Comisiones Obreras - FSC Galicia

martes 22 de outubro de 2019

Despatoloxización das identidades trans!! Polo dereito á autodeterminación do xénero

  • Un ano máis FSC-CCOO denunciamos publicamente a necesidade dunha lei estatal que despatoloxice as identidades trans, e reivindicamos o dereito que temos as persoas á autodeterminación do noso propio corpo e xénero.

Vai alá máis dun ano desde que o CIE 11 eliminou os códigos trans do capítulo de «trastornos mentais e de comportamento» e que os incluíu nun novo código como «incongruencia de xénero»; un cambio que celebramos con cautelas xa que, se ben supoñía un certo progreso, aínda quedaba moito por facer para conseguir unha despatoloxización trans real.

A transfobia enferma!

A transfobia enferma!

Un ano en que se produciron avances importantes como a Instrución do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, sobre o cambio de nome (que non de sexo) de persoas transexuais no Rexistro Civil, facilitándose ese cambio cando a persoa solicitante declare que se sente do sexo correspondente ao nome solicitado e que non lle é posible obter o cambio da inscrición do seu sexo no Rexistro Civil por non cumprir os requisitos do artigo 4 da Lei 3/2007, do 15 de marzo, reguladora da rectificación rexistral da mención relativa ao sexo das persoas.
Porén, malia todo isto, aínda queda moito por facer para acadar unha igualdade de dereitos das persoas trans e, o máis importante, conseguir o dereito á autodeterminación do corpo e do xénero.
Nun momento político como o actual, de bloqueo institucional e con partidos políticos cunha transfobia pública e declarada, é máis necesaria ca nunca unha lexislación estatal, como xa existe nalgunha comunidade autónoma, fundamentada na despatoloxización das identidades trans; é dicir, a construción dun marco normativo e político que garanta, entre outras: a atención sanitaria, entendida como un dereito básico da cidadanía; a modificación dos documentos oficiais, sen a esixencia dun diagnóstico clínico; a libre expresión das identidades de xénero, como un dereito fundamental do ser humano; a erradicación da transfobia, verdadeira enfermidade das sociedades…
Seguimos asistindo a graves agresións e asasinatos que non teñen outro motivo que a transfobia social que aínda perdura e que cómpre eliminar.

Despatoloxización das identidades trans!! Polo dereito á autodeterminación do xénero

martes 22 de outubro de 2019

Documentos relacionados

Despatoloxización das identidades trans

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad
Actualidade - Mulleres e Políticas de igualdade - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS