Comisiones Obreras - FSC Galicia

xoves 13 de xullo de 2017

CCOO péchase na Dirección Xeral da ONCE

  • CCOO pechouse hoxe na sede da Dirección Xeral da ONCE en Madrid para expresar a súa oposición ao rumbo que está tomando a negociación do convenio colectivo de empresa, cuxa negociación encara a súa recta final esta semana

A Comisión Executiva de CCOO na ONCE pechouse ás 12 desta mañá nos locais da Dirección Xeral, no número 24 da rúa Prado, en Madrid, moi preto do Congreso dos Deputados.

CCOO péchase na Dirección Xeral da ONCE

CCOO péchase na Dirección Xeral da ONCE

~~Os representantes de CCOO instan a dirección da ONCE e o sindicato maioritario UTO-UGT a reconsideraren a actitude mantida nas sete primeiras reunións da comisión negociadora do XVI Convenio colectivo das aproximadamente 23.000 traballadoras e traballadores da ONCE, dado que non aceptaron ningunha das propostas de CCOO.
 
Todo parecía indicar que as partes negociadoras estaban de acordo en compensar dun xeito xeneroso o esforzo realizado polo persoal da ONCE nos anos de crise, aproveitando a recuperación das vendas dos últimos anos e a obtención de beneficios de explotación empresariais.
 
Pero a ONCE e o sindicato UTO-UGT, vistos os acordos alcanzados, están facendo todo o contrario. Os asuntos económicos aprobados por estas partes quedan moi lonxe incluso da proposta conxunta de CCOO e UGT no ámbito confederal, dado que nin sequera alcanzan o mínimo do abano confederal do 1,8 % ao 3 %, e lonxe das previsións de incremento do IPC para o 2017 arredor do 2 %, coa conseguinte perda de poder adquisitivo para todo o persoal da ONCE.
 
CCOO propuxo unha suba salarial equitativa que recuperase o poder adquisitivo perdido dos últimos anos e compensase o esforzo realizado polos traballadores e traballadoras no último ano e medio coa posta en marcha dun novo sistema informático que aínda segue dando problemas no traballo cotián ao persoal de oficinas e que complica e entorpece as tarefas e mesmo provoca perdas económicas aos vendedores e vendedoras.
 
Así mesmo, desde CCOO formuláronse numerosas propostas de carácter social, de garantías para o emprego das persoas cegas, en contra da canle física complementaria (venda de produtos da ONCE en gasolineiras, supermercados, etc.), de conciliación da vida laboral, familiar e persoal, sobre saúde e seguridade no traballo, contratación, etc., sen que a empresa amose a máis mínima recepción a ningunha delas, mentres o sindicato maioritario mira para outro lado, obviando os intereses lexítimos dos traballadores e traballadoras.
 

CCOO péchase na Dirección Xeral da ONCE

xoves 13 de xullo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS