Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

martes 30 de abril de 2019

CCOO e UGT chaman á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade

  • Os dous sindicatos convocan varias manifestacións en Galicia baixo o lema «Primeiro as persoas»

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia fan un chamamento á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade. Os dous sindicatos convocan varias manifestacións na comunidade autónoma baixo o lema «Primeiro as persoas», coa intención de «encher as rúas a favor do emprego de calidade» e instar á conformación dun Goberno no Estado que aborde «con urxencia» unha axenda social. Nesta xornada reivindicativa, os secretarios xerais de ambas as organizacións participarán na marcha convocada na Coruña.

CCOO e UGT convocan manifestacións en toda Galicia o Primeiro de Maio

CCOO e UGT convocan manifestacións en toda Galicia o Primeiro de Maio

Cambio de modelo produtivo

UGT e CCOO lembran que os beneficios do crecemento económico «só os están aproveitando uns poucos», pois as rendas do traballo non medran ao mesmo ritmo ca os beneficios empresariais. A pobreza e a desigualdade en todas as súas vertentes son «problemas reais» na nosa sociedade.

Ambos os dous sindicatos tamén reivindican un cambio de modelo produtivo cara a outro sostible e integrado co medio ambiente. Cómpre pór en marcha reformas que sirvan para transformar o tecido produtivo, potenciando un sector industrial que apenas representa o 17 % do PIB galego, e diversificando un modelo de crecemento demasiado dependente do sector terciario e do turismo. Do contrario, auguran que o crecemento de emprego será «feble e precario», pon postos de traballo «con data de caducidade», como se puxo de relevo na última enquisa de poboación activa (EPA).

Axenda social

Desde CCOO e UGT coidan que «a cidadanía falou nas urnas o 28 de abril» e que o desexo da maioría é «a conformación dun Goberno progresista no Estado que desenvolva unha intensa axenda social». Entre as principais tarefas sitúan a derrogación das reformas laborais de 2010 e 2012 e combater o abuso das figuras laborais que aumentan a precariedade. Os sindicatos instan ao regreso ao diálogo social, á negociación colectiva sectorial e unha sociedade «xusta e cohesionada». Para conseguilo, hase reforzar o Estado do benestar con medidas como a derrogación da reforma de pensións de 2013, un plan de choque polo emprego de calidade ou unha reforma fiscal para dotar de máis recursos o sistema, entre outras actuacións.
 
Manifestacións do Primeiro de Maio (CCOO e UGT)

— A Coruña (acto central): saída ás 12:00 da praza da Palloza
— Ferrol: saída ás 12:00 da praza do Inferniño
— Santiago de Compostela: saída ás 11:45 da Alameda
— Lugo: saída ás 12:30 do edificio de sindicatos (rolda da Muralla)
— Burela (só UGT): concentración ás 12:00 na praza da Mariña
— Viveiro (só CCOO): saída ás 11:45 da rúa de García Dóriga
— Ourense: saída ás 12:00 do pavillón dos Remedios
— Vilagarcía de Arousa: saída ás 12:00 da praza de Ravella
— Pontevedra: saída ás 11:00 da praza da Ferrería
— Vigo: saída ás 11:30 do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz

CCOO e UGT chaman á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade

martes 30 de abril de 2019

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS