Comisiones Obreras - FSC Galicia

venres 27 de abril de 2018

A maioría sindical no sector da Xustiza chega a un principio de acordo coa Administración

  • O documento asume case todas as reivindicacións sindicais e será votado polo persoal hoxe venres, 27 de abril

A maioría sindical no sector da Xustiza, representada polos sindicatos CCOO, CSI-F, UGT e USO, chegou onte a un principio de acordo coa Administración para desbloquear o conflito que provocou unha folga indefinida os últimos dous meses e medio. Agora será o persoal do sector o que deba referendar o documento nas votacións que terán lugar hoxe venres, día 27 de abril.

Acordo en xustiza

Acordo en xustiza

A Xunta advertiu antes da reunión que a proposta económica non ía variar respecto da do pasado 18 de abril; con todo, o documento final asume case todas as reivindicacións que a maioría sindical expuxo na xuntanza de onte:

— Os descontos salariais orixinados con motivo da folga que estean aínda pendentes serán repartidos de xeito proporcional nos meses restantes ata decembro deste ano, incluída a paga extra.

— O plan de recuperación por obxectivos elaborarase no prazo máis breve posible e abranguerá a todas as oficinas xudiciais de Galicia e a todos os corpos ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia. E o seguimento, cumprimento e control dos obxectivos fixados no plan será efectuado e avaliado pola comisión de seguimento.

— Mellora da cláusula referida aos xulgados de primeira instancia e instrución con competencias en materia de violencia sobre a muller para o cobramento dun complemento. A proposta sindical era reducir o número de dilixencias necesarias de 100 a 50, mais finalmente a Xunta acepta reducilas a 75.

— Na comisión de seguimento do acordo valorarase a inclusión dun complemento para os xulgados de primeira instancia e instrución con competencias en materia de violencia sobre a muller que non alcancen as 75 dilixencias.

— Os complementos dos xulgados con competencia en materia de violencia sobre a muller serán adicionais e compatibles coas prolongacións establecidas nestes órganos.

— Inclusión no acordo dunha cláusula que certifique que este unicamente será válido se é referendado polo persoal da Administración de Xustiza.

— A Administración estudará deixar sen efecto os expedientes disciplinarios incoados por mor da folga.

As organizacións sindicais CCOO, CSI-F, UGT e USO comprométense a levar a proposta de acordo ás asembleas para que sexa votado polos compañeiros e compañeiras, hoxe venres, día 27 de abril, nas sete grandes cidades de Galicia. O horario das votacións será de 9:00 a 17:00 horas.

A maioría sindical no sector da Xustiza chega a un principio de acordo coa Administración

venres 27 de abril de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS