Comisiones Obreras - FSC Galicia

luns 4 de setembro de 2017

CCOO acusa a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Ministerio de Xustiza de non executaren as resolucións xudiciais

  • O Goberno obstrúe intencionadamente a execución das decenas de autos de extensión de efectos de períodos non cotizados anteriores a agosto de 1990.
  • A CCOO parécenos inaceptable e unha vergonza que, nun Estado de dereito, a Administración e o propio Goberno vulneren os dereitos dos traballadores e traballadoras recoñecidos en autos e sentenzas

CCOO tivo coñecemento de circulares e notas internas que está remitindo a Tesourería Xeral da Seguridade Social ás súas diferentes delegacións provinciais para que non executen as sentenzas e autos estimatorios que recoñecen o dereito dos traballadores e traballadoras a ser dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social por períodos traballados, e que constan efectivamente, con anterioridade a agosto de 1990.

Tesourería da Seguridade Social

Tesourería da Seguridade Social

Os argumentos que deu a Tesourería Xeral da Seguridade Social é que a parte condenada nas devanditas sentenzas e autos é o Ministerio de Xustiza, mentres que a quen corresponde tramitar e resolver as solicitudes de alta é á Tesourería Xeral da Seguridade Social e non foi parte no procedemento. Así mesmo, remítese á normativa que se aprobou nos anos noventa para argumentar que non se pode cumprir coas resolucións xudiciais.

Desde CCOO parécenos inaceptable e vergoñento que nun Estado de dereito a Administración e o propio Goberno vulneren os dereitos dos traballadores e traballadoras recoñecidos en autos e sentenzas, e aleguen que non procede ao seu cumprimento pola normativa vixente (un real decreto e unha orde ministerial) e por non producir efectos de cousa xulgada para a Tesourería Xeral da Seguridade Social ao non ser parte no proceso, o que non é certo.

Desde CCOO volvemos esixirlles ao Ministerio de Xustiza e á Tesourería Xeral da Seguridade Social que entre ambas as administracións acorden unha solución global, definitiva e satisfactoria tanto para a execución destas sentenzas e autos (e, xa que logo, para dar de alta de forma efectiva e con todos os dereitos os traballadores afectados polos períodos recoñecidos nas distintas resolucións xudiciais) como para outros problemas derivados da afiliación á seguridade social de funcionarios/as da Administración de Xustiza, tales como os dos informes de base de cotización nos que hai períodos en que non consta a base pola que se cotiza, os da diferenza entre a data de alta real e a data de efecto de alta, os da non cotización de funcionarios titulares (aprobados a partir de 2011) que non foron dados de alta durante o curso teórico-práctico, etc.; e, deste xeito, cumprir, primeiro, coas súas obrigas legais como empregador, e tamén co punto sétimo do acordo asinado entre o Ministerio de Xustiza e as organizacións sindicais en decembro de 2015 (BOE 22 de xaneiro de 2016). O Goberno é o primeiro que ten a obriga de cumprir coas sentenzas xudiciais e non seguir obstruíndo a acción da xustiza.

Así mesmo, lembrámoslle tamén ao Ministerio de Xustiza a importancia de remitir á Tesourería Xeral da Seguridade Social unha copia das resolucións xudiciais, xa que nos consta que en moitos casos a Tesourería ten que se dirixir directamente aos xulgados para conseguilas.

CCOO acusa a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Ministerio de Xustiza de non executaren as resolucións xudiciais

luns 4 de setembro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS