Comisiones Obreras - FSC Galicia

martes 20 de marzo de 2018

A XUNTA PON EN RISCO A VIDA E A SAÚDE DOS AXENTES MEDIOAMBIENTAIS

  • Lamentable estado dos vehículos que deben utilizar estes traballadores

As organizacións sindicais con representación no colectivo de axentes medioambientais poñemos de manifesto que se ven na obriga de denunciar a Xunta de Galicia ante a Inspección de Traballo para que a Administración autonómica cumpra cos seus deberes. Unha vez máis, é a Inspección de Traballo a que apercibe as Consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia polos incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais.

axentes medio ambientais

axentes medio ambientais

En outubro de 2016 denunciouse ante a Inspección de Traballo o lamentable estado en que se atopan os vehículos dos axentes medioambientais: sen sinalización como vehículo prioritario, con máis de 500.000 quilómetros e quince anos, chasis soldados, asentos rotos, sen aire acondicionado nin climatización, con remaches na carrozaría, sen mans libres, chóvelles dentro, sen hixiene nin seguridade…, e a pesar de que a Inspección de Traballo fixo un requirimento a ambas as consellerías no mes de abril do ano pasado, estas non acreditan o cumprimento de ningún dos puntos requiridos e «fan caso omiso das indicacións dos técnicos de prevención».

É lamentable que, unha vez máis, sexa a Inspección de Traballo a que teña que apercibir as Consellerías de que os vehículos deben cumprir unhas condicións mínimas de seguridade. Para as organizacións sindicais trátase dunha grave infracción en materia de seguridade do persoal e dunha irresponsabilidade por parte da Xunta de Galicia, que debería dar exemplo cumprindo coa normativa de prevención de riscos laborais no canto de actuar coma unha empresa pirata.

Pero este non é o único caso. É unha constante por parte das Consellerías do Medio Rural e da CMAOT o abandono do seu persoal: a falta de vixilancia da seguridade e saúde dos traballadores na non renovación do parque de vehículos esténdese á roupa de traballo, sobre todo a de abrigo (a última entrega foi no ano 2008); levan dez anos sen prendas que garantan a debida protección a estes traballadores expostos a condicións climatolóxicas adversas, e, así como mercan o seu propio material, vense obrigados a mercar roupa.



Desde as organizacións sindicais reclamamos a urxente renovación e dotación de medios materiais precisos para actuar con celeridade e seguridade contra o lume, con vehículos adaptados ás tarefas que se realizan e cos debidos equipos de protección individual. A escaseza de medios quedou patente na Comisión de incendios no Parlamento de Galicia, onde se explicou que teñen que mercar cos seus cartos ata cámaras de fototrampeo para realizar un traballo fundamental coma é a investigación dos incendios forestais, e que a Xunta de Galicia debe de considerar innecesario xa que non dota nin de material nin de persoal as BIIF (Brigadas de Investigación de Incendios Forestais).

Seguimos sen contestación por parte da Dirección Xeral de Función Pública, que ten bloqueadas as negociacións dun acordo de condicións de traballo —o actual está caduco e obsoleto— que na actualidade obriga a estes traballadores a realizar quendas de traballo de máis de doce horas de presenza física e en solitario, e a única maneira de atopar solucións ante a Xunta de Galicia é presentar as denuncias na Inspección de Traballo e nos xulgados.

A XUNTA PON EN RISCO A VIDA E A SAÚDE DOS AXENTES MEDIOAMBIENTAIS

martes 20 de marzo de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS