Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

sábado 4 de febreiro de 2012

Hoxe foi o primeiro día dunha campaña que terá continuidade nos próximos meses

Máis de mil persoas mobilizáronse hoxe con CCOO en defensa dos servizos públicos

01.02.2012.- Máis de mil persoas mobilizáronse hoxe con CCOO en defensa dos servizos públicos. O sindicato organizou asembleas en diferentes localidades galegas ás 10 da mañá, e posteriormente concentracións ás 12:30 diante de varios edificios administrativos. O de hoxe é o primeiro día dunha campaña que terá continuidade nos próximos meses.


CCOO rexeita a política de recortes e deterioración destes servizos, xa que resulta lesiva para a cidadanía, especialmente nun contexto de crise económica. Comisións lembra que os servizos públicos son os principais instrumentos que determinan o desenvolvemento e a calidade do Estado do benestar, e que deles dependen a gratuidade, a calidade e a universalidade da educación, da sanidade e uns servizos sociais que atendan as persoas e desenvolvan a lei de dependencia.

Así mesmo, o sindicato recalca que os servizos públicos satisfán as necesidades máis básicas da cidadanía en condicións de acceso universal, non discriminatorio e cun custo accesible, amais de desempeñaren un papel vertebrador da sociedade, garantía de igualdade das persoas e factor de cohesión social.

CCOO reclama que os servizos que non foron privatizados ou cuxa xestión non se externalizou continúen a manter a titularidade pública. Tamén esixe mecanismos de regulación e control democrático dos servizos públicos xestionados pola iniciativa privada para garantir unha prestación de calidade.

Outras reivindicacións do sindicato son a reversión á titularidade da xestión pública directa nos casos en que o carácter universal do servizo público se vexa ameazado, que se garanta o acceso da cidadanía aos servizos de interese xeral, que se manteña e mellore a calidade destes —para o que cómpre un financiamento suficiente—, así como a prioridade aos investimentos na escolarización de 0 a 3 anos, na atención primaria, nos servizos sociais básicos e na atención á dependencia, xa que son os servizos máis necesarios e con maior potencialidade para xerar emprego.

Máis de mil persoas mobilizáronse hoxe con CCOO en defensa dos servizos públicos

sábado 4 de febreiro de 2012

Áreas temáticas relacionadas

Sectores - Administración autonómica - Actualidade
Actualidade - Sindical - Actualidad
Sectores - Administración do estado - Actualidad
Sectores - Administración local - Actualidad
Sectores - Administración de xustiza - Actualidad
Sectores - Empresas públicas e ONCE - Actualidad
Sectores - Intevención social - Actualidade
Sectores - Aéreo e servizos turísticos - Actualidade
Sectores - Estradas - Actualidade
Sectores - Medios de comunicación, arte, cultura e deporte - Actualidade
Sectores - Ferroviario - Actualidade
Sectores - Mar - Actualidade
Sectores - Papel, artes gráficas e fotografía - Actualidade
Sectores - Postal - Actualidade
Sectores - Telecomunicacións - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS