Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

martes 28 de febreiro de 2012

A Lei de Medidas foi aprobada está mañá polo Parlamento, cos votos a favor do PP

Miles de empregados do sector público de Galicia protestan ante o Parlamento contra a Lei de Medidas no emprego público de Galicia

28-02-2012.- 20 sindicalistas foron desaloxados do hemiciclo ao amosar pancartas contra esta lei e son identificados ao sair.

Miles de empregados do sector público de Galicia protestaron esta mañá ante o Parlamento galego contra os recortes que o goberno de Núñez Feijoo quere impoñer aos traballadores e traballadoras deste ámbito.

Esta concentración veu precedida de diversos peches de delegados e delegadas sindicais nos edificios administrativos da Xunta de Galicia, realizados no día de onte.

A protesta desta mañá coincidiu coa aprobación no Parlamento de Galicia, cos votos do partido popular (PP) e o rexeitamento da oposición (PSOE e BNG), da Lei de Medidas para o emprego público de Galicia.

Os traballadores e traballadoras concentráronse dende as 10 horas da mañá, inicio do pleno, ante un numeroso grupo de policías que custodiaron en todo momento a entrada do Parlamento.  Ao redor das 11 horas, unha veintena de delegados e delegadas sindicais foron desaloxados do Parlamento ao desplegaren pancartas contra a lei de axustes dentro do hemiciclo. Ao sairen foron identificados pola Policía Nacional quen impediu que se poideran achegar os xornalistas. Estes compañeiros e compañeiras foron recibidos con vítores polos traballadores concentrados na entrada do Pazo do Hórreo. Ramiro Otero, Coordinador do Área Pública de CCOO, censurou este "novo ataque do PP contra os empregados públicos", ante o que continuarán a mobilización das centrais sindicais. Esta mesma tarde as centrais sindicais convocantes (CCOO, CIG, UGT e CSIF), teñen previsto xuntarse para estudar as medidas a adoptar ante a situación que se abre agora e non descartan adoptar ningún tipo de mobilización para conseguir unha rectificación da Xunta, nas súas políticas de aforro que fai recaer nos hombreiros dos traballadores e traballadoras do sector público o peso dos axustes.

Miles de empregados do sector público de Galicia protestan ante o Parlamento contra a Lei de Medidas no emprego público de Galicia

martes 28 de febreiro de 2012

Áreas temáticas relacionadas

Sectores - Administración autonómica - Actualidade
Actualidade - Sindical - Actualidad
Sectores - Administración local - Actualidad
Sectores - Administración de xustiza - Actualidad
Sectores - Intevención social - Actualidade
Sectores - Medios de comunicación, arte, cultura e deporte - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS