Comisiones Obreras - FSC Galicia

venres 22 de xuño de 2018

CCOO participou na concentración pola mellora de infraestructuras e persoal na Residencia de Maiores de Campolongo

  • O pleno do Comité de Empresa, ó que pertenece CCOO, acordou facer unha concentración onte diante da Residencia de maiores de Campolongo (Pontevedra) pola necesaria mellora da residencia, tanto no apartado de persoal como no da mellora das infraestruturas do centro para ofrecer un servizo adecuado aos usuarios.

Ás necesarias inversións en infraestruturas e persoal, case ningunha delas foi cumprida, o centro sigue sen contar con oxixeno nas habitacións de asistidos, sen tomas de aspiración, ou cun deficiente servizo de ascensores, que en demasiadas ocasións están fora de servizo e durante un largo tempo estiveron en situación irregular por non cumprir coa normativa vixente, polo que a autoridade non daba a OCA para a súa utilización

CCOO participa na concentración da Residencia de Campolongo (Pontevedra)

CCOO participa na concentración da Residencia de Campolongo (Pontevedra)


~~Mención aparte é a falla de Valoración real do Grao de Dependencia das/os usuarias/os, o que fai que non teñamos un mapa real do tipo de usuario que temos no centro para a súa correcta atención en función das demandas esixidas para co numero de traballadores existentes.

Tódalas necesidades, ou boa parte delas, foron comunicadas en numerosas ocasións, debemos recordar que este centro constrúese como un centro de persoas Validas e convertérona nun centro de persoas asistidas sen ningunha modificación das súas infraestruturas, e que necesita duns servizos adaptados a súa realidade, por elo solicitamos:

• Creación dunha enfermería no centro.
• Replantexamento do servizo de ascensores por ser insuficientes e ter unhas condicións inadecuadas para a mobilidade das/os  usuarias/os.
• Tomas de aspiración nas habitacións asistidas.
• Tomas de Oxíxeno nas habitacións de asistidos.
• Modificación integral do 3º e 4º andar,  adaptándoa a usuarios Asistidos.
• Modificación e melloras no departamento de cociña.
• Modificación dos usos do montacargas.
• Comedores e salas de estar en tódolos andares acordes a tipoloxía de usuarios ao que se lle presta servizo.
• Modificación do acceso das/os residentas/es á  cafetería do centro.
• Necesidades de maquinaria na enfermaría, comedor, lavandaría e cociña do centro.
• Finalización das obras no comedor do 4º andar.

A situación das/os usuarias/os no centro, de xeito ordinario, é que non teñen tomas de oxíxeno nas habitacións e outros elementos indispensables para a súa seguridade, moitos deles reciben a alimentación encamados, o que aumenta exponencialmente o risco de falecemento. O comedor do cuarto andar atópase colapsado por mor de ter un mobiliario inapropiado que provoca un sobre esforzo por parte do persoal. Non existe sala de estar no cuarto andar para que as/os usuarias/os poidan descansar, polo que se pasan todo o día na mesma cadeira onde comeron. Un so baño xeriátrico en tódolo cuarto andar de asistidos, o que provoca retrasos moi prolongados nas tarefas que realiza o persoal e que os asistidos fagan cola para ser aseados. O centro carece de espazos ao aire libre, terraza, patios ou similares, se nos di que se habilitará unha terraza no segundo andar pero non vai ser de utilidade dado que non temos persoal para os desprazamentos nin ascensores que poidan asumir ese tráfico, xa de por si na actualidade colapsados. A columna vertebral do edificio (os ascensores) tal como dixemos antes, padecen de sobre esforzo, de eiquí que se manquen de maneira habitual, lembrar que soportan a mobilidade de tódolas/os usuarias/os máis o persoal dos distintos oficios. O montacargas non pode ser máis polivalente, transporta o servizo diario de comidas aos andares de asistidos, transporta a roupa sucia e limpa a diario, transporta pedidos dos almacéns, ferramentas e enseres do servizo de mantemento, lixo e cartonaxes, e por ultimo usuarias/os asistidos en camillas sendo o único medio para o traslado de residentes finados. Preténdese que atendamos a residentes asistidos no terceiro andar, con camas pegadas as paredes, en habitacións nas que non é posible a utilización de grúas, sen tomas de oxíxeno u aspiración, polo que tecnicamente é inviable.

Por todo elo, o Comité de Empresa remitiu escritos de denuncia ao Fiscal Xefe de Pontevedra, Inspección de Traballo, Valedora do Pobo, Presidenta da Deputación de Pontevedra,  Alcalde do Concello de Pontevedra, aos grupos parlamentarios de PP, En Marea, PSG-PSOE , BNG e CIUDADANS, acordamos xuntanzas con eles e nos deron participación no Parlamento de Galicia e nos plenos do Concello de Pontevedra e na Diputación.
Así mesmo estivemos varios días, diante da Peregrina repartindo octavillas e recollendo sinaturas á cidadanía, explicando a situación na que está esta residencia.
Dende o Comité de Empresa non nos deteremos ata conseguir as melloras tanto de persoal coma de infraestruturas , que sinalamos anteriormente, da Residencia de Maiores de Campolongo (Pontevedra).

CCOO participou na concentración pola mellora de infraestructuras e persoal na Residencia de Maiores de Campolongo

venres 22 de xuño de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS