Comisiones Obreras - FSC Galicia

venres 10 de maio de 2019

CCOO denuncia actitudes antisindicais contrarias a dereito no Concello de Ourense

  • CCOO adverte que "non se vai consentir que se persiga aos delegados e delegadas da organización en ningunha empresa, e moito menos no Concello, pola simple realización das funcións propias para as que foron elixidos"

CCOO quere denunciar publicamente o acoso e persecución sindical que están a sufrir os delegados de CCOO no Concello de Ourense que ven derivada do libre e responsable exercicio activo da súa función representativa legal no libre e lexítimo acción da súa función constitucional exercida dende a seriedade e responsabilidade.

Roda de prensa de CCOO

Roda de prensa de CCOO

A dirección provincial e federal de CCOO considera que "o abrupto traslado forzoso de posto de traballo do delegado e portavoz da sección sindical, Manuel Pérez Grande, sin que previamente mediase ningún tipo de informe de necesidades ou causa razonable, nin explicación razonada da xustificación de tal traslado, deriva en que debemos concluír con contundencia que tal decisión é punitiva, forzosa e represiva consecuencia do exercicio activo critico do delegado de CCOO removido inxustificadamente do seu posto de traballo exercido con absoluta normalidade nos ultimos 11 anos. Para CCOO, mais grave é que o traslado se lle comunicou por escrito logo dos previos actos intimidatorios e, cando quixo tomar posesión no novo destino, dixeronlle que non tiñan coñecemento do mesmo, nin tiñan necesidade de persoal. CCOO achaca esta situación surreal a un desastre organizativo na xestión dos recursos humanos do concello posto que o delegado de CCOO perseguido, recibiu nova comunicación para que se incorporara noutro servizo, onde lle pasou o mesmo que no anterior, sendo rebotado a un terceiro destino onde tomou posesión definitivamente, dándose a paradoxa de que o seu posto de orixe (coordenador da oficina de atención ao cidadán), segue sen cubrirse a pesares da necesidade de persoal expresada pola xefa deste servizo. CCOO consideramos que esta actuación persecutoria do Concello, personalizada no propio Alcalde, Xesús Vázquez, na connivencia activa, inactiva ou colaborativa da concelleira de persoal, Flora Moure, e na intervención interesada do recentemente politico/sindicalista/profesional cesado nos seus cometidos de xefe de persoal do concello mediante sentenza do TSXG do como respondsable (ilegal) dos recursos humanos do concello, Xavier García Novoa, ven derivada da acción sindical exercida pola Sección Sindical de CCOO, que se adicou, dende a recuperación representativa, a denunciar a nefasta xestión que, en materia de persoal, está a acontecer noo concello: denunciando nomeamentos "dixitais", reparto de prebendas, etc, etc,etc, ... é dicir, "unha xestión caciquil e impositoria" da negociación colectiva que perverte a xestión dos recursos humanos do concello e dinamita o obrigado respeto legal ao libre exercio da representatividade sindical" CCOO considera infame a actitude dos responsables políticos do Concello de Ourense respostando ás críticas sindicais con persecución sindical, traslados forzosos, mil e unha pegas á hora de conceder permisos, licenzas e vacacións aos delegados de CCOO, " o que denota que o talante democrático dos actuais responsables do Concello é moito mais que discutible e mais propio doutras épocas pretéritas" e adverte que "non simos consentir que se persiga aos delegados e delegadas da organización en ningunha empresa, e moito menos no Concello, pola simple realización das funcións propias para as que foron elixidos" Informan dende CCOO que os servizos xurídicos da organización sindical están estudando o caso e preparando a correspondente demanda xudicial por persecución sindical, "non tendo descartada ningún outro tipo de iniciativa ou medidas de presión para solucionar o asunto e que se restitúa ao delegado de CCOO no seu posto de orixe". Hoxe na rolda prensa convocada por CCOO, tanto Pedro L. Barreiros, Secretario Xeral da Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense/Valdeorras, como José Manuel Ramos Varela, Secretario Xeral da Federación de Servizo á Cidadanía de CCOO de Galicia, indicaron a máxima implicación da estrutura territorial e federal de CCOO neste conflito de persecución sindical, "advertindollo públicamente ao equipo de goberno do concello de Ourense que, de non restituir ao delegado de CCOO no seu posto de traballo na Oficina de Atención Pública, dende a organización sindical "adoptarameos todalas medidas xuridicas, administrativas e sindicais ao noso alcance, para restituir acdelegado de CCOO ao posto de traballo que viña exercendo. Restituída esa situación, ofrecemos diálogo. Si persiste a persecución iremos ata onde proceda".

CCOO denuncia actitudes antisindicais contrarias a dereito no Concello de Ourense

venres 10 de maio de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad
Sectores - Administración local - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS