Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

xoves 1 de marzo de 2012

Os traballadores e traballadoras do sector público de Galicia, non se resignan e continúan as mobilizacións contra a Lei de medidas no emprego público de Galicia

01.03.2012.- Hoxe, xoves 1 de marzo, CCOO, CIG, UGT, CSIF, SAE, SATSE e USO convocaron concentracións diante dos Edificios Administrativos da Xunta de Galicia

Concentración diante do edificio administrativo da Xunta en Ourense

Concentración diante do edificio administrativo da Xunta en Ourense

A pesares de que a Lei de medidas no emprego público de Galicia, foi aprobada onte no Parlamento, cos votos a favor do PP e coa oposición de PSdeG-PSOE e BNG, os traballadores e traballadoras do sector público de Galicia, non se resignan, e convocados por CCOO, CIG, UGT, CSIF, SAE, SATSE e USO, levaron a cabo actos de protesta en todo o territorio da nosa comunidade autónoma.

As organizacións sindicais convocantes consideran a Lei aprobada polo Parlamento de Galicia  un ataque aos dereitos laborais dos empregados e empregadas públicos e que conleva aparellado un deterioro importante dos servizos públicos que presta a Administración Autonómica.

Os sindicatos insisten en que están dispostos a sentarse coa Xunta de Galicia para estudar medidas que permitar axustar o gasto da administración autonómica, sen que paguen sempre os mesmos. Afirman que xa se presentaron alternativas que non foron escoitadas, nin valoradas pola Administración e critican unha vez mais que as medidas que contempla esta Lei, non foron cuantificadas polo goberno galego, a pesares dos requerimentos realizados polas organizacións sindicais.

A imposición destas medidas de recorte, que quedaron en evidencia na votación de onte no Parlamento de Galicia (só obtiveron o voto a favor do PP) están obtendo unha ampla contestación social e política, polo que as organizacións sindicais solicítanlle ao Goberno do Sr. Feijoo, que recapacite, rectifique e busque o consenso político e sindical e non castigue mais aos empregados e empregadas públicos, nin precarice os servizos públicos que préstanse á cidanía, que será quen acabará pagando os pratos rotos desta política de recortes.

Para rematar, as organización sindicais non descartan ningún tipo de mobilización, incluíndo á folga, si o Sr. Núñez Feijoo non rectifica, anunciando xa manifestacións/concentracións para o vindeiro martes 6 de marzo nos centros hospitalarios, edificios administrativos e xuzgados.

Os traballadores e traballadoras do sector público de Galicia, non se resignan e continúan as mobilizacións contra a Lei de medidas no emprego público de Galicia

xoves 1 de marzo de 2012

Áreas temáticas relacionadas

Sectores - Administración autonómica - Actualidade
Actualidade - Sindical - Actualidad
Sectores - Administración local - Actualidad
Sectores - Administración de xustiza - Actualidad
Sectores - Intevención social - Actualidade
Sectores - Medios de comunicación, arte, cultura e deporte - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS