Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
CCOO pide unha alta participación nas eleccións sindicais

CCOO pide unha alta participación nas eleccións sindicais que terán lugar mañá entre o persoal funcionario da Xunta

  • Están chamados ás urnas máis de dez mil funcionarios e funcionarias da Administración autonómica
10.04.2019.

Mañá xoves, día 11 de abril, máis de dez mil funcionarios e funcionarias da Xunta de Galicia están chamadas ás urnas. A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO pide unha alta participación nestes comicios «para seguir avanzando na recuperación de dereitos» e para poder formular «novas reivindicacións, realistas e realizables».

Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia decidiu abrir a negociación

A Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia decidiu abrir negociación

  • O Obxetivo é consensuar un acordo marco do sector para o persoal adscrito á prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento de Galicia xestionado por empresas privadas que póda garantir a subrogación do persoal en caso de que se produza un cambio de adxudicatario no servizo.
05.10.2018.

O 9 de marzo de 2018 entrou en vigor a nova Lei de Contratos do Sector Público; esta nova norma impide que cando se licita un servizo o prego de condicións obrigue á empresa entrante a subrogar ó total do plantel do anterior adxudicatario, quedando limitada a subrogación se non se recolle en convenio colectivo do sector.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia abrirá as portas no outono

CCOO censura a privatización do Museo Etnolóxico de Ribadavia tras ser investidos nel 1,36 millóns de euros públicos

  • O sindicato denuncia que, «unha vez máis», o sector privado explotará un ben ou servizo sufragado con diñeiro de toda a cidadanía
03.09.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia a entrega a mans privadas do Museo Etnolóxico de Ribadavia, que abrirá as súas portas o próximo mes de outubro. CCOO rexeita que, após o investimento de milleiros de euros de diñeiro público no acondicionamento do espazo museístico, situado na antiga reitoral de Santo André de Campo Redondo, a Consellaría decida privatizar a xestión e explotación da instalación.

CCOO participa na concentración da Residencia de Campolongo (Pontevedra)

CCOO participou na concentración pola mellora de infraestructuras e persoal na Residencia de Maiores de Campolongo

  • O pleno do Comité de Empresa, ó que pertenece CCOO, acordou facer unha concentración onte diante da Residencia de maiores de Campolongo (Pontevedra) pola necesaria mellora da residencia, tanto no apartado de persoal como no da mellora das infraestruturas do centro para ofrecer un servizo adecuado aos usuarios.
22.06.2018.

Ás necesarias inversións en infraestruturas e persoal, case ningunha delas foi cumprida, o centro sigue sen contar con oxixeno nas habitacións de asistidos, sen tomas de aspiración, ou cun deficiente servizo de ascensores, que en demasiadas ocasións están fora de servizo e durante un largo tempo estiveron en situación irregular por non cumprir coa normativa vixente, polo que a autoridade non daba a OCA para a súa utilización

foto manifestacion bombeiros Pontevedra

Manifestación pola RESCISIÓN de MATINSA e por un SERVIZO PÚBLICO e de CALIDADE dos bombeiros de Pontevedra

29.12.2017.

Hoxe, 29 de decembro, coincidindo coa convocatoria do derradeiro pleno anual da Deputación de Pontevedra, no que se presentou unha moción para solicitar que a xestión de Matinsa sexa investigada polos seus reiterados incumprimentos das condicións do prego de concesión, os bombeiros do Consorcio Provincial de Pontevedra manifestáronse xunta máis dun cento de persoas co lema "pola rescisión de Matinsa e por un servizo público e de calidade"

Manifestación da plataforma Nunca Máis en decembro de 2013 | Foto: Arquivo de CCOO

CCOO lamenta que Galicia siga sen estar preparada para afrontar outro 'Prestige'

  • A maior catástrofe ambiental da historia do noso país non serviu nin sequera para evitar que unha situación similar se repeta
13.11.2017.

Quince anos despois de que o petroleiro 'Prestige' causara fronte ás costas galegas a maior catástrofe ambiental da historia de Galicia, o noso país segue sen estar preparado para afrontar un caso similar. O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) lamenta que este «negro episodio» non servise sequera para adoptar as medidas necesarias para evitar unha nova desgraza.

Loita contra o lume

CCOO denuncia o caos organizativo no distrito XIV do SPDCIF (Verín-Viana)

  • Solicita o cesamento da xefa de distrito por vulneración sistemática dos dereitos dos traballadores e traballadoras
26.07.2017.

Parece ser ou dá a impresión de que no distrito XIV, o que rexistra máis lumes en Galicia e o de maior número de parroquias afectadas por alto risco de incendios, á actual xefa de Distrito non lle importa que este dato cambie, máis ben parece que lle interesa que isto empeore xa que na época de máximo risco e co IRDI (índice de risco diario de incendio) en nivel extremo, obriga as brigadas a facer traballos de inspección e medición de subvencións, que non lle corresponden e son competencia doutros colectivos do SPDCIF, que son os encargados de certificalas.

centro de menores Avelino Montero de Pontevedra

CCOO rexeita calquer intento de privatizacion do centro de menores Avelino Montero de Pontevedra

18.07.2017.

A pesar da boa vontade expresada pola directora xeral de familia, desde CCOO esiximos como proba,a convocatoria inmediata dunha mesa de negociación cos sindicatos representativos para analizar a situación actual e propoñer iniciativas que garanta a continuidade do centro de xestión pública.

Imaxe de arquivo dunha manifestación de bombeiros en Ourense (ano 2016)

Bombeiros de toda Galicia manifestaranse mañá en Madrid

  • Defenden un servizo público de emerxencias e esixen un marco normativo estatal que regule a profesión
25.10.2018.

O sector da Administración local de CCOO informa de que bombeiros de toda Galicia participarán na manifestación convocada para mañá venres, día 26 de outubro, en Madrid. Na capital do Estado defenderán un servizo público de emerxencias e esixirán un marco normativo estatal que regule as funcións e competencias deste colectivo profesional. CCOO coida que deben ser funcionarios de carreira coa condición de axentes de autoridade no exercicio das súas funcións.

A prioridade dos GES é atender ás emerxencias

CCOO lembra que a misión dos GES é responder ás emerxencias, non atender «caprichos dos alcaldes»

  • O sindicato pide abordar nunha mesa de negociación a situación laboral deste colectivo, o recoñecemento dos seus dereitos e a estabilidade do emprego
12.09.2018.

O sector da Administración local de CCOO de Galicia lembra que a misión dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) é, precisamente, responder ante situacións de emerxencia. «Non están para atender caprichos dos alcaldes». O sindicato critica as controvertidas afirmacións realizadas nos últimos días por algúns responsables municipais en relación con este servizo.

CCOO rexeita a substitución da rede de vixilancia fixa dos montes por cámaras

CCOO rexeita a substitución da rede de vixilancia fixa dos montes por cámaras

  • O sector da Administración autonómica do sindicato reivindica melloras en recursos humanos e técnicos para unha loita eficaz contra os incendios
23.07.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) rexeita a substitución da rede de vixilancia fixa dos montes por cámaras. Segundo o sector da Administración autonómica do sindicato, nos últimos anos pechouse de xeito progresivo a metade desta rede fixa, constituída por torretas de vixilancia. Para CCOO, a vixilancia é o primeiro paso na extinción de incendios forestais, xa que a rapidez á hora de detectar o fogo é «a base do éxito».

axentes medio ambientais

A XUNTA PON EN RISCO A VIDA E A SAÚDE DOS AXENTES MEDIOAMBIENTAIS

  • Lamentable estado dos vehículos que deben utilizar estes traballadores
20.03.2018.

As organizacións sindicais con representación no colectivo de axentes medioambientais poñemos de manifesto que se ven na obriga de denunciar a Xunta de Galicia ante a Inspección de Traballo para que a Administración autonómica cumpra cos seus deberes. Unha vez máis, é a Inspección de Traballo a que apercibe as Consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia polos incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais.

Fotografía de arquivo dunha autoestrada cortada por mor dun incendio forestal

CCOO denuncia que a Consellaría do Medio Rural cesa este mes case o 55 % do dispositivo contra incendios

  • O sindicato alerta de que a cifra sobe ao 65 % se se conta a parte do operativo que depende da empresa pública SEAGA
13.11.2017.

Comisións Obreiras denuncia que a Consellaría do Medio Rural cesa este mes case o 55 % do Servizo Público de Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF). Con data do 12 de novembro, o departamento autonómico deixou sen traballo 436 traballadores e traballadoras, aos que se sumarán 626 máis a partir do día 30. Trátase dos integrantes do SPDCIF con contratos fixos-descontinuos de tres e nove meses, respectivamente.

Nunca Máis

Galicia condena e lamenta a vaga de lumes producidas en Galicia nestas últimas horas e quere transmitir unha mensaxe de apoio e animo a tódalas persoas afectadas.

17.10.2017.

A Federación de Servizos a Cidadanía de CC.OO. de Galicia lamenta e condena a vaga de lumes producidas en Galicia, quere transmitir unha mensaxe de afecto, solidariedade e ánimo aos familiares das vítimas mortais e a tódolos afectados polos incendios forestais producidos en Galicia durante o mes de outubro e en particular nestas últimas horas, así como a perda e agresión ao patrimonio natural acontecido na nosa Comunidade Autónoma.

CCOO denuncia o caos organizativo no distrito forestal Verín-Viana

  • Solicita o cese da xefa de distrito por vulneración sistemática dos dereitos dos traballadores e traballadoras
26.07.2017.

CCOO denuncia o «caos organizativo» no distrito forestal XIV (Verín-Viana), que rexistra o maior número de incendios de toda Galicia. O sindicato critica que a actual xefa de distrito «non parece preocupada» de que a situación persista, malia que se trata da zona con maior númeor de parroquias de alto risco incendiario. Por riba, actualmente ten o índice de risco diario de incendio (IRDI) en nivel «extremo». A desorde denunciada por CCOO concrétase en que as brigadas fan traballos de inspección e medición de subvencións, que non lle corresponden e son propios de outros colectivos do SPDCIF, que son os encargados de certificalas.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS