Comisiones Obreras - FSC Galicia

venres 5 de outubro de 2018

A Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia decidiu abrir negociación

  • O Obxetivo é consensuar un acordo marco do sector para o persoal adscrito á prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento de Galicia xestionado por empresas privadas que póda garantir a subrogación do persoal en caso de que se produza un cambio de adxudicatario no servizo.

O 9 de marzo de 2018 entrou en vigor a nova Lei de Contratos do Sector Público; esta nova norma impide que cando se licita un servizo o prego de condicións obrigue á empresa entrante a subrogar ó total do plantel do anterior adxudicatario, quedando limitada a subrogación se non se recolle en convenio colectivo do sector.

Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia decidiu abrir a negociación

Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia decidiu abrir a negociación

A día de hoxe non existe un convenio colectivo do noso sector, pois os convenios existentes son de empresa.
 
A Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, ante este novo panorama aberto coa entrada en vigor da nova Lei, decidiu abrir unha negociación a través do Consello Galego de Relacións Laborais para consensuar un acordo marco do sector para o persoal adscrito á prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento de Galicia xestionado por empresas privadas.
 
Ó tratarse dun acordo do sector pódese garantir a subrogación do persoal en caso de que se produza un cambio de adxudicatario no servizo.
 
Despois de diversas xuntanzas coa asociación de empresas do sector (AGASEI), o pasado 1 de outubro firmouse o Acordo Marco de Subrogación de persoal de empresas de servizos de Extinción e Incendios entre os 4 sindicatos que conforman a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, CIG, CCOO, UGT e SIBGAL e a agrupación empresarial do sector, AGASEI, que en breve será publicado no D.O.G.
 
En calquera caso, agardamos que os procesos de reversión do servizo iniciados en Coruña e Lugo frutifiquen (prevemos completar información ao respecto nas próximas datas) e non sexa preciso botar man nunca deste acordo.
 
Adxuntamos documento asinado no CGRL.

A Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia decidiu abrir negociación

venres 5 de outubro de 2018

Documentos relacionados

acordo subrogacion bombeiros empresas

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS