Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
Portos do Estado en folga

CCOO convoca para o 17 de abril, xornada de folga nos portos de interese xeral

  • A folga convocada por CCOO afectará a todo o sistema portuario de titularidade estatal, Portos do Estado e 28 Autoridades Portuarias.
10.04.2019.

A folga convócase pola falta de resposta ao asinamento do preacordo de III Convenio Colectivo, asinado polas partes lexitimadas o pasado día 3 de outubro do 2018. O preacordo acadado segue sen ser aprobado polo Ministerio de Facenda, a pesar do tempo transcorrido, de contar co visto e prace do Ministerio de Fomento e do compromiso do propio ministro de Fomento de levalo a termo.

Novo éxito do Gabinete Xurídico de CCOO de Ourense

O Tribunal Supremo estima recurso de casación interposto pola Asesoría Xurídica de CCOO de Ourense

  • Segundo informa CCOO, o Alto Tribunal declara accidente laboral o desprendemento de retina dunha funcionaria pública da Administración Xeral do Estado de Ourense
04.07.2018.

A Asesoría Xurídica de CCOO viu estimado o seu recurso de casación ante o Tribunal Supremo, polo que ven de declarar que o desprendemento de retina sufrido durante a súa xornada laboral por unha administrativa da Delegación Provincial de Ourense da Intervención General da Seguridade Social (Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social) debe ser considerado como accidente de traballo.

CCOO asinou o mellor acordo posible

O acordo no sector público iniciará a recuperación dos dereitos arrebatados no ámbito

  • Incremento dos salarios, desbloqueo da negociación colectiva e estabilización do emprego son os aspectos principais que recolle este pacto
13.03.2018.

CCOO, primeiro sindicato das Administracións públicas, asinou a pasada semana un acordo global co Ministerio de Facenda e Función Pública que marcará o inicio da recuperación dos dereitos arrebatados ás empregadas e empregados públicos coa escusa da crise. O pacto, que beneficiará a milleiros de traballadoras e traballadores en Galicia, suporá o incremento dos salarios entre un 6,1 e un 8,79 % en tres anos, a recuperación de emprego e a estabilización das prazas temporais en todas as Administracións así como a reposición da negociación colectiva.

CCOO advirte de que un sistema de control non é o mesmo que a modificación do horario

CCOO solicita a paralización provisional da implantación do sistema Kronos nos centros da Consellaría de Cultura

  • O sindicato esixe unha negociación previa e que se respecten tanto as carteleiras de traballo como os dereitos laborais adquiridos
16.01.2018.

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO remitiu cadanseu escrito á Secretaría Xeral de Cultura e á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa para que se paralice provisionalmente a implantación do sistema de control horario Kronos no ámbito da Consellaría de Cultura. O sindicato esixe unha negociación previa á súa entrada en funcionamento e pide tamén que se respecten tanto as carteleiras de traballo como os dereitos laborais adquiridos.

Colapso nas oficinas de expedición do DNI

CCOO volve a denunciar o colapso na expedición do DNI

  • As oficinas en Galicia están colapsadas debido ás carencias de persoal acumuladas desde o 2012.
  • O sindicato considera que o plan presentado pola Dirección Xeral da Policía é «botar un parche para saír do paso», sen ter un proxecto de xestión a medio e longo prazo que evite que isto se repita.
  • Ademais, esixe de novo unha oferta de emprego público extraordinaria que permita, polo menos, cubrir os 1200 postos vacantes de persoal funcionario que se dedican a esta tarefa.
17.11.2016.

Malia que CCOO leva denunciando desde marzo graves problemas na expedición do DNI, actualmente case todas as unidades están colapsadas e non se dá cita para obter ou renovar o DNI ata dentro de dous meses. «O caos que se iniciou en Madrid estendeuse ao resto do territorio nacional, o cal non era moi difícil de prever», denuncia o sindicato.

Prisións

CCOO advirte de que a situación das prisións galegas é insostible

13.04.2016.

O déficit estrutural de persoal penitenciario en Institucións Penais está levando ao bordo do colapso moitas das prisións do noso país, o que imposibilita garantir a seguridade dos internos e a do propio persoal de penais

AGE

CCOO denuncia o Convenio único do persoal laboral da Administración do Estado

  • A denuncia do convenio afecta a case 50.000 persoas, e obriga o Goberno a iniciar a negociación das condicións de traballo do seu persoal laboral nun prazo máximo dun mes.
16.12.2015.

Como xa anunciaramos, CCOO e UGT formalizamos a denuncia do III Convenio único do persoal laboral da Administración xeral do Estado, presentando o correspondente escrito na Oficina de Rexistro na mañá do 15 de decembro.

CCOO esixe a devolución de dereitos e condicións de traballo no emprego público

CCOO esixe a devolución de dereitos e condicións de traballo ás empregadas e empregados públicos

  • O Goberno repetiu a estratexia de convocar reunións transcendentes poñéndonos contra a parede e ao límite das datas, para un todo ou nada, sen negociación ningunha, de calquera forma e sen cubrir sequera co mínimo respecto o que recolle a lexislación vixente no relativo á interlocución laboral.
17.07.2015.

CCOO non acudirá ás celebracións da festividade das prisións

CCOO non acudirá ás celebracións da festividade das prisións mentres non haxa unha resposta satisfactoria ao conflito laboral

  • O sindicato denuncia que levan trece anos sen posibilidade de negociar un acordo de mellora das condicións laborais dun cadro de persoal envellecido —a idade media é de 52 anos— e á cabeza de Europa en sufrimento de agresións —cerca de 500 físicas e 10 000 psicolóxicas cada ano.
21.09.2018.

O próximo 24 de setembro celebraranse actos en todos os centros penais de España con motivo da festividade da Mercé, padroa de Institucións Penitenciarias. Neste día, CCOO denuncia que a precariedade laboral e a deterioración do servizo público penitenciario non poden seguir financiando o funcionamento do sistema público de prisións.

Asemblea de CCOO en San Caetano

Asemblea de CCOO en San Caetano para explicar as conquistas incluídas no II Acordo para a Mellora do Emprego Público

  • O acordo, asinado o pasado mes de marzo, inicia a recuperación de dereitos para as empregadas e empregados públicos
04.04.2018.

Comisións Obreiras (CCOO) celebrou hoxe unha multitudinaria asemblea na sede da Xunta de Galicia para explicar as conquistas no II Acordo para a Mellora do Emprego Público, asinado o pasado mes de marzo en Madrid. No salón de actos número 1 de San Caetano, representantes do sindicato dirixíronse ás empregadas e empregados públicos para salientar os logros que CCOO conseguiu incluír neste importante documento.

imos recuperar o arrebatado

CCOO pide unha suba salarial lineal de 250 euros mensuais na Administración Xeral do Estado

  • Reclámase como ineludible para revitalizar o emprego público e devolver os dereitos laborais arrebatados, e anúncianse novas mobilizacións para o día 30 de xaneiro en Valencia, A Coruña e Madrid.
27.01.2018.

Os sindicatos CCOO e UGT esixiranlle ao Goberno unha suba salarial lineal de 250 euros mensuais para o persoal da Administración Xeral do Estado (AXE). «Agora é o momento de compensar o esforzo coa devolución de dereitos e salarios», afirma José Manuel Vera, secretario xeral do Sector da Administración do Estado de CCOO. As mobilizacións, iniciadas en xuño do pasado ano, buscan un acordo que garanta salarios dignos, creación de emprego público e devolución dos dereitos laborais suprimidos coa escusa da crise.

Concentración diante do Parlamento

Centos de delegados e delegadas de CCOO e UGT esixiron diante do Parlamento galego a recuperación de dereitos

  • Os sindicatos esixen que, se é certo que a economía se está a recuperar, se devolvan os dereitos arrebatados ao persoal do sector público
19.12.2017.

Centos de delegadas e delegados da Área Pública de CCOO e da Federación galega de empregadas e empregados dos Servizos Públicos (FeSP-UGT) concentráronse esta mañá diante do Parlamento galego para demandar a recuperación de salarios e dereitos das empregadas e empregados públicos.

Reunión de delegados e delegadas SAE-Galicia

A FSC-CCOO critica a destrución de 1200 empregos na Administración Xeral do Estado en Galicia

  • O sindicato presentou hoxe a campaña «TEMOS DEREITOS», na que recolle as principais reivindicacións para este colectivo
21.09.2016.

20-9-2016.- O secretario xeral do Sector da Administración xeral do Estado da FSC-CCOO, xunta o secretario xeral da FSC de Galicia e a Coordinadora do Sector da Administración xeral do Estado nese territorio, presentáronlles hoxe en Santiago de Compostela aos seus delegados e delegadas en Galicia a campaña «TEMOS DEREITOS». Baixo este lema recóllense as principais reivindicacións do Sindicato para o persoal da Administración xeral do Estado no próximo período.

Sudelegación Goberno Pontevedra

CCOO denuncia o sistema de selección de persoal que utiliza a Subdelegación de Pontevedra para cubrir o 20D

17.12.2015.

CCOO, a través da Xunta de Persoal da Administración Periférica do Estado da provincia de Pontevedra, denuncia o sistema de selección de persoal que está usando a Subdelegación do Goberno en Pontevedra para elixir as persoas que serán representantes da Administración nas vindeiras eleccións xerais do 20 de decembro, por non ser nin obxectivo nin igualitario e por favorecer un pequeno colectivo da Subdelegación e as súas amizades.

Conferencia de prensa

CC OO denuncia que o Goberno central está a desmantelar os servizos públicos da Administración Xeral do Estado

  • Na actual lexislatura, o Executivo de Mariano Rajoy destruíu vinte mil empregos no ámbito da Administración estatal, dos que case mil se perderon en Galicia
13.10.2015.

Comisións Obreiras (CC OO) denuncia que o Goberno central está a desmantelar os servizos públicos da Administración Xeral do Estado (AXE) coas súas políticas de emprego. No que vai de lexislatura, o Executivo de Mariano Rajoy destruíu vinte mil postos de traballo no ámbito da Administración estatal —que concentra case o 8 % de todo o emprego público—, dos que case mil se perderon en Galicia. Así o denunciou esta mañá José Manuel Vera, responsable estatal de CC OO na AXE, que participa nun encontro en Santiago de Compostela con delegadas e delegados do sector.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS