Comisiones Obreras - FSC Galicia

martes 23 de xaneiro de 2018

Folga e manifestación do sector da Xustiza

  • A marcha partirá ás 12 h da avenida de Xoán XXIII e rematará fronte ao Parlamento de Galicia

O xoves, 25 de xaneiro, nova xornada de folga no sector da Xustiza. Asemade, haberá unha manifestación que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela para esixir a fin da discriminación laboral que sofren as traballadoras e os traballadores do ámbito. Os sindicatos CCOO, CIG, UGT, USO, CSI-F, STAJ, CUT e SPJ convocan a marcha.

Manifestación nacional en Santiago de Compostela

Manifestación nacional en Santiago de Compostela

A manifestación partirá ás 12 h da avenida de Xoán XXIII, transitará pola zona histórica da cidade (rúa de San Francisco, praza do Obradoiro, rúa do Franco, Fonseca), posteriormente o centro compostelán (avenida de Rodrigo de Padrón, avenida de Figueroa, rúa da Senra, praza de Galicia, rúa do Doutor Teixeiro, praza de Puente Castro, rúa da República Arxentina) e rematará na rúa do Hórreo, fronte ao Parlamento de Galicia.


Os oito sindicatos denuncian as «reiteradas mentiras» difundidas pola Xunta de Galicia nas últimas datas, que consideran un «desprezo» tanto ao colectivo profesional como á cidadanía.

Para facilitar a participación nesta manifestación, as organizacións sindicais porán varios autobuses a disposición das persoas interesadas. Os autocares partirán ás 9:50 da Coruña (fábrica de tabacos), Ferrol (estación de autobuses, con parada en Fene), Lugo (praza de Avilés, con parada en Baamonde), Ourense (novo edificio xudicial, con parada no Carballiño), Pontevedra (praza de Galicia) e Vigo (Xulgados). Tamén haberá un autobús que sairá ás 9 horas desde a estación de Cangas.

Folga e manifestación do sector da Xustiza

martes 23 de xaneiro de 2018

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS