Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
Roda de prensa de CCOO

CCOO denuncia actitudes antisindicais contrarias a dereito no Concello de Ourense

  • CCOO adverte que "non se vai consentir que se persiga aos delegados e delegadas da organización en ningunha empresa, e moito menos no Concello, pola simple realización das funcións propias para as que foron elixidos"
10.05.2019.

CCOO quere denunciar publicamente o acoso e persecución sindical que están a sufrir os delegados de CCOO no Concello de Ourense que ven derivada do libre e responsable exercicio activo da súa función representativa legal no libre e lexítimo acción da súa función constitucional exercida dende a seriedade e responsabilidade.

O traballador realizaba as súas funcións nos cemiterios municipais | Foto: cemiterio de Oza (Google)

CCOO logra a transformación en interino dun traballador temporal do Concello da Coruña contratado en fraude de lei

  • O contrato do denunciante era de persoal temporal funcionario por acumulación de tarefas, pero a sentenza dálle a razón ao sindicato e considera que lle corresponde ser interino por causas estruturais
08.04.2019.

Os servizos xurídicos de Comisións Obreiras (CCOO) logran a transformación en interino dun traballador temporal do Concello da Coruña que estaba contratado en fraude de lei para o labor de atención dos cemiterios municipais. O contrato do denunciante era de persoal temporal funcionario por acumulación de tarefas, pero o Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 2 da Coruña dálle a razón ao sindicato e considera que lle corresponde un contrato de interinidade por causas estruturais. A sentenza tamén obriga a Administración local a readmitilo e a pagarlle máis dun ano de salarios.

Ellección Sindicais no Concello de Ourense

CCOO recupera representatividade e pasa a ser a segunda forza sindical do persoal funcionario do concello de Ourense

  • CCOO consigue 3 delegados e delegadas dun total de 17 cunha participación de 7 listas electorais
01.06.2018.

O xoves 31 de maio, cunha ampla participación dos funcionarios do concello e coa concurrencia de 7 listas electorais, celebráronse as votacións das eleccións sindicais para elixir aos 17 delegados e delegadas que integrarán a Xunta do Persoal Funcionario do Concello de Ourense durante os próximos catro anos (2018/2022) e onde CCOO consiguiu 3 delegados e delegadas.

Imaxe de arquivo dunha manifestación de bombeiros en Ourense (ano 2016)

CCOO, CIG e UGT instan a Xunta a cumprir a Lei de emerxencias de Galicia e homoxeneizar o servizo de bombeiros

  • Os sindicatos rexistraron un escrito na Vicepresidencia da Xunta no que tamén piden o rescate público dos parques privatizados
04.05.2018.

As organizacións sindicais CCOO, CIG e UGT, en relación coa comarcalización dos parques de bombeiros municipais, rexistraron un escrito na Vicepresidencia instando a Xunta a, antes de nada, cumprir a Lei de emerxencias de Galicia. Concretamente, refírense á aprobación do estatuto do bombeiro, o cal debe recoller a homoxeneización deste servizo.

Concello de Melide

CCOO denuncia o Concello de Melide perante a Inspección de Traballo

  • Considera que a falta de negociación colectiva é unha vulneración do Estatuto básico do empregado público
11.05.2017.

A Federación de Servizos á Cidadanía de Comisións Obreiras denunciou esta mesma semana o Concello de Melide perante a Inspección de Traballo.

Concello de Boimorto

CCOO e o Concello de Boimorto inician un proceso negociador para corrixir irregularidades laborais herdadas

  • As etapas anteriores caracterizáronse pola conflitividade e mesmo denuncias do sindicato que se resolveron con sancións; agora ábrese unha nova etapa en que se pretende aprobar un convenio e unha RPT
07.02.2017.

O labor sindical de Comisións Obreiras (CCOO) no Concello de Boimorto dá froitos. O Goberno local anunciou á representación legal dos traballadores e das traballadoras, conformada integramente por membros desta organización, que inicia un «ambicioso» proceso negociador para corrixir irregularidades en materia laboral. As ditas eivas mesmo provocaron un dano ás contas públicas —como informou o sindicato no seu momento—, con sancións da Inspección de Traballo.

MIB

Por unha política de emerxencias galega seria, integral e profesional

  • Postura da MIB respecto da repartición de material de excarceración e a proposta de Plan Provincial de Emerxencias en Ourense
24.01.2017.

Dende a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia queremos facer unha chamada de atención tras as últimas noticias publicadas na prensa e diversos medios sobre a repartición, por parte da Xunta de Galicia, de equipos de excarceración a diversos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e agrupacións, así como da intención do Consorcio Provincial de Ourense de aprobar un plan provincial de riscos.

Xubilación anticipada Policías Locais

'Luz verde' ao real decreto de xubilación anticipada nas Policías Locais a partir dos sesenta anos

  • O Ministerio de Emprego e a Federación Española de Municipios e Provincias acordan ultimar os trámites para aprobar a norma
14.12.2016.

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) acordan ultimar os trámites para aprobar o Real decreto regulador do anticipo da idade de xubilación das Policías Locais. A medida beneficiará a preto de 76.000 profesionais que se poderán xubilar de xeito anticipado a partir dos sesenta anos.

CCOO gaña as EESS no Concello de Murgados

CCOO gaña a Eleccións Sindicais no Concello de Murgados

  • Os traballadores e traballadoras do Concello de Murgados renovan a confianza en CCOO
07.05.2019.

Onte celebrouse as Eleccións Sindicais do persoal laboral do Concello de Mugardos os traballadores e as traballadoras renovaron a súa confianza no sindicato CCOO, consiguindo un delegado máis co relación as eleccións pasadas. Os resultados foron os seguintes: 3 delegados para CCOO, 1 para CIG e 1 para CSIF.

Casa do Concello de Ourense | Foto: web Ourense

Comisións Obreiras, SPPME e USO piden retrotraer a RPT do Concello de Ourense

  • Os sindicatos consideran que o procedemento para aprobar a relación de postos de traballo ten «vicios de nulidade»
25.02.2019.

Comisións Obreiras, SPPME e USO piden reverter a RPT do Concello de Ourense ao momento previo á súa aprobación, en xaneiro do 2018. As tres organizacións consideran que o procedemento para aprobar a relación de postos de traballo ten «vicios de nulidade».

CCOO de Galicia nas mobilizacións de Madrid

O Partido Popular presenta unha emenda aos PXE que permitirá a anticipación da idade de xubilación para máis de 70 000 axentes locais

24.05.2018.

Este martes saltou a sorpresa. O Grupo Parlamentario do Partido Popular no Congreso dos Deputados acaba de presentar dúas emendas adicionais ao proxecto de Lei de orzamentos xerais do Estado polas que se regula a anticipación da idade de xubilación dos e das policías locais de España, ao tempo que se fixa a porcentaxe de sobrecotización que lles será aplicable, así como a nova taxa de reposición extraordinaria para o ano 2018.

Reunión Administración local

A executiva do Sector Estatal da Administración Local reuniuse en Galicia

20.04.2018.

A xuntanza aproveitouse para manter outras reunións que serviron para analizar a actualidade da Administación Local en Galicia. Entre eses asuntos, o II Acordo Estatal Goberno-Sindicatos, a situación da xubilación anticipada das policías locais, as eleccións sindicais e a formación.

CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Sobrado dos Monxes

08.05.2017.

O Concello de Sobrado dos Monxes celebrou por vez primeira unhas eleccións sindicais para elixir a persoa representante do persoal laboral. As votacións tiveron lugar o pasado venres, día 5, e deron como gañadora a candidatura de CCOO.

Concello de Sarria

CCOO coida un «despropósito» o acontecido en Sarria nos últimos días en relación coa suposta necesidade dun tesoureiro municipal

  • O sindicato ve «inaudito» o celo amosado polo secretario municipal neste asunto e pídelle «a mesma belixerancia» para combater as contratacións en fraude de lei
31.01.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) coida un «despropósito» o acontecido nos últimos días no concello lugués de Sarria. O consistorio sarriao chegou a suspender os pagamentos e o cobramento de taxas por non dispor dun tesoureiro municipal que conte coa condición de habilitado estatal. O sindicato critica tanto a forma como o fondo da cuestión, e mesmo pon en dúbida que Sarria e moitos outros concellos precisen desta figura.

Os bombeiros baixo o amparo da Lei de prevención de riscos laborais

Os bombeiros tamén están baixo o amparo da Lei 31/95 de prevención e riscos laborais

  • O pasado 15 de decembro, CCOO participou, xunto con outras organizacións e sindicatos, nunha reunión organizada pola APTB, Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros, onde se reivindicou unha lei de prevención e riscos laborais exclusiva para bombeiros.
21.12.2016.Coordinadora Estatal de Bombeiros

O borrador de RD de prevención de riscos para bombeiros que APTB pretendía usar como documento base para trasladar á Administración, deixaría este colectivo fóra do ámbito de aplicación da Lei 31/95 de prevención de riscos laborais. CCOO manifestou a súa oposición á dita pretensión e defendeu que a Lei de prevención de riscos laborais, que emana dunha directiva europea, é de obrigado cumprimento no ámbito de bombeiros.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS