Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas

venres 31 de maio de 2013

"A dirección da ONCE en GALICIA propón sancións por faltas calificadas como MOY GRAVES ós vendedores e vendedoras non rendibles, especialmente a cegos e discapacitados con problemas de mobilidade e pouco agresivos na venta, actuacións que contradín a labor social que din defender.

Os Directivos da ONCE, están chegando a cotas de presión e/ou opresión ás súas vendedoras e vendedores, inimaxinables ata o momento, ó tempo que se enorgullecen, de ter unha organización única, e un modelo de referencia a nivel mundial.

ONCE

ONCE

En base a uns mínimos de venda esixibles nos últimos Convenios Colectivos da Entidade, co beneplácito do seu sindicato UGT-UTO, deron o pistoletazo de saída a unha "caza” dos vendedores e vendedoras que consideran "non rendibles”, sendo dramático que nunha gran parte dos casos sexan cegos totais ou persoas con mobilidade reducida, que teñen serias dificultades para desenvolverse no actual contexto de: "vende como podas, pero vende”, sen ter en conta outra situación nin persoal nin de ubicación xeográfica e ambiental, así como a actual situación de crise económica.

A situación é máis grave si se ten en conta que a porcentaxe de "non rendibles” é aproximadamente do 20%, sen embargo tan so algúns son expedentados, e curiosamente a maior parte son afiliados ou afiliadas a CC.OO. e/ou candidatos nas últimas Eleccións Sindicais, que grazas á agresividade do sindicato maioritario da ONCE e a que os Directivos se adicaron durante a campaña electoral case exclusivamente a desmoralizar e desacreditar a CC.OO., o seu Sindicato amigo aumentou en representatividade e CC.OO. baixou.

É de todo punto inxusto e desproporcionado pretender sancionar a traballadores e traballadoras con discapacidade, máxime cando é a empresa a que ten potestade para modificar calquera elemento que inflúa na súa produtividade - aparte do público que é quen decide si compra ou non o produto da ONCE - posto que, a asignación do punto de venda e a súa área de influencia, o horario de traballo ou o tipo de xornada tamén é imposta pola dirección, obviando a conciliación da vida laboral e familiar, como casos de vendedores e vendedoras con fillos ó seu cargo, que non poden coincidir cos días de descanso destes. Cada vez son máis os vendedores e vendedoras que se ven obrigados a renunciar ós seus días de descanso,  pois a dirección da ONCE, a través dos seus Xestores Comerciais, lles "invitan” a seguir vendendo estes días, para aumentar as súas ventas, baixo a ameaza de non renovar o contrato de traballo.

Non é aceptable que nunha entidade social e sen ánimo de lucro, se esgrima o argumento da "rendibilidade” para xustificar sancións arbitrarias a persoas con discapacidade.

Os vendedores e vendedoras da ONCE son rendibles xa que son a base fundamental do sustento da entidade, os vendedores e vendedoras son quenes manteñen a miles de familias coa venda dos produtos ONCE, por certo que os salarios millonarios e absolutamente opacos dos Directivos da ONCE tamén se sosteñen grazas a todos e todas aqueles vendedores e vendedoras que cada día saen á rúa a gañalo pan.

Desde CCOO creemos que a ONCE debe recuperar  a súa razón de ser fundamental, a de xerar emprego e mellores condicións de vida para os seus afiliados e afiliadas e demais colectivos de persoas con discapacidade. Debe ademais retomar o sentimento solidario cos máis desfavorecidos, que foron o motor da organización ata non fai moito, o que nos  permitiu que hoxe poidamos cumprir 75 anos de vida.

"A dirección da ONCE en GALICIA propón sancións por faltas calificadas como MOY GRAVES ós vendedores e vendedoras non rendibles, especialmente a cegos e discapacitados con problemas de mobilidade e pouco agresivos na venta, actuacións que contradín a labor social que din defender.

venres 31 de maio de 2013

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS