Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

mércores 20 de marzo de 2013

O auga é un servizo público que non debe deixarse ó antollo do mercado

Ciclo integral do auga.

Ciclo integral do auga.

CCOO manifesta o seu rexeitamento á privatización da xestión do auga e o saneamento porque son un servizo público que non debe deixarse á vontade dos mercados. Con motivo do Día Mundial do Auga que se celebra o 22 de marzo, o Sector do Auga de FSC-CCOO solicita da cidadanía que apoie coa súa sinatura a Iniciativa Cidadán Europea (ICE): "O auga é un dereito humano".


 


O Sector do Auga da Federación de Servizos á Cidadanía (FSC) de CCOO está dando un novo impulso á campaña "O auga é un dereito humano" que leva a cabo a Federación Sindical Europea de Servizos Públicos (FSESP), na que se organiza FSC-CCOO, na que se solicita á Comisión Europea que presente unha proposta lexislativa para promover e garantir o suministro de auga e o saneamento como servizos públicos esenciais para todos.

A ICE é unha nova forma de fomentar a participación da cidadanía na elaboración de políticas da Unión Europea que introduciu e puxo en marcha o Tratado de Lisboa e que consiste en poder facer propostas cidadáns co respaldo de aló menos 1.000.000 de sinaturas entre os países membros da CE no período dun ano, correspondendo ó estado español un mínimo de 50.000 sinaturas.

A ICE "O auga é un dereito humano" presentada en xaneiro do presente ano por FSESP enmarcase na Resolución 64/292, do 28 de xullo de 2010, da Asemblea Xeneral da ONU que recoñece explicitamente "o dereito humano ó auga e ó saneamento, reafirmando que un auga potable limpa e o saneamento son esenciais para a realización de todos os dereitos humanos". Foi aceptada pola Comisión Europea e, tras os trámites burocráticos, FSESP deu en agosto o pistoletazo de saída á recollida de sinaturas.

O 11 de febreiro FSESP anunciou en Bruselas que un millón de cidadáns da Unión Europea coinciden en que o auga e saneamento son dereitos humanos e así o veñen manifestado coa súa sinatura. Pero é necesario garantir un mínimo de sinaturas en diferentes países. Por iso CCOO chama a seguir recollendo sinaturas en España e con ese obxectivo editamos este novo número de Gaceta Sindical.


 

O auga é un servizo público que non debe deixarse ó antollo do mercado

mércores 20 de marzo de 2013

Ligazóns de interese relacionadas

Asina por esta campaña.

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS