venres 13 de decembro de 2019
mércores 10 de abril de 2019
CCOO pide unha alta participación nas eleccións sindicais que terán lugar mañá entre o persoal funcionario da Xunta
Mañá xoves, día 11 de abril, máis de dez mil funcionarios e funcionarias da Xunta de Galicia están chamadas ás urnas. A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO pide unha alta participación nestes comicios «para seguir avanzando na recuperación de dereitos» e para poder formular «novas reivindicacións, realistas e realizables».
CCOO pide unha alta participación nas eleccións sindicais
Concretamente, son 10.443 funcionarias e funcionarios das cinco xuntas de persoal as que teñen na súa man elixir 121 delegados e delegadas. A distribución é a que se indica a seguir:
A Coruña: 2525 funcionarios e funcionarias; elixiranse 25 delegadas e delegadas
Servizos centrais (Santiago de Compostela): 2874 funcionarios/as; 25 delegados/as
Lugo: 1441 funcionarios/as; 23 delegados/as
Ourense: 1346 funcionarios/as; 23 delegados/as
Pontevedra: 2257 funcionarios/as; 25 delegados/as
CCOO comprométese a seguir traballando para que o persoal funcionario da Xunta de Galicia avance en dereitos e recupere a perda de poder adquisitivo acumulada nos anos da crise.
CCOO pide unha alta participación nas eleccións sindicais que terán lugar mañá entre o persoal funcionario da Xunta
Áreas temáticas relacionadas
X
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.