Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
Mobilizacións en Vitrasa

Un ano despois,continúan as mobilizacións en Vitrasa

  • O 17 de outubro, o Comité de empresa concentrouse diante das instalación da empresa Vitrasa
18.10.2019.

O Comité de empresa concent rouse diante das instalación da empresa Vitrasa en Vigo reivindicando a maioria das deficiencias denunciadas e non resoltas: horarios de traballo e descanso ó longo da xornada, rexistro horario, contratacións, seguridade e hixiene laboral, uniformidade, Plan de Igualdade… e otros temas que teñen que ter una solución XA

Vitrasa é a empresa concesionaria do servizo público de autobús de Vigo

CCOO volve gañar as eleccións sindicais en Vitrasa

  • O persoal referenda a acción sindical de CCOO, que o pasado outono foi clave para desbloquear o conflito no transporte urbano de Vigo
02.05.2019.

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO volveu gañar as eleccións sindicais en Vitrasa, empresa concesionaria do transporte urbano de Vigo. A candidatura de Comisións conseguiu 114 votos (36,42 %) e cinco dos trece delegados que se elixían. A maior distancia quedaron a CIG (84 votos, catro delegados), USO (60 votos, dous delegados) e UGT (50 votos, 2 delegados).

Na fotografía, unha das protestas deste longo conflito

O 80% do persoal das ambulancias ratifica o acordo que suspende a folga

  • Segundo o comité de folga, o acordo económico asinado supón unha suba do 22 % durante o período de vixencia do convenio, contando as subas anuais, a terceira paga extra e o cobramento de todos os conceptos durante as vacacións
21.03.2019.

O 80 % do persoal das ambulancias ratificou en asemblea o pacto que permitiu a suspensión da folga no sector. Segundo o comité de folga, o acordo económico asinado supón unha suba do 22 % durante o período de vixencia do convenio, contando as subas anuais, a terceira paga extra e o cobramento de todos os conceptos durante as vacacións.

A folga será indefinida a partir do 28 de marzo

Segundo tramo da folga das ambulancias, con manifestación o 20 de febreiro

19.02.2019.

Esta semana ten lugar o segundo tramo da folga das ambulancias, que alcanzará o punto culminante mañá mércores, día 20 de febreiro, cunha manifestación en Santiago de Compostela. A marcha partirá ás 11:30 da praza Roxa.

Vitrasa_e_a_empresa_concesionaria_do_servizo_publico_de_autobus_de_Vigo

CCOO e UGT asinan un preacordo coa Dirección de Vitrasa.

  • Mañá martes someterase a votación o seu ratificación
08.10.2018.

Trala reunión celebrada coa Dirección de Vitrasa o día 5 de outubro, alcánzase un preacordo que será sometido a votación por parte dos traballadores e traballadoras mediante voto en urna nas instalacións da empresa. a votación realizarase o vindeiro martes 9 de outubro desde as 5 da madrugada ata as 12 da noite

Vitrasa é a empresa concesionaria do servizo público de autobús de Vigo

CCOO denuncia contratacións fraudulentas en Vitrasa

  • Vitrasa contrata e despide reiteradamente a distinto persoal para ocupar os mesmos postos de traballo
14.09.2018.

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria dos autobuses urbanos de Vigo, onde CCOO é maioria, denuncia ante Inspección de Traballo por contratación fraudulenta de traballadores, así como por non respectar os tempos de percorrido e descanso e carecer de aseos para o persoal.

CCOO apoiou unha vez máis o persoal de Transportes Souto

O persoal de Transportes Souto continúa mobilizándose

18.04.2018.

Comisións Obreiras volveu acompañar o persoal de Transportes Martínez Souto, que esixe unha solución á súa situación. CCOO pide a implicación de PSA Vigo, principal clienta da empresa loxística.

asemblea Vigo

CCOO iniciou o sábado en Vigo asembleas nos centros de traballo da empresa Martínez Souto

19.02.2018.

CCOO celebrou o pasado sábado a primeira asemblea en Vigo das que ten programadas en Galicia co persoal da empresa Martínez Souto S. L., cando xa se fixo patente, esta semana, a mala fe empresarial e a máis ca probable entrada en concurso de acredores da empresa que leva a loxística en Citroën.

Vitrasa incumpre os acordos

VITRASA incumpre cos compromisos acordados

  • O Comité de Empresa, fai un ano, fixo varias reivindicacións: réxime de traballo e descansos na xornada, horas extra, eventualidade, recadación, plan de igualdade, uniformidade, subrogación,
23.09.2019.

A día de hoxe, as principais reivindicacións seguen sen resposta e a isto engádese a problemática xurdida durante estes meses e que vemos que Vitrasa non ten intención de solucionar.

Na fotografía, unha das protestas deste longo conflito

Asinado o cuarto convenio de ambulancias

05.04.2019.

O xoves á tarde asinouse o cuarto convenio colectivo do sector das ambulancias, que previamente recibiu o acordo case unánime do persoal do sector nas asembleas convocadas para o efecto.

Na fotografía, unha das protestas deste longo conflito

Acordo previo para suspender a folga do sector das ambulancias

  • O persoal decidirá este mércores en asemblea se dá o visto e prace ao documento
20.03.2019.

Na madrugada do luns, e coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, chegouse a un acordo previo entre patronal e sindicatos para desconvocar a folga no sector das ambulancias. O documento recolle a parte económica que a comisión negociadora coidou necesario someter á consideración das asembleas para, logo, continuar negociando o resto do texto do convenio.

Ratificado o preacordo en Vitrasa

Ratificado o preacordo de CCOO e UGT en Vitrasa

10.10.2018.

A asemblea de traballadores e traballadoras de Vitrasa, concesionaria do servizo de autobuses urbanos do Concello Vigo, decidiu este martes ratificar con case o 60% dos votos emitidos o preacordo negociado por CCOO e UGT coa empresa para resolver as anomalías reivindicadas polos traballadores e traballadoras en mobilizacións covocadas polo Comité de Empresa

O persoal de Vitrasa intensificará as mobilizacións nos próximos días

O persoal de Vitrasa inicia mobilizacións para esixir o cumprimento do convenio e mellores condicións de traballo

  • Denuncian o uso de persoal eventual para cubrir postos fixos, a realización de xornadas abusivas, problemas de seguridade laboral e a falta dun novo plan de igualdade
20.09.2018.

O comité da empresa concesionaria do servizo de autobuses urbanos de Vigo, Vitrasa, comezou hoxe mobilizacións para esixir a mellora das condicións de traballo e o cumprimento do convenio colectivo. Desde CCOO denuncian que Vitrasa utiliza persoal eventual en rotación para cubrir postos fixos. Deste xeito, evita recoñecer a antigüidade e asegura a «disposición absoluta» destes traballadores e traballadoras. Esta fórmula, segundo o sindicato, incumpre o convenio colectivo. A organización pon como exemplo o caso recente dun traballador de cuxos servizos prescindiu a empresa após seis anos encadeando contratos.

Concentración do persoal de Transportes Souto o pasado mércores, día 23

Transportes Souto quere obrigar os traballadores a adiantaren gastos para a negociación do ERE

  • CCOO denuncia que se lles esixa aos traballadores, que levan catro meses sen cobrar, que adianten o custo da viaxe e estancia dunhas negociacións que terán lugar en Madrid
24.05.2018.

CCOO informa da constitución da mesa negociadora do expediente de regulación de emprego (ERE) de Transportes Martínez Souto. Con todo, o sindicato denuncia que se lle esixa á parte social o adianto do custo da viaxe e estancia en Madrid, onde terán lugar as negociacións.

CCOO congratúlase pola municipalización do servizo

CCOO congratúlase pola municipalización dos servizos da ORA e o guindastre en Santiago de Compostela

  • O sindicato valora a «altura política» de CA e BNG, que permitirá unha xestión directa con garantías sociais, pero critica a «demagoxia interesada» do PSOE
16.03.2018.

O sector de Estradas e Loxística da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia congratúlase pola municipalización dos servizos da ORA e o guindastre en Santiago de Compostela. O sindicato valora a «altura política» dos grupos municipais de CA e BNG, que permitirá unha xestión directa con garantías sociais, pero critica a «demagoxia interesada» do PSOE, que rexeitou apoiar a iniciativa.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS