Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

xoves 29 de decembro de 2011

CCOO lanza a campaña en defensa dos servizos públicos de calidade en Galicia.

29-12-2011.- Para o sindicato a crise e o mellor argumento para a sua defensa, fronte aos ataques do Goberno de Núñez Feijoó e os intereses neoliberales de facer caixa con eles.

O Sindicato Nacional de CC OO de Galicia presentou este mediodía en conferencia de prensa unha o seu documento da campaña en defensa dos servizos públicos en Galicia. Na comparecencia diante dos medios de comunicación interviñeron o secretario xeral, XoséManuel Sánchez Aguión, Ramiro Otero Rodríguez (secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía e coordinador do Área Pública de CCOO de Galicia), Lola González Lorenzo (secretaria xeral da Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO de Galicia) e Machús Fernández García (secretaria xeral da Federación de Ensino de CCOO de Galicia).

Segundo Sánchez Aguión, os servizos públicos de calidade son a mellor representación dos mellares valores e avances dunha sociedade avanzada, e a sua defensa é imprescindible mais agora cando estamos a padecer os peores efectos da crise, e hai lanzada toda unha ofensiva dende distintos grupos de presión mediáticos, políticos e financieros para desprestigiar a imaxe dos servizos públicos e dos profesionals que os desenvolven, presentando aos primeiros como insostenibles e aos segundos como privilexiados

Segundo o secretario xeral de CC OO o goberno da Xunta de Galicia participa desa idea , está tomando decisións nesa linea, promoviendo así o continuo adelgazamento das administracións públicas responsables dos servizos públicos, e por ende, o seu deterioro. Polo outro, a sociedade galega debe saber e interiorizar a deterioración dos servizos públicos é unha fraude e un robo, "xa que son propiedade da ciudadanía que é quen os financia via impostos e vía cotizacions sociais", destacou.

En opinión de Sánchez Aguión, hai que incrementar los ingresos de las administracións públicas con unha  reforma fiscal progresiva, pola que paguen mais os que mais teñen, e empreñaros no mantenimiento e mellora dos servizos da atención as persoas con mais dificultades de xeito prioritario.

Por todo isto, é moi importante que a ciudadania mobilícese de maneira xeral fronte aos ataques que está a padecer en forma de deterioración dos servizos publicos, e para iso, "imos emprazar ás demais organizacións sindicais, sociais, políticas e cidadás, a coordinar esforzos e accións no seu defensa e na denuncia dos gobernos que , como o da Xunta de Galicia, están a polos en peligo de maneira interesada", sinalou o secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

Servizos públicos: piares básicos.

Pola súa parte, Ramiro Otero explicou que os servizos públicos son os piares básicos do estado do benestar, e cando se fala de servizos públicos en demasiadas ocasiones se fala de xeito despectivo dos funcionarios, e non dos empregados/as públicos/as, que traballan e desenvolven con a sua actividade os servizos imprescidibles para ese estado do benestar, como  son o ensino, a sanidade, os servizos sociais, a xustiza, a seguridade…Ningún destos servizos esta relacionado con o luxo, con privilegios, con despilfarro, xa que son servizos de acceso universal para a cidadanía. Con todo, é unha realidade o ataque continuo que padecen, reforzado agora co argumento da crise e a falsa austeridade que se queira aplicar desde quen gobernan as administracións públicas, criticou o secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía do sindicato, Ramiro Otero.

O coordinador do Área Pública de CCOO de Galicia denunciou que a aplicación da taxa de reposición 0 nas administracións públicas, tamén nas galegas, xa que así o anunciou o Presidente Núñez Feijoó, excepto nos corpos de seguridade e de emerxencias, non substituíndo as vacantes nas administracións, ten unha incidencia directa na calidade e eficacia dos servizos públicos. "Deterióranse dereitos e avances sociais que custaron moitos anos e moita loita conseguir", lembrou Ramiro Otero.

O secretario xeral da FSC-CC OO manifestou a sua preocupación pola situación que se vai a dar nas administracións locais galegas desde primeiros de ano, coa redución drástica  de empregos que todos os concellos van padecer polos recortes orzamentarios.

Redución dos investimentos e privatización encubierta na Sanidade.

A secretaria xeral da Federación de Sanidade de CCOO de Galicia, Lola González Lorenzo, destacou que os orzamentos da Consellería de Sanidade para o ano 2012 vense reducidos en 16 millóns de €, e que a maior redución a sufre a atención primaria

O capítulo de investimentos tamén está reducido en 92 millóns, co agravante da utilización da financiación privada para a construción dos novos hospitais e infraestruturas, ademais dunha privatización de servizos non sanitarios coa escusa da crise: plataforma loxística, centraliñas telefónicas, lavanderías......."coa guinda dos "globos sonda" como os anuncios de cobrar servizos de hostalería dentro dos centros" sinalou González Lorenzo.

O mesmo tempo a Consellería de Sanidade comeza a emitir ordes con medidas coercitivas para o uso da sanidade que dificultan ó acceso á sanidade a unha grande parte da poboación: requisitos para tarxeta sanitaria, multa por uso irresponsable dos servizos, retirada de axudas por desprazamento ou para tratamento en casa, ou a retirada dos 14 € de axuda á electricidade para os enfermos que teñen oxíxeno na casa, criticou a secretaria xeral da Federación de Sanidade, que explicou ademais que no que atinxe as condicións laborais, no ámbito da atención primaria, a Consellería paralizou o chamado Plan Mellora, que supoña un aumento de recursos, tanto humanos como tecnolóxicos nos centros de saúde , e unha maior capacidade de resolución da atención primaria. As prazas previstas polo Plan Mellora para os anos 2099,10,11 non se convocaron, polo que unhos 900 postos quedaron sen crear.

Segundo Lola González Álvarez "neste último ano vimos como no periodo estival se pechaban 600 camas hospitalarias públicas en toda Galicia, quen o voltaron abrir todas, mantendo eso sí, as derivacións a centros concertados, e sí aproveitouse esta circunstancia para eliminar servizos.".

Todas as partidas orzamentarias recórtanse no Ensino.

A secretaria xeral da Federación de Ensino de CCOO de Galicia, Machús Fernández García,explicou que nun momento de incremento do alumnado a inversión en educación diminúe máis dun 8%, da seguinte maneira: Formación do profesorado: - 38%., Programas de calidade: - 60%., Bolsas de estudios: - 24,62%., Formación Profesional: - 9,5%, Universidade: - 12,86%, Prevención do fracaso e abandono escolar: - 54%.

A redución de cadros de persoal nos centros educativos dificulta, cando non impide a atención individualizada ao alumnado con máis necesidades de apoio educativo. Un exemplo significativo tivo lugar no mes de decembro, xa que ao non cubrir as baixas do profesorado o alumnado non recibiu a atención adecuada en determinadas materias, lembrou Fernández García.

Segundo a secretaria xeral da Federación de Ensino de CCOO é especialmente grave o recorte nas partidas dedicadas á loita contra o fracaso e abandono escolar. Mentres o obxectivo europeo para o ano 2020 e acadar a taxa do 10%, aquí mantémonos por riba do 25%. Se ben é certo que a reducimos nos últimos tempos, non é menos certo que foi consecuencia das políticas de crecemento inversor.

Para CCOO de Galicia é importante deixar claro ante a opinión pública que as mobilizacións e campañas nas que participamos neste último ano e as que imos promover no futuro en defensa dos servizos públicos en Galicia non son exclusivamente de carácter sectorial nin laboral. Temos como principal obxectivo a defensa duns servizos públicos de calidade de todas e para todos.



CCOO lanza a campaña en defensa dos servizos públicos de calidade en Galicia.

xoves 29 de decembro de 2011

Ligazóns de interese relacionadas

Os servizos públicos en Galicia

Áreas temáticas relacionadas

Sectores - Administración autonómica - Actualidade
Actualidade - Sindical - Actualidad
Actualidade - Emprego - Actualidad
Actualidade - Formación - Actualidad
Actualidade - Mulleres e Políticas de igualdade - Actualidad
Actualidade - Saúde laboral - Actualidad
Sectores - Administración do estado - Actualidad
Sectores - Administración local - Actualidad
Sectores - Administración de xustiza - Actualidad
Sectores - Empresas públicas e ONCE - Actualidad
Sectores - Intevención social - Actualidade
Sectores - Aéreo e servizos turísticos - Actualidade
Sectores - Estradas - Actualidade
Sectores - Medios de comunicación, arte, cultura e deporte - Actualidade
Sectores - Ferroviario - Actualidade
Sectores - Mar - Actualidade
Sectores - Papel, artes gráficas e fotografía - Actualidade
Sectores - Postal - Actualidade
Sectores - Telecomunicacións - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS