Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

xoves 25 de abril de 2019

As lesbianas somos diversas, somos trans, cis, mozas, maiores, migrantes,con capacidades diferentes…

  • Este venres, 26 de abril, celebramos o Día da Visibilidade Lesbia, un día para facer visible a realidade lesbia e reivindicarmos o noso espazo, os nosos dereitos e as nosas vidas...

Día da Visibilidade Lesbia

Día da Visibilidade Lesbia

Durante séculos, as leis, as relixións, a medicina, a cultura… a sociedade, negounos ás mulleres a posibilidade de crear, a liberdade de amar e ata a nosa propia sexualidade. Prohibíusenos ocupar espazos alén do estritamente doméstico, e, cando o fixemos, a Historia borrou os nosos logros e os nosos nomes.
Nunha sociedade en que se presupón erroneamente a heterosexualidade de todas as persoas e na que se pretende impoñer unha identidade, uns corpos, uns roles de xénero, uns estereotipos cisheteronormativos e onde o desexo entre mulleres non entra no pensamento heteronormativo, as mulleres lesbianas somos percibidas como unha ameaza.
Neste contexto, aínda presente en maior ou menor medida na maioría dos países, ser lesbiana resulta complicado, máis aínda se se ten unha expresión de xénero non normativa, se se é maior, etc. O amor e o desexo entre mulleres non ten cabida nun sistema heteropatriarcal que teima en manter o absurdo discurso de que somos mulleres confusas, necesitadas e incompletas, cando non frustradas e acomplexadas.
Todo isto lévanos a unha invisibilidade imposta que xera, fomenta e retroalimenta prexuízos e estereotipos xa preestablecidos, fainos máis vulnerables aínda porque nega a nosa existencia e, polo tanto, a nosa realidade, as nosas necesidades e os nosos dereitos.
A lesbofobia está presente de forma constante e continuada nos ámbitos públicos e privados, incluído o laboral. Polo feito de ser mulleres que aman e desexan a outras mulleres, somos vítimas de múltiples situacións de discriminación e exclusión na nosa vida cotiá que van desde o desprezo, o insulto, pasando pola sorprendente falta de interese en ámbitos como o sanitario, o civil ou o administrativo, ata situacións máis graves como o acoso laboral, as agresións verbais e físicas, sen esquecer a expulsión en lugares públicos de mulleres que se bican.
A lesbofobia tamén se produce ao ocultar todas aquelas situacións anteriormente expostas, ben sexa obviando que sucederon ou evitando falar delas, minimizando así a súa importancia. Unha parte rancia da sociedade aínda se resiste e, coma antano, quere que volvamos vivir a nosa afectividade na intimidade máis absoluta.
Visibilizar as nosas realidades afectivo-sexuais e a nosa diversidade en todas as esferas sociais é unha ferramenta efectiva para apoderarnos e facermos fronte á lesbofobia, a discriminación e o acoso laboral.
Para FSC-CCOO é indispensable loitar pola visibilidade lesbia no ámbito laboral, potenciando así a aparición de referentes que, sen dúbida, contribúe a normalizar a diversidade e a convivencia.
FSC-CCOO seguimos reclamando espazos de traballo libres de lesbofobias, negociando cláusulas nos convenios colectivos que acaben coas discriminacións e todas as formas de acoso que poidamos sufrir as mulleres por sermos lesbianas e visibilizarnos.
 

As lesbianas somos diversas, somos trans, cis, mozas, maiores, migrantes,con capacidades diferentes…

xoves 25 de abril de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad
Actualidade - Mulleres e Políticas de igualdade - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS