOO denuncia actitudes antisindicais contrarias a dereito no Concello de Ourense

  • CCOO adverte que "non se vai consentir que se persiga aos delegados e delegadas da organización en ningunha empresa, e moito menos no Concello, pola simple realización das funcións propias para as que foron elixidos"
10.05.2019.
Roda de prensa de CCOO

CCOO quere denunciar publicamente o acoso e persecución sindical que están a sufrir os delegados de CCOO no Concello de Ourense que ven derivada do libre e responsable exercicio activo da súa función representativa legal no libre e lexítimo acción da súa función constitucional exercida dende a seriedade e responsabilidade.

CCOO é o primeiro sindicato en representación nas deputacións provinciais galegas

CCOO é o primeiro sindicato en representación nas deputacións provinciais galegas

  • Comisións Obreiras gañou as eleccións sindicais no conxunto do persoal laboral e funcionario e ten unha representación do 40 %, case o dobre que o segundo sindicato
22.01.2020.

Rematado o proceso de eleccións sindicais nas deputacións provinciais galegas, Comisións Obreiras (CCOO) revalida a súa condición de primeiro sindicato en representación. No conxunto do persoal laboral e funcionario, esta organización ten o 40 % de delegados e delegadas, case o dobre que o segundo sindicato.

Peche dos delegados e delegadas da ONCE na Coruña

CCOO mobilízase contra a represión sindical na ONCE e pola estabilidade laboral dos vendedores e vendedoras do cupón cun encerro e unha concentración

  • O sindicato convoca unha concentración na Coruña contra a vulneración de dereitos dunha delegada de Lugo e doutro de Pontevedra
  • Previa a manifestación convocada por CCOO para mañan as 12.00 diante da Delegación Territorial da ONCE en A Coruña, tivo lugar hoxe unha reunión de CCOO coa Dirección da ONCE Galicia nun último intento de dialogo e arranxar os problemas que afectan ós traballadores da ONCE, e en particular nos casos de vulneración de dereitos sindicales ós delegados de CCOO.
17.01.2020.

A intranxixencia da dirección para buscar solucións, provocou que os compañeiros da delegación procederan a un encerro na Delegación Territorial en sinal de protesta ata a manifestación que terá lugar mañá diante da mesma.A sección sindical intercentros de CCOO na ONCE mobilízase contra a represión sindical nesta entidade. O sindicato conoca unha concentración para o próximo sábado día 18 de xaneiro, ás 12 horas, para denunciar a vulneración dos dereitos dunha delegada de Lugo e doutro de Pontevedra. A protesta terlugar diante da dirección territorial de Galicia, na Coruña. Dez minutos antes faranse declaracións aosmedios de comunicación.

Xuventude en pé!

08.01.2020.
Conferencia confederal de Xuventude

Os días 17 e 18 de abril deste ano, CCOO celebrará unha Conferencia de Xuventude na que, co lema «Xuventude en pé! Repensar. Cambiar. Actuar», a xente nova afiliada ao sindicato debaterá sobre a problemática laboral e social da mocidade española e as fórmulas máis axeitadas para impulsar a incorporación e participación da xuventude traballadora en CCOO.

Máis dun 80% de seguimento da folga en Extel contra os despedimentos por enfermar

09.12.2019.
Concentración ás portas da empresa

Masivo seguimento da folga en Extel contra os despedimentos por enfermar. O paro, convocado por CCOO, CGT e CIG, serviu para rexeitar as prácticas antisociais da empresa, que se aproveita da marxe legal da recente sentenza do Tribunal Constitucional que avala o despedimento das persoas que estean de baixa médica.

Esíxenlle ao Concello de Ourense unha solución para o servizo de atención a domicilio

18.11.2019.
CCOO afirma que a situación é de «absoluta incerteza»

Un cento de traballadoras do servizo de atención a domicilio (SAD) do Concello de Ourense concentráronse hoxe diante da Casa Consistorial, na praza Maior. Esixen unha solución, xa que o concurso público quedou deserto e a actual concesionaria, Sacyr, informou de que cesará na prestación o 30 de novembro.

Despatoloxización das identidades trans!! Polo dereito á autodeterminación do xénero

  • Un ano máis FSC-CCOO denunciamos publicamente a necesidade dunha lei estatal que despatoloxice as identidades trans, e reivindicamos o dereito que temos as persoas á autodeterminación do noso propio corpo e xénero.
22.10.2019.
A transfobia enferma!

Vai alá máis dun ano desde que o CIE 11 eliminou os códigos trans do capítulo de «trastornos mentais e de comportamento» e que os incluíu nun novo código como «incongruencia de xénero»; un cambio que celebramos con cautelas xa que, se ben supoñía un certo progreso, aínda quedaba moito por facer para conseguir unha despatoloxización trans real.

Rexeitan na Coruña a deslocalización de postos de traballo en R Cable

23.10.2019.
Remate da manifestación fronte á sede de R Cable

Os sindicatos Comisións Obreiras, CGT, CIG e UGT convocaron o martes unha manifestación na Coruña para esixirlle a R Cable a paralización inmediata do traslado de servizos e emprego fóra de Galicia. Unha deslocalización que, no caso dos servizos de operación e mantemento de rede, previsiblemente se fará efectiva o 31 de outubro, afectando a numerosas empresas e a centos de traballadores e traballadoras en toda a provincia.

As centrais sindicais convocan manifestación o 22 de outubro contra o traslado de servizos e emprego iniciado por R Cable

  • A mobilización sairá ás 19:00 horas da tenda de R situada na Rúa Compostela na Coruña
15.10.2019.
mobilizacións en R

As centrais sindicais CCOO, CGT, CIG e UGT convocan unha manifestación o vindeiro martes 22 de outubro, para esixir a R Cable a paralización inmediata do proceso de traslado de servizos e do emprego fóra de Galiza. Unha deslocalización que, no caso do servizos de que operación e mantemento de rede, previsibelmente se fará efectiva a data de 31 de outubro, afectando a numerosas empresas e a centos de traballadores e traballadoras en toda a provincia.

VITRASA incumpre cos compromisos acordados

  • O Comité de Empresa, fai un ano, fixo varias reivindicacións: réxime de traballo e descansos na xornada, horas extra, eventualidade, recadación, plan de igualdade, uniformidade, subrogación,
23.09.2019.
Vitrasa incumpre os acordos

A día de hoxe, as principais reivindicacións seguen sen resposta e a isto engádese a problemática xurdida durante estes meses e que vemos que Vitrasa non ten intención de solucionar.

CCOO amosa a súa repulsa polos últimos asasinatos machistas

17.09.2019.
Loito en CCOO

Dende o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia condenamos os novos asasinatos machistas e transmitímoslles as nosas condolencias á familia das mulleres asasinadas onte.

Contra a violencia de xénero
Contra a violencia de xénero
Violencia de Xénero
Violencia de Xénero
Un solo cuerpo de bomberos, una sola voz
Un solo cuerpo de bomberos, una sola voz
Propuestas contra la violencia de género
Propuestas contra la violencia de género
  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS