Comisiones Obreras - FSC Galicia

mércores 26 de xullo de 2017

CCOO denuncia o caos organizativo no distrito XIV do SPDCIF (Verín-Viana)

  • Solicita o cesamento da xefa de distrito por vulneración sistemática dos dereitos dos traballadores e traballadoras

Parece ser ou dá a impresión de que no distrito XIV, o que rexistra máis lumes en Galicia e o de maior número de parroquias afectadas por alto risco de incendios, á actual xefa de Distrito non lle importa que este dato cambie, máis ben parece que lle interesa que isto empeore xa que na época de máximo risco e co IRDI (índice de risco diario de incendio) en nivel extremo, obriga as brigadas a facer traballos de inspección e medición de subvencións, que non lle corresponden e son competencia doutros colectivos do SPDCIF, que son os encargados de certificalas.

Loita contra o lume

Loita contra o lume

Como é obvio, as inspeccións e as medicións de subvencións, non son traballo de extinción nin de prevención, o que supón que, se as brigadas están facendo este tipo de tarefas, á hora de acudir a un incendio o tempo de reacción aumenta considerablemente, tempo que é fundamental para atallar un incendio (se chegas ao inicio do incendio tes máis probabilidades de extinguilo, mentres que se o tempo de reacción é maior, o lume estará moito máis estendido, co perigo que iso supón para o patrimonio ecolóxico-forestal e para os traballadores/as da loita contra o lume).
Ademais, a xefa do Distrito XIV, non contenta con esta vulneración das condicións de traballo do persoal do SPDCIF, reguladas en convenio, dedícase a alimentar o malestar do persoal de extinción, cambiándoo de brigada ao seu libre albedrío ou, como se citou anteriormente, no distrito que máis arde de Galicia, onde está o maior número de prazas de persoal de extinción sen cubrir, permítese o luxo de ter brigadistas facendo non se sabe ben que labores na oficina, co beneplácito da Xefatura de Persoal da Consellería de Medio Rural de Ourense.
Dá, por tanto, a impresión de que neste Distrito, grazas a arbitrariedade da súa xefa, hai traballadores de primeira e traballadores de segunda, ou de que se recompensan favores non se sabe a conta de que.  Así, temos exemplos, de que, por simples faltas leves, se lles abre expediente e se sanciona traballadores/as con 20 días de emprego e soldo, mentres que a outros, reincidentes, por faltas graves ou moi graves e con varios informes emitidos na súa contra, desde a Xefatura do Distrito XIV e desde a propia Xefatura de Persoal da Consellería de Medio Rural de Ourense, se corre un tupido velo, ou non se sabe non se contesta.
Porén, desde CCOO solicitamos que a Xefatura de Servizo de Incendios de Ourense non aplique a instrución, remitida o día 13 de xullo pola Dirección Xeral de Ordenación Forestal, sobre traballos de inspeccións e medicións de subvencións, porque incumpre o acordo de condicións especiais de traballo do persoal do SPDCIF, así como que se cese inmediatamente a xefa do Distrito XIV por arbitrariedade nas decisións que toma, por vulnerar os dereitos dos traballadores/as, por inepta na xestión da loita contra os incendios e por ter ilegal e inxustificadamente a traballadores/as das brigadas sen ocupación ou en tarefas que non se corresponden co se contrato.
Por tanto, se desde a Xefatura Territorial non se toma ningunha medida ao respecto, desde CCOO consideraremos que existe conivencia activa ou pasiva, co mantemento destas irregularidades, tanto na desorganización do dispositivo de loita contra o lume e de prevención e extinción de incendios, como no mantemento de irregularidades na xestión do persoal e na vulneración de dereitos laborais.

CCOO denuncia o caos organizativo no distrito XIV do SPDCIF (Verín-Viana)

mércores 26 de xullo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS