Comisiones Obreras - FSC Galicia

CCOO é o primeiro sindicato en representación nas deputacións provinciais galegas

CCOO é o primeiro sindicato en representación nas deputacións provinciais galegas

  • Comisións Obreiras gañou as eleccións sindicais no conxunto do persoal laboral e funcionario e ten unha representación do 40 %, case o dobre que o segundo sindicato
22.01.2020.

Rematado o proceso de eleccións sindicais nas deputacións provinciais galegas, Comisións Obreiras (CCOO) revalida a súa condición de primeiro sindicato en representación. No conxunto do persoal laboral e funcionario, esta organización ten o 40 % de delegados e delegadas, case o dobre que o segundo sindicato.

Casa do Concello de Arzúa | Foto: P. Lameiro (Wikipedia)

CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Arzúa

  • Ata hai catro anos Comisións era a segunda forza sindical, pero agora logrou toda a representación
11.06.2019.

O luns, 10 de xuño, celebráronse as eleccións sindicais no Concello de Arzúa, tanto para o persoal laboral (43 traballadores e traballadoras) como para o funcionario (11). Comisións Obreiras gañou estes comicios e fíxoo, ademais, logrando toda a representación: catro delegados e delegadas, por ningún da CIG.

Roda de prensa de CCOO

CCOO denuncia actitudes antisindicais contrarias a dereito no Concello de Ourense

  • CCOO adverte que "non se vai consentir que se persiga aos delegados e delegadas da organización en ningunha empresa, e moito menos no Concello, pola simple realización das funcións propias para as que foron elixidos"
10.05.2019.

CCOO quere denunciar publicamente o acoso e persecución sindical que están a sufrir os delegados de CCOO no Concello de Ourense que ven derivada do libre e responsable exercicio activo da súa función representativa legal no libre e lexítimo acción da súa función constitucional exercida dende a seriedade e responsabilidade.

O traballador realizaba as súas funcións nos cemiterios municipais | Foto: cemiterio de Oza (Google)

CCOO logra a transformación en interino dun traballador temporal do Concello da Coruña contratado en fraude de lei

  • O contrato do denunciante era de persoal temporal funcionario por acumulación de tarefas, pero a sentenza dálle a razón ao sindicato e considera que lle corresponde ser interino por causas estruturais
08.04.2019.

Os servizos xurídicos de Comisións Obreiras (CCOO) logran a transformación en interino dun traballador temporal do Concello da Coruña que estaba contratado en fraude de lei para o labor de atención dos cemiterios municipais. O contrato do denunciante era de persoal temporal funcionario por acumulación de tarefas, pero o Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 2 da Coruña dálle a razón ao sindicato e considera que lle corresponde un contrato de interinidade por causas estruturais. A sentenza tamén obriga a Administración local a readmitilo e a pagarlle máis dun ano de salarios.

Ellección Sindicais no Concello de Ourense

CCOO recupera representatividade e pasa a ser a segunda forza sindical do persoal funcionario do concello de Ourense

  • CCOO consigue 3 delegados e delegadas dun total de 17 cunha participación de 7 listas electorais
01.06.2018.

O xoves 31 de maio, cunha ampla participación dos funcionarios do concello e coa concurrencia de 7 listas electorais, celebráronse as votacións das eleccións sindicais para elixir aos 17 delegados e delegadas que integrarán a Xunta do Persoal Funcionario do Concello de Ourense durante os próximos catro anos (2018/2022) e onde CCOO consiguiu 3 delegados e delegadas.

Imaxe de arquivo dunha manifestación de bombeiros en Ourense (ano 2016)

CCOO, CIG e UGT instan a Xunta a cumprir a Lei de emerxencias de Galicia e homoxeneizar o servizo de bombeiros

  • Os sindicatos rexistraron un escrito na Vicepresidencia da Xunta no que tamén piden o rescate público dos parques privatizados
04.05.2018.

As organizacións sindicais CCOO, CIG e UGT, en relación coa comarcalización dos parques de bombeiros municipais, rexistraron un escrito na Vicepresidencia instando a Xunta a, antes de nada, cumprir a Lei de emerxencias de Galicia. Concretamente, refírense á aprobación do estatuto do bombeiro, o cal debe recoller a homoxeneización deste servizo.

Concello de Melide

CCOO denuncia o Concello de Melide perante a Inspección de Traballo

  • Considera que a falta de negociación colectiva é unha vulneración do Estatuto básico do empregado público
11.05.2017.

A Federación de Servizos á Cidadanía de Comisións Obreiras denunciou esta mesma semana o Concello de Melide perante a Inspección de Traballo.

Concello de Boimorto

CCOO e o Concello de Boimorto inician un proceso negociador para corrixir irregularidades laborais herdadas

  • As etapas anteriores caracterizáronse pola conflitividade e mesmo denuncias do sindicato que se resolveron con sancións; agora ábrese unha nova etapa en que se pretende aprobar un convenio e unha RPT
07.02.2017.

O labor sindical de Comisións Obreiras (CCOO) no Concello de Boimorto dá froitos. O Goberno local anunciou á representación legal dos traballadores e das traballadoras, conformada integramente por membros desta organización, que inicia un «ambicioso» proceso negociador para corrixir irregularidades en materia laboral. As ditas eivas mesmo provocaron un dano ás contas públicas —como informou o sindicato no seu momento—, con sancións da Inspección de Traballo.

CCOO afirma que a situación é de «absoluta incerteza»

Esíxenlle ao Concello de Ourense unha solución para o servizo de atención a domicilio

18.11.2019.

Un cento de traballadoras do servizo de atención a domicilio (SAD) do Concello de Ourense concentráronse hoxe diante da Casa Consistorial, na praza Maior. Esixen unha solución, xa que o concurso público quedou deserto e a actual concesionaria, Sacyr, informou de que cesará na prestación o 30 de novembro.

Multa ó Concello de Murgados

Multa de mil euros ao Concello de Murgados por vulneración do dereito de folga a unha delegada de CCOO

28.05.2019.

O Xulgado do Social número 2 de Ferrol estimou a demanda interposta por unha traballadora do Concello de Mugardos, delegada de CCOO, contra a Administración local e impúxolle o aboamento dunha indemnización por "danos e perdas por un importe de 1000 euros", por vulnerar o seu dereito á folga.

CCOO gaña as EESS no Concello de Murgados

CCOO gaña a Eleccións Sindicais no Concello de Murgados

  • Os traballadores e traballadoras do Concello de Murgados renovan a confianza en CCOO
07.05.2019.

Onte celebrouse as Eleccións Sindicais do persoal laboral do Concello de Mugardos os traballadores e as traballadoras renovaron a súa confianza no sindicato CCOO, consiguindo un delegado máis co relación as eleccións pasadas. Os resultados foron os seguintes: 3 delegados para CCOO, 1 para CIG e 1 para CSIF.

Casa do Concello de Ourense | Foto: web Ourense

Comisións Obreiras, SPPME e USO piden retrotraer a RPT do Concello de Ourense

  • Os sindicatos consideran que o procedemento para aprobar a relación de postos de traballo ten «vicios de nulidade»
25.02.2019.

Comisións Obreiras, SPPME e USO piden reverter a RPT do Concello de Ourense ao momento previo á súa aprobación, en xaneiro do 2018. As tres organizacións consideran que o procedemento para aprobar a relación de postos de traballo ten «vicios de nulidade».

CCOO de Galicia nas mobilizacións de Madrid

O Partido Popular presenta unha emenda aos PXE que permitirá a anticipación da idade de xubilación para máis de 70 000 axentes locais

24.05.2018.

Este martes saltou a sorpresa. O Grupo Parlamentario do Partido Popular no Congreso dos Deputados acaba de presentar dúas emendas adicionais ao proxecto de Lei de orzamentos xerais do Estado polas que se regula a anticipación da idade de xubilación dos e das policías locais de España, ao tempo que se fixa a porcentaxe de sobrecotización que lles será aplicable, así como a nova taxa de reposición extraordinaria para o ano 2018.

Reunión Administración local

A executiva do Sector Estatal da Administración Local reuniuse en Galicia

20.04.2018.

A xuntanza aproveitouse para manter outras reunións que serviron para analizar a actualidade da Administación Local en Galicia. Entre eses asuntos, o II Acordo Estatal Goberno-Sindicatos, a situación da xubilación anticipada das policías locais, as eleccións sindicais e a formación.

CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Sobrado dos Monxes

08.05.2017.

O Concello de Sobrado dos Monxes celebrou por vez primeira unhas eleccións sindicais para elixir a persoa representante do persoal laboral. As votacións tiveron lugar o pasado venres, día 5, e deron como gañadora a candidatura de CCOO.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS