sábado 7 de decembro de 2019
xoves 25 de outubro de 2018
Bombeiros de toda Galicia manifestaranse mañá en Madrid
O sector da Administración local de CCOO informa de que bombeiros de toda Galicia participarán na manifestación convocada para mañá venres, día 26 de outubro, en Madrid. Na capital do Estado defenderán un servizo público de emerxencias e esixirán un marco normativo estatal que regule as funcións e competencias deste colectivo profesional. CCOO coida que deben ser funcionarios de carreira coa condición de axentes de autoridade no exercicio das súas funcións.
Imaxe de arquivo dunha manifestación de bombeiros en Ourense (ano 2016)
Outras reivindicacións que levarán á manifestación en Madrid son a necesidade de contar cos recursos humanos, materiais e económicos axeitados; unha correcta aplicación da Lei de prevención de riscos laborais e a volta á xestión pública dos parques de bombeiros que foron privatizados.
Bombeiros de toda Galicia manifestaranse mañá en Madrid
X
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.