Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

venres 15 de marzo de 2019

Melloras do novo subsidio para maiores de 52 anos

​O Real Decreto 8/2019 traslado ao marco normativo o acordo entre os sindicatos e o Goberno que recupera o subsidio de maiores de 52 anos. Ademais de derrogar os recortes do 2012 para este subsidio, inclúense melloras para as persoas beneficiarias.

O novo subsidio ten substanciais melloras respecto do anterior grazas ao acordo cos sindicatos

O novo subsidio ten substanciais melloras respecto do anterior grazas ao acordo cos sindicatos

As principais novidades do novo subsidio, fronte á modalidade anterior, son:

—  Acceso a partir dos 52 anos, e non aos 55.

—  Duración do subsidio ata a idade ordinaria de xubilación (actualmente, extinguíase na primeira idade posible de xubilación anticipada).

—  Base de cotización polo 125% da base mínima de cotización, fronte ao 100% anterior. Isto, unido ao incremento do salario mínimo interprofesional, supón un incremento do 52,97% sobre a situación en 2018 (ata alcanzar a base de cotización, nestes casos, os 1312,5 euros).

—  Toma en consideración exclusivamente os ingresos da persoa en desemprego. Isto foi corrixido grazas a unha sentenza do Tribunal Constitucional.
Outras melloras, que se deben exclusivamente ao acordo entre sindicatos e Goberno, son:

—  Acceso ao subsidio completo, aínda que se proceda dun emprego a tempo parcial.

—  Non esixe cotizar durante 90 días previamente á percepción do subsidio.

—  Garantía dos plenos efectos dos períodos cotizados con este subsidio para acceder a calquera modalidade de xubilación.

Estas modificacións aplicaranse aos novos subsidios, aos que se retomen cando entre en vigor desta norma (13 de marzo de 2019) e aos que nesa data o estivesen percibindo.

Melloras do novo subsidio para maiores de 52 anos

venres 15 de marzo de 2019

Ligazóns de interese relacionadas

Documento resumindo as melloras do novo subsidio [PDF]

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS