Comisiones Obreras - FSC Galicia

luns 10 de febreiro de 2020

CCOO denuncia o sectarismo sindical da Consellería de Medio Rural

  • A Conselleria do Medio Rural celebra xuntanzas ás agochadas ou convoca outras tipo feira, para desviar a atención da negociación dos temas importantes

CCOO lamenta a actitude da Consellería de Medio Rural, diante da falta de respecto a interlocución social que toda institución debe coidar. Resulta paradoxo que desde a Consellería de Medio Rural se convoquen xuntanzas, que son de negociación estritamente sindical, a colectivos que non ostentan dita condición, simplemente para perder o tempo, en vez de responder a petición de xuntanzas que si buscan resolver os moitos problemas que atinxen as condicións económico-laborais do persoal desta Consellería.

CCOO denuncia a Conselleria de medio rural

CCOO denuncia a Conselleria de medio rural

Tanto o Sr. Conselleiro como a propia Secretaria Xeral Técnica, parece que lles entrou unha certa alerxia a reunirse con CCOO. Si é por medo ao posible contaxio vírico, podemos asegurarlles que temos o correspondente certificado de inmunidade.
 
Namentres se ignoran as convocatorias formais de CCOO, para tratar temas de especial relevancia como, a creación das escalas, o tempo de traballo do persoal fixo-discontinuo, a mellora das instalacións, o reparto dos EPis, etc….., en distintos ámbitos da Consellería do Medio Rural andan a xogar ás agochadas convocando para falar de diversos asuntos exclusivamente a dúas organizacións, á CIG e á UGT.
 
Ou máis en concreto a algún dos delegados de Axentes Medioambientais desas organizacións cando se están a falar cuestións que afectan en maior ou menor medida a ámbitos que van máis aló dese colectivo.
 
A maiores, no canto de facer a correspondente convocatoria formal a través dos órganos legais establecidos ao efecto coma son o Comité de Seguridade e Saúde Laboral para o persoal de extinción de incendios forestais e/ou ao Subcomité creado ao efecto para tratar os temas relativos aos Equipos de Protección Individual, onde durante tres anos se estivo a negociar unha orde de uniformidade, e no canto de facer as cousas baixo a cobertura da legalidade e a transparencia, andan a facerse reunións coma a de manexo de drons - da cal partiron formacións en exclusiva a persoal escollido a dedo- ou a adquisición de uniformidade sen contar coa participación de toda a representación legal dos traballadores e traballadoras.
 
Por estes motivos, dende CCOO non imos darlle a aprobación á dotación de equipos, ferramentas ou EPIs nas que non se sometesen aos órganos establecidos e coa posibilidade de participación de toda a representación dos traballadores, e de comprobar determinados aspectos, no caso de entendermos que se cometeron ilegalidades, acudiremos aos órganos que correspondan para denunciar e esixir as responsabilidades que correspondan daquelas persoas que fomentan estas xuntanzas porque puidesen constituír actos tipificados como antisindicais.
 
CCOO non vai asistir a ningunha xuntanza mais, mentres a Consellería de Medio Rural non responda a petición de xuntanzas que temos solicitadas, e menos mentres manteña esta actitude sectaria e contraria a esta organización.  
 
Que o Conselleiro se coide dos inimigos, porque dos seus "amigos sindicais" non vai sacar gran proveito. 

CCOO denuncia o sectarismo sindical da Consellería de Medio Rural

luns 10 de febreiro de 2020

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS