Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

venres 24 de febreiro de 2012

Milleiros de traballadores e traballadoras do sector público galego manifestáronse onte en toda Galicia contra os recortes de Feijoo

24.02.2012.-As organizacións convocantes estiman que mais de 40.000 persoas sairon a rúa para pedir un cambio na política de recortes da Xunta de Galicia

Cabeceira da manifestación de Santiago

Cabeceira da manifestación de Santiago


CCOO quere, en primeiro lugar, destacar e agradecer a participación dos empregados e empregadas públicos de Galicia, nas manifestacións convocadas onte polas catro organizacións sindicais con representación no ámbito (CCOO, CIG, UGT e CSIF), contra a política de recortes da Xunta de Galicia, que supoñen un deterioro das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do ámbito e, paralelamente, dos servizos públicos que prestan ao conxunto da cidadanía.

CCOO insiste en que outra política de aforro é posible e que hai partidas das que se poden recortar sen facer recaer, unha vez mais, o peso dos recortes nos empregados e empregadas do sector público. Por esto, o sindicato insta á Xunta de Galicia a que escoite o clamor popula e retire o anteproxecto de Lei de medidas no emprego público de Galicia e abra unha mesa de negociación para estudar e pactar outras medidas de aforro que repartan o esforzo entre todos, para evitar que sexa a clase traballadora a que cargue sempre cos axustes, que o único que consiguen é precarizar os dereitos laborais e deteriorar os servizos públicos.

CCOO chama aos traballadores e traballadoras, xunto co resto de organizacións convocantes, a facer un novo esforzo para parar este anteproxecto de lei, e convoca unha nova mobilización, consistente nunha concentración diante do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela, o vindeiro martes 28 de marzo, a partires das 10:00 horas.

Todos e todas os que poidan participar nesta concentración, deberánse poñer en contacto cos delegados e delegadas de CCOO ou na sede do sindicato que lle corresponda, onde se lles informará mais dos actos previstos e xeito de desprazamento a esta concentración.

COA UNIÓN DE TODOS E TODAS É POSIBLE.

O 28 de febreiro acude á concentración díante do Parlamento de Galicia.

NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

NON AO RECORTE DOS NOSOS DEREITOS



Milleiros de traballadores e traballadoras do sector público galego manifestáronse onte en toda Galicia contra os recortes de Feijoo

venres 24 de febreiro de 2012

Áreas temáticas relacionadas

Sectores - Administración autonómica - Actualidade
Actualidade - Sindical - Actualidad
Sectores - Administración local - Actualidad
Sectores - Administración de xustiza - Actualidad
Sectores - Intevención social - Actualidade
Sectores - Medios de comunicación, arte, cultura e deporte - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS